Łódź
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2019.) |
Lema | «Ex navicula navis» «Z łódeczki łódź» | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Polonia | ||||
Voivodatos | Voivodia de Łódź (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 670.642 (2021) (2.288,88 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 293 km² | ||||
Altitude | 219 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 29 de xullo de 1423 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Hanna Zdanowska (pt) (2010–) | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2017–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 90-001–94-413 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 42 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Vilnius (1991–) | ||||
Páxina web | uml.lodz.pl | ||||
Łódź[1][2] é unha cidade polaca situada no centro do país, a 121 km ó suroeste da capital. Trátase da terceira cidade máis poboada de Polonia, con 742 400 habitantes segundo un informe do ano 2018, despois de Varsovia e Cracovia.
O escudo da cidade representa unha barca, que lle dá nome á cidade, tradución literal do polaco «Łozd».
A súa historia está estreitamente relacionada co desenvolvemento da industria téxtil.
Moitos dos seus habitantes fixeron grandes fortunas na produción de teas e no comercio, co que contribuíron ó desenvolvemento da cidade. Actualmente conta cunha ruta turística que mostra algúns dos sitios históricos que se asocian coa orixe industrial de Lodz.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Historia
[editar | editar a fonte]Lodz foi un pequeno asentamento que apareceu por primeira vez en rexistros escritos arredor de 1332, nun documento no que se facía entrega da vila de Łodzia ós bispos de Włocławek.
En 1423 concedéuselle o título de cidade. Dende entón e ata o século XVIII foi un pequeno asentamento, propiedade de bispos e clérigos kuyavianos, situado nunha ruta comercial entre Mazovia e Silesia. Por aquel entón a maioría da poboación era agricultora.
En 1793, como resultado da segunda partición de Polonia, Lodz foi anexionado por Prusia, e tomou o nome pruso de Lodsch. En 1806 uniuse ó Gran Ducado de Varsovia, creado por Napoleón I co fin de restablecer o estado polaco e nove anos máis tarde, en 1815, pasou a formar parte de Rusia.
Cara a 1820 xurdiu un movemento por parte dun ilustre polaco, Stanisław Staszic, que rematou por converter Lodz no principal centro de produción téxtil de todo o imperio ruso. A cidade pasou a ser coñecida como Terra Prometida por inmigrantes de todas as partes de Europa. Polacos, xermanos e xudeus foron os tres pobos que máis contribuíron ó desenvolvemento da cidade.
En 1850 a abolición dos aranceis nas aduanas entre Rusia e Polonia deu lugar a un importante crecemento industrial en Lodz, de maneira que se converteu na segunda cidade máis grande de Polonia. Pero o desenvolvemento industrial máis grande da historia da cidade produciuse no período entre 1870 e 1890, grazas á inauguración do ferrocarril que comunicaría a cidade con Varsovia e Viena.
Lodz converteuse nun dos centros do movemento socialista e, a pesar da crise precedente á Primeira Guerra Mundial, medrou constantemente ata 1914 e chegou a ser unha das cidades industriais máis poboadas do mundo.
Durante a primeira parte da Primeira Guerra Mundial estivo baixo dominio alemán.
En 1918, co remate da guerra, Lodz perdera case o 40 por cento da súa poboación debido ó recrutamento de tropas, ás epidemias e á emigración.
Nos anos posteriores á Primeira Guerra Mundial, Lodz viuse somerxida nunha gran depresión, debido á guerra de aduanas con Alemaña, que rematou co comercio téxtil e cos mercados do oeste, e á Revolución Rusa e á guerra civil rusa, que tamén remataron co comercio dos territorios do leste. Todo isto desencadeou nunha morea de disturbios e protestas dos traballadores.
Na época da preguerra, os xudeus de Lodz formaban a segunda maior comunidade de xudeus, despois de Varsovia en Polonia. As tropas alemás ocuparon a cidade unha semana despois de que Alemaña invadise Polonia, o 1 de setembro de 1939.
Durante os comezos da guerra, as forzas polacas de Lodz defenderon a cidade contra os primeiros ataques, pero en balde. Lodz anexionouse a Alemaña, converténdose en parte do Reich. Os alemáns mudáronlle o nome polo de Litzmann, en honra ó xeneral alemán Karl Litzmann, quen conquistara a cidade durante a Primeira Guerra Mundial.
A comezos de febreiro de 1940 os alemáns crearon un gueto na zona nordeste de Lodz. Preto de 160 000 xudeus, máis dun terzo da poboación da cidade, foron recluídos nunha pequena área. Os alemáns illaron o gueto do resto de Lodz. Unidades especiais da policía vixiaban o perímetro no que se atopaba. Baixo a ocupación alemá, converteuse nun importante centro de produción; creáronse fábricas no propio gueto e empregáronse os residentes xudeus para realizar traballos forzados; chegaron a xuntarse ata 100 fábricas dentro del, das cales as principais producían téxtiles, especialmente uniformes para o exército alemán.
Mordechai Chaim Rumkowski, presidente do Consello Xudeu do gueto de Lodz, quixo evitar a destrución do gueto facéndoo o máis produtivo posible. As condicións de vida dentro del eran precarias e miserables; moitos dos seus barrios non contaban con auga nin luz, os traballos eran forzados e a fame ameazaba os seus residentes.
Debido á súa gran produtividade conseguiu sobrevivir ata agosto de 1944, cando os alemáns deportaron os sobreviventes ó campo de exterminio de Auschwitz.
Nas proximidades da cidade xurdiron diversos campos de concentración e campos de exterminio, como a prisión Radogoszcz, e varios campos menores para etnias xitanas e nenos polacos.
Despois da guerra, Lodz tiña menos de 300 000 habitantes, pola contra, o número comezou a medrar grazas á inmigración dende Varsovia e dende outros puntos anexionados pola Unión Soviética.
Baixo o réxime comunista polaco, moitos dos industriais perderon a súas fortunas cando as autoridades nacionalizaron todas as compañías privadas. Con isto, Lodz converteuse de novo nun importante centro industrial. Pero tras o período de transición económica sufrida por Polonia durante a década dos 90, a maioría das empresas privatizáronse de novo.
Nese mesmo intre, outro problema eran as cuestións residenciais. A maioría das vivendas construíronse no século XIX e atopábanse en pésimo estado debido a que o proxecto de renovación foi abandonado despois da Segunda Guerra Mundial.
Na actualidade a alcaldía de Lodz pretende reavivar as antigas zonas industriais, creando desta maneira o Novo Centro da Cidade.
Dende o ano 2010, cando arrincou a iniciativa, realizáronse varios proxectos de renovación urbana, como, por exemplo, a estación de tren Łódź Fabryczna.
Cultura
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Cidades irmás
[editar | editar a fonte]Economía
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Medios de comunicación
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Deporte
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Política e goberno
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Łódź". Diccionario enciclopédico galego universal 38. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 104. ISBN 84-7680-429-6.. Igualmente: "Łódź" no mapa de Polonia do v. 49. p. 123.
- ↑ "Łódź". Enciclopedia Galega Universal 11. Ir Indo. 1999-2002. p. 234. ISBN 84-7680-288-9.. Igualmente: "Łódź" no mapa de Polonia do v. 14. p. 26.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Łódź |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Lódź". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1244. ISBN 978-84-8288-942-9. Porén: "Lódz" no mapa de Polonia do v. 3. p. 1661.
- Santa María, I. e Massó, N. (2009). "Lódz". Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. p. 143 C3. ISBN 978-84-8289-328-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- https://uml.lodz.pl/ Arquivado 03 de setembro de 2021 en Wayback Machine.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |