Saltar ao contido

O fantasma da ópera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «A pantasma da ópera»)

A pantasma da ópera
Capa dunha edición de 1921.
Título orixinalLe Fantôme de l'Opéra
Autor/aGastón Leroux
OrixeFrancia Francia
Linguafrancés
Tema(s)The Phantom of the Opera
Xénero(s)Novela gótica
EditorialPierre Lafitte and Cie
Data de pub.1910 Francia, 1998 Galicia[1]
Páxinas180
ISBN15698188
TraduciónOlalla García (galego)
editar datos en Wikidata ]

A pantasma da ópera[2] (Le Fantôme de l'Opéra) ou O fantasma da ópera[3] é unha novela gótica de Gaston Leroux, publicada en marzo de 1910 (tras aparecer serializada en Le Gaulois[4] de setembro de 1909 até xaneiro de 1910).[5] Foi adaptada numerosas veces ao teatro e ao cinema.

A obra está inspirada en feitos reais e na novela Trilby de George du Maurier, e combina elementos de romance, terror, drama, misterio e traxedia. A historia trata dun ser misterioso que aterroriza a Ópera de París para atraer a atención dunha nova vocalista á que ama.

A Ópera de París.

Argumento

[editar | editar a fonte]

A novela está ambientada no París do século XIX, na Ópera Garnier, un edificio luxoso e monumental construído sobre un lago subterráneo entre 1857 e 1874. Os empregados afirman que a ópera está encantada por unha pantasma misteriosa que provoca moitos accidentes. A pantasma da ópera chantaxea os dous xerentes da ópera para que lle paguen 20 000 francos ao mes e lle reserven unha cabina privada para os concertos, xa que el compón todas as óperas que se presentan aí ou fai arranxos musicais.

Mentres, a nova diva Christine Daaé (aparentemente inspirada na diva sueca Christina Nilsson) que cre estar guiada por un Anxo de Música supostamente enviado polo seu pai, chega a un éxito repentino no escenario en canto substitúe a até entón prima donna Carlotta, que tivo que ser substituída dúas veces porque caeu nunha estraña enfermidade.

Nesta versión da historia, Carlotta é substituída debido a que Erik, a pantasma, deixa caer un pano de gran tamaño sobre Carlotta e fai que abandone a presentación desa noite. Christine gaña o corazón do público, incluíndo o do seu amor de infancia, o vizconde Raoul de Chagny.

A pantasma sente celos da relación de Christine con Raoul, e convídaa a visitalo no seu mundo so o edificio. Ela acepta, e abaixo nas catacumbas descobre que o seu anxo é en realidade un xenio musical deforme que leva unha máscara para ocultar a súa face aberrante. Ela berra de terror ao contemplar o seu rostro verdadeiro, e a pantasma encérraa no seu fogar, aceptando ceibala só cando ela prometa que volverá visitalo pola súa propia vontade.

Christine está dividida entre o amor do novo e encantador vizconde Raoul, e a súa fascinación coa misteriosamente fermosa música da pantasma. Cando ela se dá de conta de que o seu anxo é o mesmo pantasma da ópera responsábel de accidentes e asasinatos, ela e Raoul deciden casar en segredo e escapar de París, fóra do alcance da pantasma.

A pantasma descobre o seu plan, e durante a interpretación de Christine como Marguerite na ópera Faust de Charles Gounod, deixa a ópera ás escuras e secuéstraa en pleno escenario. Abaixo, no fogar da pantasma, ten lugar a última confrontación, entre a pantasma, Christine e Raoul. Alí Christine decidirá que facer; se salvar a Raoul dándolle un bico á pantasma da ópera ou non darlle o bico e que Raoul morra afogado.

  1. Tradución a galego por Xerais.
  2. Título dunha das traducións a galego
  3. Título en galego nunha das traducións
  4. (en francés) «Romans et nouvelles. Arquivado 01 de maio de 2017 en Wayback Machine.
  5. "The Publication and Initial French Reception of Gaston Leroux's Le Fantôme de l'Opéra" 37 (138). doi:10.1093/frebul/ktw004. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.