Air Arabia Maroc
Air Arabia Maroc | ||
---|---|---|
IATA 3O | OACI MAC | Indicativo AIR ARABIA MAROC |
Fundación | abril de 2009 | |
Inicio das operacións | maio de 2009 | |
Frota | 7 | |
Destinos | 34 | |
Holding | Air Arabia | |
Páxina web: http://www.airarabia.com |
Air Arabia Maroc (árabe: العربية للطيران المغرب) é unha aeroliña de baixo custo marroquí, creada como unha empresa conxunta entre varios investidores marroquís e Air Arabia.[1] A súa sede atópase na terminal de chegadas do aeroporto de Casablanca-Mohammed V, na provincia marroquí de Nouaceur.
Historia
[editar | editar a fonte]Air Arabia Maroc fundouse como unha sociedade entre Air Arabia, Regional Air Lines e Ithmaar Bank. A aeroliña lanzouse oficialmente o 29 de abril de 2009[2] e comezou as súas operacións o 6 de maio do mesmo ano,[1] cun voo entre Casablanca e Londres-Stansted.[3][4] Baseada en Casablanca, os seus primeiros destinos foron Bruxelas, Londres, Marsella, Milán e París.
Frota
[editar | editar a fonte]En outubro de 2017 a frota de Air Arabia Maroc estaba formada polos seguintes avións:[5]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
Airbus A320-200 | 8 | — | 162 | |||
168 | ||||||
Total | 8 | — |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Centre for Aviation (ed.). "Royal Air Maroc fighting back LCC tide with new fleet, cost cuts and possible privatisation". Consultado o 9 de marzo de 2018.
- ↑ Air Arabia (ed.). "Air Arabia (Maroc)". Archived from the original on 02 de febreiro de 2013. Consultado o 9 de marzo de 2018.
- ↑ Cision (ed.). "Air Arabia Maroc to Introduce Services to London, United Kingdom". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2013. Consultado o 9 de marzo de 2018.
- ↑ Flight Global (ed.). "Former SkyEurope chairman Bitter emerges at Air Arabia Maroc". Consultado o 9 de marzo de 2018.
- ↑ Planespotters (ed.). "Air Arabia Maroc Fleet Details and History". Consultado o 9 de marzo de 2018.