Amento
En botánica, amento, chamado popularmente candea[1], é unha inflorescencia tipo acio, xeralmente pénsil, característica de certas árbores, especialmente na subclase Hamamelidae, as familias Salicaceae e Fagaceae. Tamén recibe os nomes comúns de gatiño e flor da trama.
O amento consiste nunha espiga articulada polo seu baseamento e composta de flores dun mesmo sexo, pois hai amentos masculinos, máis alongados, e amentos femininos. As flores son simples, sen pétalos nin sépalos, as masculinas fican reducidas aos estames e as femininas ao estigma.
As candeas aparecen na primavera, xeralmente antes que as follas agroman.
Nesta clase de plantas, a polinización é anemófila, isto quere dicir que o transporte do pole, moi abundante, é realizado polo vento.
O pole dalgunhas árbores pode ser, para a especie humana, unha fonte de alerxias.
En Galiza algunhas árbores con candeas son:
- Todos os carballos.
- Os salgueiros.
- O amieiro.
- O castiñeiro.
Etnoloxía
[editar | editar a fonte]- Cando n'o castiñeiro vires candèa, lèva ò carneiro a ovella.
- Candea aberta, seitura certa (Cando o amento do castiñeiro xa está desenvolvido, a sega vén axiña).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Especialmente recibe este nome a flor do castiñeiro, porén designaría por extensión calquera inflorescencia tipo amento. O nome candea viría da semellanza coas candeas da luz. http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=candea&tipo_busca=lema