Saltar ao contido

Acaill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaAcaill
(ga) Acaill Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Británicas Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCondado de Mayo, Irlanda Editar o valor en Wikidata
Mapa
 53°57′32″N 10°02′20″O / 53.9589, -10.0389
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude688 m Editar o valor en Wikidata
Perímetro128 km Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoCroaghaun (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  (688 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie148 km²
36.572 acre Editar o valor en Wikidata
Baía de Keem.

Acaill (do irlandés aguia), ou Achill en inglés, é unha illa de Irlanda no condado de Mayo, na costa oeste. Ten 146 km² e o 87 % da superficie illa está formado por turba, 2 900 habitantes. Slievemore é o punto máis alto da illa a 672 metros. Unida á terra firme por unha ponte entre as vilas de Gob an Choire e Poll Rathnaí, esta última situada en terra firme.

Gob an Choire, Keel, Doagh, Doeega e Dugort son as vilas principais da illa entre os 22 lugares habitados.

Na illa consérvanse restos megalíticos de hai 5 000 anos. No século V chegaron os celtas, dedicados ao pastoreo. A illa establecéronse monxes cando menos dende o 450.

Heinrich Böll, escritor alemán, visitou a illa e escribiu as súas experiencias no seu Irisches Tagebuch.

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía da illa depende do turismo, a agricultura ten unha importancia menor, limitada pola propia constitución da illa: a cría de ovellas tivo historicamente máis importancia, e máis aínda da pesca, pero agora xogan un papel moi pequeno.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.