Saltar ao contido

Calado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marcas de calado na proa do casco dun navío.

O calado dun corpo é a diferenza entre a súa parte máis somerxida e o nivel que acada a auga no corpo, polo tanto pódese definir como a altura dun corpo somerxida nun líquido, xeralmente aplicado a barcos, bateas, boias e demais obxectos marítimos ou fluviais na auga.

Este calado dependerá da densidade do líquido, da superficie na que o corpo toca co líquido e da densidade do corpo principalmente. Por estas razóns mentres que un petroleiro, por exemplo, leva varios metros de barco afundidos, unha lancha planeadora apenas leva uns centímetros.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: francobordo.

Os barcos adoitan levar escalas métricas (con números, cada separación son 10 cm) ou en sistema inglés (en letras, cada unha é un pé) de unidades nos costados de proa e popa. Nas cales é posíbel visualizar o nivel ao que está a embarcación e detectar algún tipo de problema ou diferenzas de calados (trimado).

Tamén falamos de calado ao referirnos á diferenza entre o leito fluvial ou mariño e a superficie da auga, e xeralmente mídese con baixamar para coñecer o calado máximo dos corpos que poden pasar por esa ruta. Polo tanto o calado inflúe moito no desenvolvemento dos portos, xa que a maior calado maiores serán os barcos que poidan entrar e polo tanto máis florecente será a industria dese porto.