Saltar ao contido

Código dos Canons das Igrexas Orientais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Código dos Canons das Igrexas Orientais (en latín: Codex Canonum Ecclesiarum Orientalium, abreviado como CCEO nos documentos eclesiásticas) é o conxunto organizado de leis e normas que rexen para as Igrexas católicas orientais. Foi promulgado polo papa Xoán Paulo II o 18 de outubro de 1990, con aplicación dende o 1 de outubro de 1991.

Ao mesmo tempo que notábase a necesidade dunha colección da lexislación eclesiástica na Igrexa Latina, comezouse tamén a ver a necesidade dun traballo similar para a lexislación vencellada á liturxia e discilina nas igrexas orientais. O patriarca melquita, Gregorio II Yusif solicitou, con motivo da celebración do Concilio Vaticano I, unha revisión do dereito en vigor para esas igrexas, pero non foi posible facer isto pola oposición existente á realización dun código separado daquel da Igrexa Latina. Entón as diferentes igrexas orientais comezaron a organizar as súas propias coleccións: a Igrexa Greco-Católica Romanesa (dende 1872 a 1900), a Igrexa Católica Siria (1888), a Igrexa Católica Bizantina Rutena (1891), a Igrexa Católica Copta (1898) e a Igrexa Católica Armenia (1911).

Dende 1926, logo do pulo dado anteriormente por Bieito XV coa creación da Congregación para as Igrexas Orientais, retomouse a idea e se solicitou ao papa Pío XI a súa realización. El, en 1929, formou un consello para a elaboración de dito código. O mesmo ano o consello foi elevado a "comisión cardenalicia", a Commissio cardinalitia pro studiis praeparatoriis Codificationis Orientalis cun grupo de expertos e consultores. En 1935 mudou o seu nome polo de Pontificia Commissio ad Redigendum Codicem Iuris Canonici Orientalis. Pío XI quen opúxose con firmeza á idea de unificar as normas legais e deixar só a parte litúrxica distinta nas Igrexas orientais, malia desexar os membros da comisión empregar como base o Código de Dereito Canónico de 1917.

A finais da segunda guerra mundial a comisión completara un esquema con 2.666 canons, dos que 1.590 foron promulgados até 1957. Porén, a celebración do Concilio Vaticano II paralizou os traballos. O problema de manter un só código para toda a Igrexa Católica xurdiu novamente e durou até 1972, cando o papa Paulo VI formou unha nova comisión, a Pontificia Commissio C.I.C. Orientali recognoscendo. Esta comisión foi elaborando as diversas partes do código, someténdoas á revisión das mesmas igrexas e das universidades pontificias. Os traballos prolongáronse até 1988, cando a comisión entregou o texto que consideraba definitivo ao papa Xoán Paulo II, quen o aprobou e promulgou en 1990.

Deselvolvementos posteriores

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Edward Farrugia (ed), Diccionario enciclopédico del Oriente cristiano, Ediciones Monte Carmelo, Burgos 2007, ISBN 978-84-8353-087-0

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]