Aethelred I de Northumbria
Nome orixinal | (ang) Æthelred |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | década de 760 |
Morte | 796 (26/36 anos) Coria, Reino Unido (en) |
Rei de Northumbria | |
790 (Gregoriano) – 796 (Gregoriano) ← Osred II de Northumbria – Osbald de Northumbria → | |
Rei de Northumbria | |
década de 780 – 18 de abril de 796 ← Osred II de Northumbria – Osbald de Northumbria → | |
Rei de Northumbria | |
774 – 779 ← Ealhred de Northumbria – Aelfwald I de Northumbria → | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Cónxuxe | Ælfflæd of Mercia (792, 792 (Gregoriano)–) |
Pais | Aethelwald Moll de Northumbria e Æthelthryth |
Æthelred (/ˈæθəlrɛd/), nado c. 762 e finado o 18 de abril de 796, foi rei de Northumbria de 774 a 779 e outra vez de 790 ata que foi asasinado en 796.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo de Æthelwald Moll e Æthelthryth e posibelmente converteuse en rei mentres aínda era un neno tras a deposición de Ealhred.
Familia e primeiros anos
[editar | editar a fonte]A orixe da familia de Æthelred non está rexistrada, pero o seu pai Æthelwald, tamén chamado Moll, parece ter ascendencia nobre. Æthelwald aparece nos rexistros históricos por vez primeira nunha carta escrita polo papa Paulo I ao rei Eadberht, ordenándolle devolver as terras incautadas ao Abade Fothred, que foron entregadas ao seu irmán Moll. Tras a abdicación de Eadberht en 758, o seu fillo Oswulf sucedeuno pero, a pesar do longo reinado do seu pai, e o seu poderoso tío Ecgberht, foi asasinado xusto un ano máis tarde en 759 en Market Weighton polos seus propios gardacostas. O asasinato foi posibelmente ordenado por Æthelwald xa que se converteu en rei pouco despois. En 761, o irmán de Oswulf, enfrontouse a Æthelwald en batalla pero morreu en Eildon Hills o 6 de agosto.
Tras da súa vitoria, Æthelwald casou con Æthelthryth en Catterick o 1 de novembro de 762. Æthelwald foi deposto como rei o 30 de outubro de 765, por un consello de nobres e prelados, e substituído por Ealhred, o cuñado de Oswulf e Oswine.
Primeiro período
[editar | editar a fonte]Despois de gobernar durante case dez anos, os northumbrianos expulsaron a Ealhred de York en 774. Entón escolleron a Æthelred como rei e foi "coroado con gran honra". No primeiro ano despois da súa ascensión Æthelred, que puido estar influído polo seu pai Æthelwald, ordenou o asasinato do ealdorman, Eadwulf.
Æthelred foi deposto como rei e o trono pasou a Ælfwald, neto de Eadberht[1].
Restauración
[editar | editar a fonte]Æthelred viviu no exilio durante o reinado de Ælfwald e do seu sucesor Osred II. Aínda así, en 788 ou 789, Osred foi deposto, tonsurado á forza e exiliado e exiliado e Æthelred foi restaurado no trono.
Durante o seu segundo reinado, Æthelred ordenou en 790 o asasinato do ealdorman Eardwulf pero sobreviviu e máis tarde converteríase en rei. Os fillos de Ælfwald, Ælf e Ælfwine, foron asasinados, probabelmente por ordes de Æthelred, en 791. Ao ano seguinte, Osred tentou recuperar o trono, pero foi derrotado, capturado e morto o 14 de setembro de 792. Un ano máis tarde, Lindisfarne foi saqueado polos viquingos, e Alcuíno escribiu cartas a Æthelred culpando deste acontecemento aos pecados cometidos por Æthelred e os seus nobres.
O 29 de setembro de 792 Æthelred contraeu matrimonio con Ælfflæd, filla de Offa de Mercia en Catterick.
Morte e sucesión
[editar | editar a fonte]Mentres Æthelred estaba en Corbridge un grupo de nobres asasinouno o 18 de abril de 796. Como resultado, Osbald, ealdorman e amigo de Alcuíno, anterior asesor de Æthelred, converteuse en rei, pero abdicou ao cabo de 27 días.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Anglo-Saxon Chronicle. Phoenix. 2000.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Higham, N.J., The Kingdom of Northumbria AD 350-1100. Stroud: Sutton, 1993. ISBN 0-86299-730-5
- Kirby, D.P., The Earliest English Kings. Londres: Unwin, 1991. ISBN 0-04-445692-1
- Yorke, Barbara, Kings and Kingdoms of early Anglo-Saxon England. Londres: Seaby, 1990. ISBN 1-85264-027-8