Saltar ao contido

Italo Calvino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaItalo Calvino

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Italo Giovanni Calvino Mameli Editar o valor en Wikidata
15 de outubro de 1923 Editar o valor en Wikidata
Santiago de las Vegas, Cuba Editar o valor en Wikidata
Morte19 de setembro de 1985 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Siena, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetraumatic intracranial hemorrhage (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaRoma (1980–1985)
París (1967–1980)
A Habana (1964–1964)
Roma (1964–1967)
Turín (1960–1964)
Nova York (1959–1960)
Turín (1945–1959)
Florencia (1943–1943)
Sanremo (pt) Traducir (1943–1945)
Turín (1941–1943)
Sanremo (pt) Traducir (1925–1941)
Santiago de las Vegas (1923–1925) Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Turín
Universidade de Florencia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoItalian literature (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Sanremo (pt) Traducir
Roma
Turín Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, novelista, ensaísta, xornalista, guionista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1947 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Interesado enLudovico Ariosto Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeEsther Judith Singer Editar o valor en Wikidata
PaisMario Calvino Editar o valor en Wikidata  e Eva Mameli Editar o valor en Wikidata
IrmánsFloriano Calvino Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Кальвино Итало)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webitalocalvino.org Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0130902 Allmovie: p316375
BNE: XX1165868 Bitraga: 113 Dialnet: 75579 Musicbrainz: 2cdbfbb2-7d5a-4df1-88a4-c290c944f275 Discogs: 905404 WikiTree: Calvino-1 Find a Grave: 10200730 Editar o valor en Wikidata

Italo Calvino, nado en Santiago de las Vegas (Cuba) o 15 de outubro de 1923 e finado en Siena o 19 de setembro de 1985, foi un escritor italiano.

Os seus traballos máis coñecidos son a triloxía I nostri antenatti ("Os nosos devanceiros", 1952-1959), a colección de relatos curtos Le cosmicomiche (1965), e as novelas Le città invisibili ("As cidades invisibles", 1972) e Se una notte d'inverno un viaggiatore ("Se nunha noite de inverno un viaxeiro", 1979). De estilo difícil de clasificar, as súas obras ás veces fan lembrar os contos de fadas (Cosmicomiche), e outras son máis realistas (Amores difíciles). Algunhas das súas novelas foron clasificadas como posmodernas, outras como exemplos do realismo máxico e outras como realistas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Italo Calvino foi fillo dos botánicos Mario Calvino, de orixe lígur, e Evelina Mameli, de Sardeña, e irmán de Floriano Calvino, famoso xeólogo. Os pais eran membros da igrexa valdense, de credo protestante. Nado en Cuba, a familia retornou en 1925 a Italia, onde Calvino pasou case toda a súa vida. Viviu en Sanremo, na Riviera italiana.

Italo Calvino (á dereita) nunha entrevista na RAI con Luigi Silori en 1958.

Calvino recibiu unha educación laica e antifascista. Aínda así, ingresou nos Avangardistas, unha formación xuvenil fascista á cal a pertenza era case obrigatoria e coa cal tomou parte na ocupación italiana da Riviera francesa. En 1941 marchou a Turín, unha cidade que escolleu, despois de moitas dúbidas, no canto de Milán e que describiu como "seria, pero triste". Tivo que interrompe-los estudos de agronomía por causa da segunda guerra mundial. En 1943 foi recrutado pola República de Salo, mais fuxiu e uniuse aos partisanos da resistencia italiana, na brigada Garibaldi co alcume de Santiago. En 1945 entrou no Partido comunista Italiano. De novo en Turín, onde colaborou nalgúns xornais, comezou os estudos de Letras, que acabou con éxito presentando un estudo sobre Joseph Conrad.

En 1947, despois de se graduar, comezou a traballar para o xornal do Partido Comunista L'Unità. A curta relación coa editorial Einaudi permitiulle coñecer a Norberto Bobbio, Natalia Ginzburg, Cesare Pavese e Elio Vittorini. Con Vittorini escribiu para o semanario cultural Il Politecnico. Abandonou Einaudi para traballar en exclusiva en L'Unità e na revista comunista Rinascita. En 1947 publicou a súa primeira novela, O carreiro dos niños de araña, que evoca a súa época de partisano e que tivo certo éxito, e en 1949 saíu do prelo O corvo vén o último. Estas dúas obras, dentro dunha atmosfera neorrealista, teñen un estilo, sobre todo a primeira, que as achega á fábula.

Volveu traballar para a editorial Einaudi desde 1950 como responsable literario. O ano seguinte visitou a Unión Soviética. As reportaxes e as cartas que escribiu durante a visita, que foron recollidas anos máis tarde en libro, recibiron algúns premios literarios. En 1952 Calvino escribiu con Giorgio Bassani para Botteghe Oscure, unha revista que sacou o seu nome das oficinas principais do Partido comunista, e traballou para Il Contemporaneo, un semanario marxista. Ese ano, seguindo os consellos do seu editor, deixou o estilo neorrealista e seguiu a súa tendencia polo conto fantástico. Escribiu O vizconde demediado que c'O barón rampante e O cabaleiro inexistente formaron a famosa triloxía Os nosos devanceiros, visión alegórica da vida humana moderna. Entre 1950 e 1956 comezou a recompilación e a tradución dos Contos populares italianos a partir do folclore do século XIX.

En 1953 deixou de socato o Partido comunista, do cal se afastou aínda máis despois da invasión de Hungría polas tropas soviéticas. Comezou a publicar artigos nas revistas Passato e Presente e Italia Domani. Foi editor con Vittorini de Il Menabò di letteratura.

Malia as restricións impostas aos estranxeiros de ideoloxía comunista, visitou os Estados Unidos invitado pola Ford Foundation, onde estivo seis meses, catro deles en Nova York. Alí coñeceu a Esther Judith Singer, con quen casou en 1964 na Habana, nunha viaxe en que se entrevistou con Ernesto "Che" Guevara. O ano seguinte tivo unha filla. De volta en Italia comezou a publicar os Cosmicomiche na revista literaria Il caffè.

A morte de Vittorini en 1966 causou en Calvino o que foi definido como "depresión intelectual", que o escritor consideraba unha época fundamental da súa vida: "...Acabei de ser novo. Se cadra é un proceso metabólico, algo que pasa coa idade. Fun novo moito tempo, tempo de máis, se cadra, de repente sentín que comezaba a miña vellez, si, a vellez, se cadra coa esperanza de facela durar empezándoa cedo". Entón comezou a frecuentar París, onde o alcumaron O irónico divertido, e onde se uniu a grupos culturais como Oulipo, acrónimo de Ouvroir de littérature potentielle (Obradoiro de literatura potencial), e coñeceu a Roland Barthes e Claude Lévi-Strauss, dentro da atmosfera que deu lugar ao maio de 1968. Nesta época foi atraído pola obra de Raymond Queneau, que influíu nos seus traballos posteriores.

Os seus contactos co mundo académico reforzáronse con experiencias na Sorbona e na universidade de Urbino. Interesouse polos estudos clásicos e asemade escribiu relatos para a edición italiana da revista erótica Playboy. Comezou a traballar para o xornal Corriere della Sera.

En 1975 foi nomeado membro honorario da American Academy e o ano seguinte gañou o Premio austríaco de literatura europea. Visitou o Xapón e México. En 1981 recibiu a Lexión de Honra francesa.

En 6 de setembro de 1985 ingresou no hospital de Santa Maria della Scala en Siena, onde morreu na noite do 18 ao 19 dunha hemorraxia cerebral. Estaba a preparar para a Universidade Harvard as Leccións americanas, que apareceron postumamente.

  • Il sentiero dei nidi di ragno, ("O carreiro dos niños de araña", 1947).
  • Ultimo viene il corvo (1949).
  • I giovani del Po ("Os rapaces do Po", 1951).
  • O vizconde demediado (1951).
  • La formica Argentina, ("A formiga arxentina", 1952).
  • L'entrata in guerra ("A entrada en guerra"), 1954).
  • Fiabe Italiane ("Contos italianos", 1956; revisión de contos tradicionais italianos).
  • La panchina (1956, libreto para a ópera de Sergio Liberovici).
  • La nuvola di smog ("A nube de smog", 1958).
  • I racconti ("Os relatos", 1958).
  • O barón rampante (1957).
  • O cabaleiro inexistente (1959).
  • Marcovaldo (1963).
  • La giornata di uno scrutatore ("A xornada dun espreitador", 1963).
  • La speculazione edilizia (1963).
  • Cosmicomiche, (1965).
  • Ti con zero ("T con zero", 1967).
  • Gli amori difficili ("Os amores difíciles", 1970; relatos das décadas dos 40 e 50).
  • Le città invisibili ("As cidades invisibles", 1972).
  • Il castello dei destini incrociati ("O castelo dos destinos cruzados", 1973).
  • Il nome, il naso ("O nome, o nariz", 1973).
  • Autobiografia di uno spettatore ("Autobiografía dun espectador", 1974).
  • La corsa delle giraffe ("A carreira das xirafas", 1975).
  • Se una notte d'inverno un viaggiatore ("Se nunha noite de inverno un viaxeiro", 1979).
  • La vera storia (1982, libreto para a ópera de Luciano Berio)
  • Palomar (1983).
  • Racconti Fantastici Dell'Ottocento ("Contos fantástcos do Oitocentos", 1983).
  • Science et métaphore chez Galileo Galilei ("Ciencia e metáfora en Galileo Galilei", 1983; lecturas na École des Hautes Études de la Sorbonne).
  • Collezione di sabbia (1984, ensaios).
  • Sotto il sole giaguaro ("Baixo o sol do xaguar", 1988; contos).
  • Lezioni americane ("Leccións americanas", 1988; lecturas).
  • La strada di San Giovanni ("A estrada de San Giovanni", 1990; narracións autobiográficas).
  • Perché Leggere i Classici ("Por que ler os clásicos?", 1991; ensaios).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]