Alex Kidd
Aparencia
Alex Kidd foi o personaxe mascota da compañía de videoxogos Sega antes de que o fora Sonic o ourizo.
Saíron xogos seus para máquina recreativa, Sega Pico, Sega Master System e Sega Mega Drive/Sega Genesis.
O seu primeiro xogo, Alex Kidd in Miracle World, foi lanzado en 1986. Moitos fans da Master System considérano un auténtico clásico da época dos 8-bit.
Xogos
[editar | editar a fonte]- Alex Kidd in Miracle World, 1986 (Sega Master System).
- Alex Kidd: The Lost Stars, 1986 (recreativa) e 1988 (Sega Master System).
- Alex Kidd BMX Trial, 1987 (Sega Master System).
- Alex Kidd in High-Tech World, 1989 (Sega Master System). Este xogo é a versión para occidente do xogo xaponés Anmitsu Hime, con gráficos alterados e textos en inglés. Inda así, o argumento non é o mesmo.
- Alex Kidd in the Enchanted Castle, 1989 (Sega Mega Drive/Sega Genesis).
- Alex Kidd in Shinobi World, 1990 (Sega Master System).
A partir de 1991, Sega cambiou de mascota a favor de Sonic, buscando un personaxe que conseguise unha maior popularidade, co obxectivo de aumentar as vendas da súa nova consola.