Alberto Ramos
Aparencia
Alberto Ramos nunha entrevista no 2014. | |
Nome orixinal | Alberto Manuel Ramos Ríos |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 20 de febreiro de 1986 Santiago de Compostela |
Educación | Universidade de Santiago |
Actividade | |
Campo de traballo | Xornalismo e belas letras |
Lugar de traballo | Galicia |
Ocupación | xornalista, escritor |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Alberto Manuel Ramos Ríos, nado en Santiago de Compostela o 20 de febreiro de 1986, é un xornalista, narrador e dramaturgo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela.[1] Exerceu a súa profesión en Xornal de Galicia até o 2011, colaborando despois con medios como Luzes, Praza Pública e Sermos Galiza e traballando como freelance.[2] Na Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) é o encargado de comunicación dos Premios María Casares.[3] No ano 2023 viuse envolto nunha polémica nas redes sociais con Francisco Castro Veloso[4] logo da publicación dunha entrevista de Montse Dopico en Praza.gal sobre a súa novela Os corpos dos Romanov.[5]
Obra
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- Dor pantasma (2006). A Coruña: Biblos Clube de Lectores.[6] Foi traducida o castelán.[7] 176 páxs. ISBN 978-84-935062-5-4.
- Con acuse de recibo (2010). A Coruña: Biblos Clube.[8] 112 páxs. ISBN 9788493732394.
- Todos os días (2013). Sotelo Blanco. 270 páxs. ISBN 978-84-7824-630-4.[9]
- Máscaras rotas para Sebastian Nell (2014). Vigo: Galaxia.[10][11] 404 páxs. ISBN 978-98-9865-569-8.
- A simetría das bestas (2018). Santiago: Urco.[12] 174 páxs. ISBN 978-8494875519.
- Os corpos dos Romanov (2022). Vigo: Galaxia. 164 páxs. ISBN 978-84-9151-953-9.[13]
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Carvalho Calero fronte ao espello da memoria (2020). Auga. 48 páxs. ISBN 978-84-129597-4-8.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Sete de Biblos (2012) Biblos Clube.
Premios
[editar | editar a fonte]- II edición do premio Biblos-Pazos de Galicia no 2006, por Dor pantasma.
- Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia, no 2009, por Acuse de recibo.
- Premio Vicente Risco de Creación Literaria no 2012, por Todos os días.
- Premio García Barros no 2014, por Máscaras rotas para Sebastian Nell.[14]
- Premio Vicente Risco de Creación Literaria no 2017, por A simetría das bestas.[15]
- XVI edición do Premio Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega no 2022, por Os Corpos dos Romanov .[16]
- XXI Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais da Deputación da Coruña en 2023, por Conxo, non restraint, que xira arredor da violencia psiquiátrica no Hospital de Conxo.[17]
- XIX Premio Abrente de Textos Teatrais en 2024 por Os servizos prestados.[18]
- XVIII Edición do Premio Narrativa Breve Repsol en lingua galega no 2024 por Pirotecnia.[19]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Alberto Ramos". www.aelg.gal. Consultado o 2020-07-20.
- ↑ "Alberto Ramos". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-20.
- ↑ "Alberto Ramos, responsable de comunicación en A Forma das Cousas". aformadascousas. Consultado o 2022-09-29.
- ↑ Xurxo Salgado (17 de setembro de 2023). "Entre "merdiñas" e "calzóns cagaos"... cando a literatura galega cae no esterco das redes sociais (Parte I)". Galicia Confidencial.
- ↑ Montse Dopico (8 de setembro de 2023). ""Hai libros oportunos e libros oportunistas que ocupan espazos que non lles corresponden"". Praza.gal.
- ↑ "Alberto Ramos narra unha desaparición en «Dor pantasma», premio Biblos". La Voz de Galicia. 2006-12-26. Consultado o 2020-07-20.
- ↑ "Dolor fantasma". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-10.
- ↑ "Alberto Ramos presenta «Con acuse de recibo», novela ganadora del premio por entregas de La Voz". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-05-19. Consultado o 2020-07-20.
- ↑ Nicolás, Ramón (2013-07-07). "Todos os días, de Alberto Ramos". Caderno da crítica. Consultado o 2022-09-29.
- ↑ "Máscaras rotas para Sebastian Nell". Editorial Galaxia. Consultado o 2020-07-20.
- ↑ 20minutos (2014-12-12). "Alberto Ramos "usurpa" técnicas periodísticas para "envolver" la narración en 'Máscaras rotas para Sebastian Nell'". www.20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 2020-07-20.
- ↑ Lecturafilia (2018-08-28). "A simetría das bestas". Lecturafilia. Consultado o 2020-07-20.
- ↑ Leis García, Lidia (xaneiro, febreiro, marzo, 2023). "Un azar escrito". Grial LXI (237): 91–92. ISSN 0017-4181.
- ↑ "ENTREGA DO PREMIO GARCÍA BARROS E CEA LITERARIA". Editorial Galaxia. 2015-01-13. Consultado o 2020-07-20.
- ↑ "'A simetría das bestas', del escritor y periodista compostelano Alberto Ramos, gana el Premio Risco". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2020-07-20.
- ↑ "Editorial Galaxia Alberto Ramos gaña a XVI edición do Premio de Narrativa Breve Repsol". Editorial Galaxia. 2022-09-29. Consultado o 2022-09-29.
- ↑ "Fálase de Alberto Ramos ga...". Praza Pública. 2023-09-12. Consultado o 2023-09-12.
- ↑ "Alberto Ramos gaña o Premio Abrente de textos teatrais con 'Os servizos prestados'". Nós Diario. 30 de xullo de 2024.
- ↑ Sara (2024-09-17). ""Pirotecnia", de Alberto Ramos gaña a XVIII Edición do Premio Narrativa Breve Repsol". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-09-17.