Among the Living
Among the Living | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Anthrax | ||||
Publicado | 16 de marzo de 1987 | |||
Gravación | outubro - decembro de 1986 | |||
Estudio(s) | Quadradial, Miami, Florida Compass Point, Nassau, Bahamas | |||
Duración | 50:23 | |||
Xénero(s) | thrash metal | |||
Selo(s) | Megaforce Records, Island Records | |||
Produtor | Anthrax, Eddie Kramer | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Among the Living é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de heavy metal Anthrax, publicado o 16 de marzo de 1987 a través do selo Megaforce Records nos Estados Unidos e de Island Records no resto do mundo. O álbum está dedicado a Cliff Burton de Metallica, que morreu nun accidente de autobús seis meses antes do seu lanzamento cando Metallica estaba de xira con Anthrax como abreconcertos.
O veterano enxeñeiro Eddie Kramer, na súa primeira aventura cun grupo de thrash metal, coproduciu o álbum. A gravación transcorreu sen problemas, pero as diferentes visións sobre o son do lanzamento final crearon desacordos entre Anthrax e o produtor durante a mestura do disco.
Os membros de Anthrax describiron o álbum como o seu gran descubrimento, xa que marcou a progresión da banda tocando en pequenos clubs a tocar en grandes estadios. O álbum foi aclamado pola crítica e promoveu a banda entre os "Big Four" do thrash metal. Among the Living foi certificado ouro pola RIAA o 31 de xullo de 1990, endo o segundo disco da banda en conseguir este fito.[1]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por Anthrax, agás "I Am the Law" e "Imitation of Life" por Anthrax e Danny Lilker.
Cara 1 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "Among the Living" | 5:16 | |||||||
2. | "Caught in a Mosh" | 4:59 | |||||||
3. | "I Am the Law" | 5:57 | |||||||
4. | "Efilnikufesin (N.F.L.)" | 4:54 | |||||||
5. | "A Skeleton in the Closet" | 5:32 |
Cara 2 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
6. | "Indians" | 5:40 | |||||||
7. | "One World" | 5:56 | |||||||
8. | "A.D.I./Horror of It All" | 7:49 | |||||||
9. | "Imitation of Life" | 4:10 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Gold & Platinum". RIAA (en inglés). Consultado o 2024-08-28.