Akureyri
Akureyri (is) Akureyrarbær (is) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País insular | Islandia | ||||
Rexión | Norðurland eystra | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 19.893 (2023) (144,15 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 138 km² | ||||
Altitude | 40 m | ||||
Creación | 1786 (Xuliano) | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Ásthildur Sturludóttir (en) (2018–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 600, 603 e 630 | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | IS-AKU | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | akureyri.is |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Akureyri é unha cidade situada no norte de Islandia, ao fondo do fiorde de Eyjafjörður arrodeada de montañas, Súlur a 1 213 metros sobre o nivel do mar, e Hlíðarfjall a 1 116 metros, é o segundo centro urbano despois da área de Reiquiavik; segundo o censo de 2021 tiña 19 219 habitantes e segundo o de 2023, 19 623.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Helgi Magri Eyvindarson, procedente de Noruega asentouse na área no século IX, aínda que a primeira mención de Akureyri data do ano 1562 cando unha muller foi condenada aquí por adulterio. No ano 1602 os daneses estableceron un posto comercial , aproveitando o porto natural e por ser a rexión circundante boa para a agricultura.
O asentamento permanente comezou no ano 1778 e o rei de Dinamarca concedeulle a Akureyri o status de cidade en 1786. Á cidade foille concedido un foro municipal para favorecer a consolidación dos asentamentos permanentes en Islandia, en 1836 perdeu a súa licenza como posto comercial pero foille de novo concedido en 1862, co que comezaron a aparecer numerosas pequenas industrias derivadas dos produtos agrícolas, aumentando no século XX co éxodo do campo á cidade. Dende 1990 as industrias pesqueiras veñen desprazando ás manufacturadas e os ingresos procedentes do turismo aumentan ano a ano.
A Universidade de Akureyri fundouse en 1987.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "All Urban Settlements (Iceland): Urban Localities in Municipalities". www.citypopulation.de (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Akureyri |
A Galipedia ten un portal sobre: Islandia |