Saltar ao contido

Soño dunha noite de San Xoán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «A Midsummer Night's Dream»)

Soño dunha noite de San Xoán
Título orixinalA Midsummer Night's Dream
Autor/aWilliam Shakespeare
OrixeReino de Gran Bretaña
Lingualingua inglesa
Xénero(s)Comedia
Data de pub.1600
Na rede
IBDB: 1194 BNE: XX4710996 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Este artigo é sobre a obra de teatro. Sobre o filme, véxase O soño dunha noite de San Xoán (filme)

Soño dunha noite de San Xoán[1] (en inglés: A Midsummer Night's Dream) ou Un soño de verán[2] é unha obra de teatro en lingua inglesa escrita entre 1595 e 1600 por William Shakespeare. Trátase dunha comedia que xoga coa temática do amor e as súas complicacións, intercalando personaxes mitolóxicos e humanos nun mundo fantástico. Está ambientada en Atenas, e consta de varias subtramas que xiran en torno ao matrimonio de Teseo e Hipólita. Unha subtrama implica un conflito entre catro amantes atenienses. Outra segue a un grupo de seis actores afeccionados que ensaian a obra que van representar antes da voda. Ambos os grupos atópanse nun bosque habitado por fadas que manipulan os humanos e se dedican á súa propia intriga doméstica. A obra salienta por conter elementos de maxia, como a intervención de fadas e seres similares a trasnos, e desenvólvese en gran parte nunha foresta. O seu ton humorístico e as súas intricadas relacións amorosas fixérona unha das pezas máis populares e representadas de Shakespeare.[3][4][5][6]

Estudo de Joseph Noel Paton.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

En galego

[editar | editar a fonte]

Foi traducida á lingua galega en 1989 e publicada pola Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia, conxuntamente co Mercador de Venecia, formando o volume 4 da colección Clásicos en Galego. Ademais, foi levada ao cinema nun filme de animación galego dirixido por Ángel de la Cruz e Miguel Gómez Pereira co título de O soño dunha noite de San Xoán.[7]

Homenaxes

[editar | editar a fonte]

A lúa Puck , descuberta en 1985 pola Voyager 2, foi nomeada polo personaxe homónimo desta obra de Shakespeare.

  1. Título da tradución realizada en 1989 por Miguel Pérez Romero
  2. Título da versión da obra realizada por Eduardo Alonso e Miguel Guede para o CDG e publicada por Xerais en 1992[Ligazón morta]
  3. Kopf, Dan (22 de setembro de 2016). "What Is Shakespeare's Most Popular Play?". Priceonomics. Consultado o 11 de outubro de 2022. 
  4. Green, Douglas E. (2006). "Review of A Midsummer Night's Dream". Shakespeare Bulletin 24 (4): 69–72. ISSN 0748-2558. 
  5. Walters, Lisa (2016). "Monstrous Births and Imaginations: Authorship and Folklore in Shakespeare's "A Midsummer Night's Dream"". Renaissance and Reformation / Renaissance et Réforme 39 (1): 115–146. ISSN 0034-429X. 
  6. "Humor in A Midsummer Night’s Dream". SchoolWorkHelper (en inglés). Consultado o 2023-09-08. 
  7. "El sueño de una noche de San Juan » Premios Goya 2023". www.premiosgoya.com. Consultado o 2023-09-08. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.