Saltar ao contido

Ḷḷena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaḶḷena
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°04′59″N 5°47′32″O / 43.0831, -5.7922
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAsturias
Provinciaprovincia de Asturias Editar o valor en Wikidata
CapitalLa Pola Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación10.312 (2023) Editar o valor en Wikidata (32,63 hab./km²)
Xeografía
Superficie316 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude306 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of Ḷḷena (en) Traducir Editar o valor en WikidataGema Álvarez Delgado (2016–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal33620–33639 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE33033 Editar o valor en Wikidata

Páxina webaytolena.es Editar o valor en Wikidata

Ḷḷena[1] (en castelán: Lena) é un concello do Principado de Asturias. En 2020 tiña unha poboación de 10 701 habitantes.

Atópase no sur da comunidade en plena Cordilleira Cantábrica. Limita ao norte con Mieres, ao oeste con Riosa e Quirós, ao leste con Ayer e ao sur coa provincia de León. No límite con esta provincia atópase o Peña Ubiña, de 2.417 metros de altitude.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

En virtude do Decreto 74/2005 de 7 de xullo de 2005,[2] publicado no BOPA do 26 do mesmo mes, foron aprobadas as formas oficiais dos topónimos das parroquias e lugares do concello de Ḷḷena, pasando a ser oficiais en todos os casos as denominacións en lingua asturiana.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Gráfica de evolución demográfica de Ḷḷena entre 1842 e 2018

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Mapa parroquial de Ḷḷena.

Está formado polas parroquias de Cabezón, Campumanes, Carabanzo, Casorvía, Castieḷḷo, Chanos de Somerón, Columbieḷḷo, Congostinas, Erías, Felgueras, La Pola, Las Puentes, Muñón Cimiru, Muñón Fondiru, Parana, Payares, Piñera, Samiguel del Río, Sotieḷḷo, Teyeo, Tuíza, Viḷḷayana, Xomezana e Zurea. A capital do concello é La Pola.

Estación de Esquí de Valgrande-Pajares.

Destaca como monumento histórico a igrexa de Santa Cristina de Ḷḷena (do século IX) de estilo prerrománico, declarada Patrimonio da Humanidade. A igrexa conta, na antiga estción de tren de La Cobertoria, cun centro de interpretación do prerrománico asturiano.

O concello de Ḷḷena destaca pola práctica de deportes de montaña. Sendo considerado o macizo de Ubiña como unha das mellores zonas de montaña da cordilleira Cantábrica. O macizo é unha paisaxe protexida e forma parte do parque natural de Les Ubiñes-La Mesa.

No porto de Payares atópase a estación de esquí Valgrande-Pajares. Con máis de 50 anos de historia, é unha das estacións pioneiras en España. Ofrece todo tipo de servizos para a práctica de deportes de inverno.

O primeiro domingo de xullo celébrase conxuntamente co concello de Quirós a Festa do año ao espeto no «Prau Ḷḷagüezos», declarada de interese turístico en 1984.[3] Nela outórganse os galardóns «Güelos del Aramo» (Avós do Aramo) á parella máis idosa da zona.

Na capital do concello, La Pola, hai dúas festas de interese. En abril as festas da flor no val de Naredo, cun mercado artesán con anos de tradición e en outubro a festa da Nosa Señora do Rosario, tamén coñecida como "Les Feries".

  1. "Topónimos oficiais do concello de Ḷḷena" (PDF). sede.asturias.es. Consultado o 6 de agosto de 2021. 
  2. "DECRETO 74/2005, de 7 de julio, por el que se determinan los topónimos oficiales del concejo de Lena" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de agosto de 2022. Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  3. BOE. "Concesión del título de Fiesta de Interés Turístico a la Fiesta del Cordero de Lena." (PDF). Consultado o 13 de outubro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]