Saltar ao contido

A Canicouva, Pontevedra

Santo Estevo da Canicouva
ConcelloPontevedra[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°22′18″N 8°36′50″O / 42.371666666667, -8.6138888888889
Área4,38 km²
Poboación242 hab. (2019)
Densidade55,25 hab./km²
Entidades de poboación3[1]
editar datos en Wikidata ]

Santo Estevo da Canicouva é unha parroquia situada no sueste do concello de Pontevedra. Segundo o IGE no 2019 tiña 242 habitantes (129 mulleres e 113 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación,[2] o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 306 habitantes.

Xeografía e comunicacións

[editar | editar a fonte]

A parroquia sitúase na zona sur do concello de Pontevedra, limitando ao norte con Tomeza e Marcón, ao sur e ao leste con Ponte Sampaio, ao leste con Xustáns (Ponte Caldelas) e ao oeste con Bértola, Figueirido e Vilaboa (Vilaboa). Pertence ao concello de Pontevedra desde 1960, pois antes formaba parte do entón anexionado concello de Ponte Sampaio xunto con esta parroquia, e que fora creado en 1833.

Dista 10 km da capital municipal, mentres que resulta máis próximo a núcleos como O Toural (Vilaboa) ou Arcade (Soutomaior), situados a 6 e 4 quilómetros, respectivamente. A principal vía de comunicación é a estrada provincial EP-0001. Por esta parroquia discorre o Camiño Portugués.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Segundo o nomenclátor do Instituto Galego de Estatística para o ano 2019, a parroquia tiña 242 habitantes (129 mulleres e 113 homes), distribuídos en 3 núcleos de poboación. Isto supón unha diminución dun 12,9% respecto a 2009, e dun 20,9% respecto ao ano 1999.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

No outeiro das Forcadas hai un miradoiro desde o que se aprecia a ría de Vigo e o val de Soutomaior, formado polo río Verdugo.

No lugar do Coto das Saleiras está a Rocha dos Franceses. Segundo a lenda, debaixo dela xacen os soldados mortos na Batalla de Ponte Sampaio durante a Guerra da Independencia Española.

As festas patronais celébrase o día 26 de decembro (santo Estevo).

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares da Canicouva

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia da Canicouva no concello de Pontevedra

Cacheiro | A Canicouva

Parroquias de Pontevedra

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Pontevedra

Alba (Santa María) | Bora (Santa Mariña) | Campañó (San Pedro) | A Canicouva (Santo Estevo) | Cerponzóns (San Vicente) | Lérez (San Salvador) | Lourizán (Santo André) | Marcón (San Miguel) | Mourente (Santa María) | Ponte Sampaio (Santa María) | Pontevedra | Salcedo (San Martiño) | San Xosé (San Xosé) | Santa María de Xeve (Santa María) | Tomeza (San Pedro) | Verducido (San Martiño) | A Virxe do Camiño de Pontevedra | Xeve (Santo André)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]