Saltar ao contido

Alejandro Pérez Lugín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlejandro Pérez Lugín

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1870 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de setembro de 1926 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Acea de Ama, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalDereito
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, guionista, director de cinema, xornalista, correspondente de guerra Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeElvira Consuelo Sanz y Gómez Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Diccionario enciclopédico galego universal Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0701955 Galiciana: 57969 BNE: XX1016098 Tebeosfera: perez_lugin_alejandro Editar o valor en Wikidata

Alejandro Pérez Lugín, nado en Madrid o 22 de febreiro de 1870 e finado en Acea de Ama (O Burgo, Culleredo) o 5 de setembro de 1926, foi un xornalista, escritor e cineasta español.[1] En Madrid destacou como crítico taurino baixo o pseudónimo de Don Pío. A súa produción novelística localízase en dous ámbitos preferentes: Galicia e Andalucía. As súas obras máis coñecidas son as novelas La casa de la Troya e Currito de la Cruz. Estaba emparentado con Rosalía de Castro, xa que a súa avoa era irmá da nai de Rosalía.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu nome completo era Alejandro María de las Mercedes Pedro Pérez García Lugín. Foi fillo de Antonio Pérez Serrano, natural de Cabra (Provincia de Córdoba), e de Maña Josefa del Carmen García Lugín y Castro, natural de Santiago de Compostela.[2] Dende 1883, a familia viviu en Santiago, onde os pais instalaron unha camisería, e a cuxa universidade asistiu para facer a carreira de Dereito. En 1888, tendo Alejandro dezaoito anos de idade, morreulle a nai. Durante a súa etapa universitaria comezou a colaborar en diversos diarios da cidade como El Pensamiento Gallego. Licenciouse en 1891.

Pérez Lugín co rei Afonso XIII.[3]

En 1893 regresou a Madrid, onde comezou a traballar para a Dirección Xeral dos Rexistros e o Notariado, en varios ministerios, e como representante dunha empresa de explosivos, que lle obrigou a percorrer España. Nunha destas viaxes, durante unha estancia en Valencia, coñeceu casualmente a Elvira Consuelo Sanz y Gómez, coa que contraeu matrimonio.

É coñecido sobre todo polos seus artigos xornalísticos sobre o mundo taurino e pola súa novela Currito de la Cruz (1921) que tamén reflicte os seus coñecementos sobre o mundo da tauromaquia e foi moi popular nos anos seguintes á súa publicación. A novela foi levada ó cine en catro ocasións (1926, 1936, 1949 e 1965), a primeira destas dirixida polo mesmo Pérez Lugín e a segunda por Fernando Delgado de Lara.

Outra das súas novelas máis coñecidas é La casa de la Troya, con numerosísimas reedicións,[4] na cal recrea a vida dos estudantes da Universidade de Santiago de Compostela, levada tamén ó teatro, ó cine en cinco ocasións (1925, 1930, 1936, 1948 e 1959)[5] e á televisión (en 1960 e 1965). Traducida ao galego por Mercedes Pacheco Vázquez e publicada por Auga Editora en 2020.[6]

Lugín no seu escritorio.

Escribiu como articulista, crítico taurino, teatral e musical para moitos diarios: El Compostelano, Por Esos Mundos, Nuevo Mundo, Arte Taurino, El Correo, El Globo, Diario Universal, El Mundo, España Nueva, La Mañana, El Liberal, Heraldo de Madrid, La Libertad, Hoy, El Eco de Santiago e La Voz de Galicia. Foi especialmente coñecido polo seu traballo para La Tribuna e enviado especial á Guerra de Marrocos por El Debate.[7]

Dúas obras súas foron publicadas tras a súa morte: Arminda Moscoso, novela que se sitúa en Galicia e foi ordenada e ampliada polo xurista Alfredo García Ramos e publicada en Madrid en 1928.[8] Lugín deixou tamén sen rematar La virgen del Rocio ya entró en Triana, que foi continuada por Manuel Siurot, baixo o pseudónimo de José Andrés Vázquez, e publicada en 1929.[9]

Foi declarado fillo adoptivo de Santiago de Compostela[10] e de Sevilla. Está soterrado no Cemiterio de Santo Amaro da Coruña, baixo unha escultura feita por Bonome. Deixou un pequeno legado para que a Asociación da Prensa da Coruña creara un premio de xornalismo que debía concederse anualmente.[11] A cidade da Coruña dedicoulle o nome dunha rúa.

Adaptación teatral de La casa de la Troya e Currito de la Cruz.[12]
  • El torero artista. Rafael Gómez (“Gallito”) (Apuntes para la historia), Madrid, Biblioteca Renacimiento (1911).
  • De Titta Ruffo a la Fons, pasando por Machaquito. Notas de un repórter, Madrid, Librería de los Sucesores de Hernando (1912).
  • ¡¡¡Ki ki ri kí!!! Los “gallos”, sus rivales y “su” prensa, Madrid, Librería de la Viuda de Pueyo (1914).
  • La casa de la Troya. Estudiantina, Madrid, Librería de la Viuda de Pueyo (1915).[a]
  • La Amiga del Rey. Las Tiples. Romanones. La Vicaría... (Notas de un repórter), Madrid, Librería de la Viuda de Pueyo (1917).
  • Currito de la Cruz. Madrid, Librería de los Sucesores de Hernando, 2 tomos (1921).[b]
  • La corredoira y la rúa, Madrid, Alejandro Pueyo (1922).
Póstumas
  • Arminda Moscoso, Madrid, Librería y Casa Editorial Hernando (1928).[c]
  • La virgen del Rocio ya entró en Triana, Madrid, Pueyo (1929).[d]
  • Obras completas, Madrid, Fax (1945). Con prólogo de Alejandro Barreiro Noya.[e]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Incluída en 1991 na Biblioteca 114 (volumes 9 e 10). Traducida ao galego en 2020.
  2. Publicado tamén en El Debate, do 26 de xuño de 1921 ao 4 de decembro de 1921.
  3. Novela incompleta, ordenada e ampliada polo xurista Alfredo García Ramos.
  4. Quedou sen rematar e foi continuada por Manuel Siurot, baixo o pseudónimo de José Andrés Vázquez.
  5. Hai outra edición das obras completas, tamén en Madrid, Fax, de 1953.
Referencias
  1. Biografía na páxina web do concello de Culleredo
  2. Labrador 1999.
  3. Rodriguez Garcia, Manuel (24/04/2020). "Leamos los libros de los vecinos". La Voz de Galicia (en castelán). 
  4. Edicións de La casa de la Troya na Biblioteca Nacional de España.
  5. "‘La Casa de la Troya’ e o cinema" Compostela Filmada. Concello de Santiago de Compostela.
  6. A Casa da Troia (2020). Colección Fervenza. Auga Editora. ISBN 978-84-121795-0-7.
  7. Labrador Ben, Julia María "Alejandro Pérez Lugín" Diccionario Biográfico Electrónico. Real Academia de la Historia (en castelán).
  8. "Arminda Moscoso : obra póstuma 1928". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2021. Consultado o 03 de outubro de 2021. 
  9. La Virgen del Rocío ya entró en Triana : novela póstuma 1929
  10. Barrera, F., ed. (novembro de 2004). Hijos predilectos y adoptivos de Galicia (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-137-1. 
  11. "Premio Pérez Lugín". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2021. Consultado o 23 de setembro de 2021. 
  12. Biblioteca Digital Hispánica Biblioteca Nacional de España.
  13. La Casa de la Troya : estudiantina 65 ed. en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]