Saltar ao contido

Alain Delon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlain Delon

(1961) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Alain Fabien Maurice Marcel Delon Editar o valor em Wikidata
8 de novembro de 1935 Editar o valor em Wikidata
Sceaux, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte18 de agosto de 2024 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Douchy-Montcorbon, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteB-cell lymphoma (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturachâteau de la Brûlerie (en) Traducir (2024–) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSceaux Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeSuíza (1999–2024)
Francia (1935–2024) Editar o valor em Wikidata
EducaciónÉcole Jeannine Manuel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura177 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación, Produción de cinema e guión cinematográfico Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Francia
Suíza Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónguionista , actor de televisión , produtor , cantante , produtor de cinema , actor de teatro , actor de cinema , director de cinema , actor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1957 Editar o valor em Wikidata - 2012 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoDrama, Ficción detectivesca e suspense Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeNathalie Delon (1964–1969), divorcio
ParellaRosalie van Breemen (1987–2001)
Anne Parillaud (1981–1986)
Maddly Bamy (pt) Traducir (1968–1971)
Mireille Darc (pt) Traducir (1968–1982)
Nathalie Delon (pt) Traducir (1962–1964)
Dalida (–1962)
Nico (–1961)
Romy Schneider (1958–1963)
Michèle Cordoue (pt) Traducir (–1957)
Brigitte Auber (pt) Traducir (–1956) Editar o valor em Wikidata
FillosChristian Aaron Boulogne (pt) Traducir
 () Nico
Anouchka Delon (pt) Traducir
 () Rosalie van Breemen
Anthony Delon (pt) Traducir
 () Nathalie Delon (pt) Traducir
Alain-Fabien Delon
 () Rosalie van Breemen Editar o valor em Wikidata
PaisFabien Delon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Édith Delon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJean-François Delon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0001128 Allocine: 1920 Rottentomatoes: celebrity/alain_delon Allmovie: an12043 TCM: 48245 TV.com: people/alain-delon
BNE: XX1265628 Spotify: 2e1aRMKieswINolf49MzQ8 iTunes: 99744743 Last fm: Alain+Delon Musicbrainz: 632c69c8-404e-4062-8871-6acfe05c70db Discogs: 303754 Allmusic: mn0000624101 WikiTree: Delon-22 Find a Grave: 273695908 Deezer: 291881 Genius: Alain-delon Editar o valor em Wikidata
Delon no Festival de Cannes 2007.

Alain Fabien Maurice Marcel Delon, nado en Sceaux (Altos do Sena) o 8 de novembro de 1935 e finado en Douchy (Loiret) o 18 de agosto de 2024, foi un actor francés, icona do cinema europeo das décadas de 1960 e 1970. Desde 1964 é tamén produtor cinematográfico. Gañou o Premio César en 1984. En 1999 pasou a ter a dobre nacionalidade franco-suíza, e foi concecorado coa Lexión de Honra do goberno francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Trala separación do seu pai e a súa nai cando tiña catro anos, tivo unha infancia difícil, sendo expulsado do colexio católico onde estudaba por mala conduta. Deixou a escola con 14 anos, pasando a traballar na carnizaría do seu medio pai. Con 17 anos entrou no exército como paracaidista, participando na batalla de Diên Biên Phu da guerra de Indochina. Tras regresar da guerra, traballou como estibador no Mercado Central de París.

Era amigo do actor Jean-Claude Brialy e da actriz Brigitte Auber, e no Festival de Cannes de 1956 coñeceu os directores Yves e Marc Allégret. Iniciouse no cinema en 1957 nun cameo en Quand la femme s'en mêle, de Yves Allégret. Consagrouse en 1960 con Plein soleil, de René Clément. Pasou a ser un dos actores fetiche de Luchino Visconti, co que protagonizou Rocco e os seus irmáns, e compartiu protagonismo con Burt Lancaster e Claudia Cardinale en O Gatopardo. Tamén traballou con Antonioni en L'eclisse e con Brigitte Bardot en Les amours célèbres de Michel Boisrond.

Logo desta época, centrouse no cinema francés, con películas como Le samurai de Jean-Pierre Melville, Histoires extraordinaires de Louis Malle e La piscine de Jacques Deray. En 1976 protagoniza Monsieur Klein de Joseph Losey e Le gang. En 1984 traballa en Un amour de Swann, de Volker Schlöndorff.

Iniciouse como produtor, obtendo grande éxito con Borsalino de Jacques Deray, na que aparece xunto a Jean-Paul Belmondo. En 1980 dirixe Pour la peau d'un flic, e en 1983 repite tralas cámaras con Le battant.

En 2023 deuse a coñecer que tiña un linfoma e faleceu na sua casa de Douchy aos 88 anos o 18 de agosto do 2024.[1][2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
  1. "Alain Delon : le cancer qui déchire sa famille". Le Point (en francés). 2024-01-24. Consultado o 2024-08-18. 
  2. à 08h03, Par Catherine Balle Le 18 août 2024 (2024-08-18). "Alain Delon, monstre sacré du cinéma, est mort à 88 ans". leparisien.fr (en francés). Consultado o 2024-08-18.