Reino de Gran Bretaña
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2015.) |
United Kingdom of Great Britain (en-gb) | |||||
Himno | God Save the King | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Londres | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.500.000 (1800) (45,46 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 230.977 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de maio de 1707 (Xuliano): causado por Lei de Unión | ||||
Disolución | 1 de xaneiro de 1801 | ||||
Sucedido por | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | Estado unitario monarquía constitucional | ||||
• Monarca | Xurxo III do Reino Unido (1760–1801) | ||||
Órgano lexislativo | Parliament of Great Britain (en) , | ||||
Moeda | libra esterlina | ||||
O Reino de Gran Bretaña foi un reino da Europa Occidental, entre 1707 e 1800. Foi creado a partir da unión das coroas de Escocia e Inglaterra, baixo a Acta de Unión de 1707 (Union Act, 1707), que fora establecido para formar un único país na illa de Gran Bretaña. Un novo parlamento e goberno foi creado en Westminster, Londres. Os dous antigos reinos compartían as súas monarquías e Xacobe VI de Escocia, pasando a ser Xacobe I de Inglaterra en 1603.
En 1707 deixaron de existir ambas as monarquías, pasando a haber só unha, a Coroa de Gran Bretaña e tamén que deixou de existir o Parlamento de Escocia e o Parlamento de Inglaterra, substituídos polo Parlamento de Gran Bretaña: parlamentarios de ambas as nacións tiñan asento en Londres, na Cámara dos Comúns e na Cámara dos Lores. A representación escocesa era menor porque a súa poboación era menor. Baixo os termos do "Union Act" Escocia elixía 45 parlamentarios para a Cámara dos Comúns e enviaba 16 á Cámara dos Lores. A Acta de Unión de 1800 uniu o reino de Gran Bretaña co reino de Irlanda, que fora tomado gradualmente polo control británico entre 1169 e 1691, para formar o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda. Esta tamén foi unha decisión impopular, levándose a cabo xusto despois da infrutuosa Rebelión dos Irlandeses Unidos de 1798. A ocasión elixida para esta unión, cando se temeu unha intervención ou invasión napoleónica, foi debida principalmente a problemas de seguridade.
Orixe do nome
[editar | editar a fonte]A miúdo o Reino de Gran Bretaña[1][2] recibe o nome alternativo do Reino Unido de Gran Bretaña, que adoita reducirse a Reino Unido. Hai un debate sobre se o segundo nome é aceptable. Na sinatura da Lei de Unión de 1707 faise referencia a United Kingdom of Great Britain (en galego: "Reino Unido de Gran Bretaña"), o que pode supor que a palabra United (en galego: "Unido") teña un carácter sinxelamente descritivo e non forme parte do título oficial, significando así que Inglaterra e Escocia uníronse nun reino de nome Gran Bretaña" (United into One Kingdom by the Name of Great Britain).
O nome "Reino Unido" ás veces prefírese para efectos da continuidade, especialmente no ámbito militar e colonial. No momento da Lei de Unión de 1800, que cunha premeditada ambigüidade denominaron United Kingdom ("Reino Unido"), os británicos estaban involucrados na Gran Guerra francesa e o Imperio Británico posuía moitas colonias a América, India e Australia. Con todo o nome de "Reino Unido" entrou en uso popular, de forma que no momento da firma da acta da Unión con Irlanda o nome foi adoptado oficialmente.
Estrutura política
[editar | editar a fonte]O Reino da Gran Bretaña foi gobernado por un único monarca,[2] igual que a illa de Gran Bretaña desde 1603 despois da Unión das Coroas, coa excepción do interregno inglés e durante o goberno conxunto de Guillerme III e María II. A partir de 1707, mediante a sinatura da Lei de Unión, o monarca do Reino da Gran Bretaña tiña por poder dunha soa coroa unificada, que até o momento a pesar de compartir o mesmo rei mantíñanse como dúas entidades completamente separadas e co seu propio parlamento. A sucesión ao trono foi determinada pola Acta de Establecemento inglesa de 1701, en substitución da Acta de Seguridade escocesa de 1704. A adopción da Acta de Establecemento significou que o herdeiro ao trono británico tiña que ser un protestante descendente de Sofía do Palatinado, iniciadora da futura Casa de Hannóver reinante no trono inglés.
O poder lexislativo estivo en mans do Parlamento da Gran Bretaña,[3] que substituíu o Parlamento de Inglaterra e o Parlamento de Escocia. Do mesmo xeito que no moderno Parlamento do Reino Unido, o Parlamento da Gran Bretaña incluía tres elementos: a Cámara dos Comúns, a Cámara dos Lores e a Coroa no Parlamento (a presenza do monarca no Parlamento). Os territorios de Inglaterra e Escocia tiveron representantes en ambas as cámaras do novo parlamento. Aínda que a representación de Escocia en ambas as cámaras foi máis pequena que a súa poboación real, a representación no parlamento foi naqueles momentos baseada na fiscalidade e non na poboación, un feito que provocou que Escocia tivese uns maior números de escanos dos que realmente lle tocarían. En virtude dos termos da unión política Escocia tiña 16 escanos á Cámara dos Lords e 45 membros á dos Comúns, sendo o resto polos representantes de Inglaterra e Gales.
Política
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Imperio Británico.
No ano 1714 ascendeu ao trono de Xurxo I, o primeiro rei da Casa de Hannóver no trono británico. Cunha gran participación activa na política europea, en 1717 contribuíu á creación da Tripla Alianza co Reino de Francia e as Provincias Unidas contra o Reino de España, alianza que en 1718 foi ampliada coa incorporación do Sacro Imperio Romano Xermánico e que se denominou Cuádrupla Alianza. A consecuente Guerra da Cuádrupla Alianza tivo os mesmos motivos que os da Guerra de Sucesión Española, finalizando coa firma do Tratado de Utrecht polo cal Filipe V foi recoñecido rei de España e o Reino da Gran Bretaña gañou toda unha serie de territorios (Menorca, Xibraltar ou Nova Escocia entre outros) e vantaxosos acordos comerciais (o monopolio do tráfico de escravos na América española).
Xurxo II iniciou unha nova guerra contra o Reino de España, o Sitio de Cartaxena de Indias, que finalizou coa derrota británica, e que pasou a formar parte da Guerra de Sucesión Austríaca, pola cal Xurxo II axudou a María Tareixa de Austria a conseguir o trono romanoxermánico por medo a un aumento do poder francés en Europa.
As relacións entre o Reino de Gran Bretaña e as Trece Colonias durante o século XVIII foron empeorando, tendo que encarar Xurxo III durante o seu reinado a Guerra de Independencia dos Estados Unidos. Coa firma da Lei da Unión de 1800, pola cal o Reino da Gran Bretaña se anexiona ao Reino de Irlanda, estabeleceuse o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ""Rough guide ton British history"". Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2008. Consultado o 07 de xaneiro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 Acta da Unión 1707, artigo 1
- ↑ Acta da Unión 1707, artigo 3