(614599) 2010 AB78
Aparencia
2010 AB78 é un asteroide de tipo NEO descuberto en 2010.[1] É o primeiro descuberto polo observatorio espacial WISE dos moitos miles que se calcula que descubrirá ó longo da súa vida útil.[2]
A primeira observación de 2010 AB78 por WISE tivo lugar o 12 de xaneiro de 2010, sendo reobservado un día máis tarde. O observatorio de Mauna Kea observouno os días 18 e 19 de xaneiro, permitindo ó Minor Planet Center emitir unha circular o día 22 confirmando o descubrimento.[2] O asteroide mide aproximadamente 1 km de diámetro.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "MPEC 2010-B33". Minor Planet Center. 22 de xaneiro de 2010. Consultado o 23 de xaneiro de 2010.
- ↑ 2,0 2,1 Lakdawalla, Emily (22 de xaneiro de 2010). "WISE bags its first near-Earth object, 2010 AB78" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2010. Consultado o 23 de xaneiro de 2010.
- ↑ Spacedaily (25 de xaneiro de 2010). "The First Of Many Asteroid Finds For WISE" (en inglés). Consultado o 26 de xaneiro de 2010.