Saltar ao contido

Ado Birk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAdo Birk

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de novembro de 1883 Editar o valor en Wikidata
Tarvastu, Estonia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte2 de febreiro de 1942 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Sevurallag, Rusia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Primeiro ministro de Estonia
28 de xullo de 1920 – 30 de xullo de 1920
Ministro dos Negócios Estrangeiros da Estónia (pt) Traducir
18 de novembro de 1919, 30 de xullo de 1920, 23 de outubro de 1925 – 28 de xullo de 1920, 26 de outubro de 1920, 15 de decembro de 1925
← Ants Piip (pt) Traducir, Karl Robert Pusta (pt) TraducirKarl Robert Pusta (pt) Traducir, Otto Strandman (pt) Traducir, Ants Piip (pt) Traducir →
Member of the Riigikogu (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa ortodoxa Editar o valor en Wikidata
EducaciónSaint Petersburg Theological Academy (en) Traducir
Riga Seminary (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Talín Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, diplomático, avogado Editar o valor en Wikidata
Partido políticoEstonian People's Party (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Ado Birk, nado o 14 de novembro de 1883 e finado o 2 de febreiro de 1942, foi un político e diplomático estoniano, que foi primeiro ministro do seu país durante tres días, do 28 ao 30 de xullo de 1920.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ado Birk naceu nunha aldea do concello de Tarvastu, estudou no Seminario Teolóxico Ortodoxo de Riga (1894-1905) e proseguiu estudos na Academia Teolóxica de San Petersburgo e nas facultades de dereito das universidades de Tartu (1907–1908), San Petersburgo (1908–1911) e Leipzig (1911). Entre 1911 e 1912 foi o director da Oficia Estatística de Tallin e de 1912 ata 1917 traballou como procurador no bufete do avogado Jaan Poska ao tempo que desde 1913 entraba na política como concelleiro en Tallin. Membro Asemblea Provincial Estoniana polo Partido Radical Democrático de Estonia, foi o seu secretario interino en xullo de 1917, foi logo nomeado representante de Estonia en Helsinqui en 1918 ata que en novembro mesmo ano foi elixido presidente da Asemblea Provincial e do Comité Xeral de Eleccións da Asemblea Constituínte. Como membro do Partido Popular Estoniano foi desde 1919 ata 1920 foi vicepresidente da Asemblea Constituínte e ministro de asuntos exteriores, primeiro ministro durante tres días de xullo de 1920 pero a falta de apoio parlamentario botou abaixo o goberno, volveu ao posto de ministro ata o 26 de outubro, elixido deputado no I Parlamento (1920-1922), foi de novo ministro de exteriores en 1925. Birk foi tamén presidente da Sociedade de Bombeiros Voluntarios de Tallin (1917-1924) e presidente da Unión de Bombeiros Estonianos (1919-1922).

Entre 1922 e 1926 foi ministro plenipotenciario de Estonia na Unión Soviética, e como entrou a primeiros de 1926 en conflito co ministro de asuntos exteriores estoniano, e rexeitou volver tras o seu cesamento. No verán de 1926 caeu vítima da provocación do servizo secreto soviético, a GPU e entrou na cadea en Rusia, tras saír do cárcere volveu a Estonia en 1927 pero foi acusado de pasar información secreta á URSS e en novembro foi á prisión, en novembro de 1927 o Tribunal de Tallinn-Haapsalu absolveuno. Deixou a política e traballou como empresario, activo membro da Igrexa Ortodoxa Apostólica Estoniana foi o seu secretario ecuménico (1939-1940). Durante a segunda guerra mundial arrestouno a NKVD soviética e o 14 de xuño de 1941 no campo de prisioneiros de Sosva (Urais) foi sentenciado a morte, morrendo antes de executarse a condena.