Agar.io
Agar.io | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Matheus Valadares |
Distribuidora(s) | Miniclip (móbiles) |
Deseñador(es) | Matheus Valadares[1] |
Lanzamento | Navegador 28 de abril de 2015[2] Android, iOS 8 de xullo de 2015 |
Xénero | Estratexia, acción |
Modos de xogo | Multixogador |
Clasificación | USK |
Plataforma(s) | Navegador, Android, iOS |
Na rede | |
https://agar.io/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Agar.io é un videoxogo de acción en liña masivo multixogador creado por Matheus Valadares. Cada xogador controla unha célula nun mapa que representa unha placa de Petri, e o obxectivo é gañar a maior candidade de masa absorbendo células máis pequenas e evitando a outras células meirandes. O nome do xogo provén da substancia ágar-ágar, usada en bioloxía para cultivar bacterias.[3]
O xogo recibiu críticas xeralmente favorables pola súa sinxeleza, competitividade e mecánicas, mais tamén foi criticado negativamente pola súa repetitividade. Conseguiu un éxito notable principalmente debido á súa expansión boca a boca nas redes sociais, converténdose nun dos xogos de navegador e plataformas móbiles de maior popularidade no seu primeiro ano. O 3 de maio de 2015 anunciouse unha futura versión descargable para Steam, e a versión móbil para iOS e Android foi publicada o 8 de xullo de 2015 por Miniclip.
Mecánica de xogo
[editar | editar a fonte]O obxectivo do xogo é facer medrar unha célula absorbendo boliñas xeradas de forma aleatoria no mapa, que aumentan lixeiramente a masa da célula, e outras células máis pequenas, ó mesmo tempo que cómpre evitar resultar tragado por células máis grandes.[4] Ten catro modos diferentes de xogo, e en todos eles o obxectivo é conseguir a célula máis grande. Os xogadores poden volver a comezar cando unha célula máis grande traga a súa, e poden cambiar a aparencia da célula empregando termos e frases predefinidas, así como con símbolos e peles.[5] A maior masa as células móvense máis lentamente,[6] e perden masa có tempo de forma gradual.[7]
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]O brasileiro Matheus Valadares foi o desenvolvedor do xogo, e anunciono por primeira vez en 4chan o 27 de abril de 2015.[8] Escrito en JavaScript e C++, levoulle uns poucos días rematar a súa codificación.[9] O 8 de xullo de 2015 Miniclip publicou unha versión para móbiles iOS e Android. Sergio Varanda, executivo de Miniclip, declarou que o obxectivo principal desta versión era "recrear a experiencia do xogo" nos móbiles, citando os desafíos que comportara recrear o xogo para controis de pantallas táctiles.[10]
Recepción
[editar | editar a fonte]Trala súa publicación recibiu valoracións xeralmente positivas da crítica, en particular pola súa simplicidade, competitividade e mecánica de xogo. Engadget describiuno como "unha boa abstracción da competición pola supervivencia do máis forte que se pode ver en ocasións no nivel microscópico".[11] Toucharcade valorou de forma positiva a súa simplicidade, elementos estratéxicos e a súa "personalidade".[12] As críticas negativas enfocáronse principalmente na súa repetitividade e o método de control da versión para móbiles.[13][14]
O xogo acadou unha rápida popularidade grazas a súa propagación polas redes sociais e a súa emisión en Twitch.tv[6] e YouTube.[15] No 2015 a páxina web do xogo para navegador acadou unha posición entre as 1000 páxinas web máis visitadas na clasificación de Alexa[16] e as versións para plataformas móbiles foron descargadas máis de dez millóns de veces na súa primeira semana de publicación.[17]
O xogo inspirou a moitos desenvolvedores a crear o seu propio Agario.
Notas
[editar | editar a fonte]- Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario
- ↑ "Agar.io, le nouveau jeu phénomène sur iPhone/iPad et Android". Pockett.net (en francés). Consultado o 7 de agosto de 2015.
- ↑ Irmak, Şafak. "İnternetin Yeni Çılgınlığı: Agar.io". Webtekno (en turco).
- ↑ Eordogh, Fruzsina. "'Agar.io' is your new favorite bored-at-work game: Hardcore Casual game reviews". TouchVision. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2015. Consultado o 10 de agosto de 2015.
- ↑ "Eat and be eaten: How to survive and thrive in Agar.io". Digital Trends. 14 de setembro de 2015. Consultado o 21 de novembro de 2015.
- ↑ Grayson, Nathan. "A Game That's Become A Political Battleground". Kotaku. Consultado o 13 de xullo de 2015.
- ↑ 6,0 6,1 Livingston, Christopher. "Agario: the dot-gobbling browser game that's a hit on Twitch". PC Gamer. Consultado o 6 de agosto de 2015.
- ↑ "Comment battre vos collègues au jeu en ligne Agar.io" [How to beat your colleagues in the online game Agar.io]. Le Monde (en francés).
- ↑ Anonymous. "No.292440446". 4chan. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2016. Consultado o 16 de abril de 2016.
- ↑ "Efsane oyunun geliştiricisi ile kısa bir söyleşi yaptık". Kafakutu (en turco). Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2015. Consultado o 26 de agosto de 2015.
- ↑ Gordon, Scott. "Agar.io: can the Play Store’s top game continue to grow?". AndroidPit. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2015. Consultado o 26 de agosto de 2015.
- ↑ Fingas, Jon. "Agar.io brings massively multiplayer games to the petri dish". Engadget. Consultado o 16 de xuño de 2015.
- ↑ Carter, Chris. "'Agar.io' Review – The Amoeba Boys (and Girls)". Toucharcade. Consultado o 10 de agosto de 2015.
- ↑ Christiansen, Tom. "Agar.io Review: Bursting Your Bubble". Gamezebo. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2015. Consultado o 17 de decembro de 2015.
- ↑ Fox, Glen. "Agar.io review". Pocket Gamer. Steel Media. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 08 de maio de 2016.
- ↑ Matuk, Pablo. "Agar.io, el nuevo y sencillo juego de moda". Unocero (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2015. Consultado o 7 de agosto de 2015.
- ↑ "agar.io Site Overview". Alexa Internet. Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2016. Consultado o 08 de maio de 2016.
- ↑ "How Agari.io conquered the App Store, without spending a penny". Pocket Gamer. Consultado o 6 de agosto de 2015.