A estación violenta
- Este artigo trata do libro, para o filme homónimo véxase: A estación violenta (filme)
A estación violenta | |
---|---|
Autor/a | Manuel Jabois |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Edicións Morgante |
Data de pub. | novembro 2008 |
Formato | edición rústica cosida a fío |
Páxinas | 168 |
ISBN | 978-84-9364-601-1 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A estación violenta é unha novela de Manuel Jabois, publicada por Edicións Morgante en 2008.
Trama
[editar | editar a fonte]A obra está protagonizada por tres personaxes (o narrador, David e Claudia), compañeiros de facultade na Universidade de Santiago de Compostela. Os tres proceden de familias burguesas, pero nin tiveron especial interese en rematar a carreira, nin teñen especial interese en conseguir un traballo. Os tres teñen unha boa formación cultural, falando decote de cinema, literatura, e mesmo de teoloxía e mitoloxía. Logo de anos sen verse volven atoparse, e retomar vivencias comúns.
David e Claudia están casados, pero non manteñen unha relación de matrimonio. Ela sofre adicción á heroína e trastornos psicolóxicos, e el coida dela. Viviron un tempo en París e en Italia, e regresaron a Compostela polo seu mal estado de saúde. Visto que lle queda pouco de vida, David intenta que Claudia teña unha existencia digna e feliz. Consegue unha casa na costa, en Sanxenxo. Alí, xunto con Daniela, a irmá de David de 17 anos, recordan amores e vivencias, proxectos futuros vixentes e inalcanzables.
Narración
[editar | editar a fonte]A obra ten narrador en primeira persoa, e conta con bastantes diálogos.
Adaptacións
[editar | editar a fonte]En 2015 estaba a levarse a cabo unha adaptación cinematográfica, dirixida por Anxos Fazáns e producida por Daniel Froiz a través de Matriuska,[1] que foi estreada no 2017 baixo o título A estación violenta.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O guión de 'A estación violenta' chega a Cans", artigo en Diario de Pontevedra, 22 de maio de 2015.