Oso
- Véxase tamén: Orbiting Solar Observatory.
Úrsidos Ursidae Osos Rango fósil: eoceno - actualidade | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Oso pardo, Ursus arctos | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||||||
A dos úrsidos[2] (Ursidae) é unha familia de mamíferos da orde dos carnívoros que inclúe animais de grandes dimensións coñecidos como osos,[3] incluíndo o oso panda.[4]
Aspecto
[editar | editar a fonte]Todos os osos teñen en común a pelaxe densa que pode ser de distintas cores segundo o oso, un rabo curto e un bo sentido do olfacto e do ouvido. Son animais corpulentos, aínda que isto depende, en último grao, da dieta de cada animal, e mesmo son quen de alzarse en pé sobre as patas posteriores. Posúen un fociño longo e orellas arredondadas.
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Hábitat
[editar | editar a fonte]O osos adáptase a unha gran variedade de ambientes, desde os trópicos ao Ártico, e da selva até a banquisa. Normalmente son animais moi solitarios e non permanecen uns con outros máis que períodos moi curtos. Certas especies, como o oso polar (Ursus maritimus) e o oso pardo (Ursus arctos), poden ser perigosos para os humanos. Defenden, en especial, os seus territorios e tocos.
Comportamento
[editar | editar a fonte]Nas rexións temperadas e frías os osos pasan o período invernal nun estado de sono profundo e prolongado, que vén sendo denominado, erradamente, como estadio de letargo, e que é mais apropiado denominar como período de repouso invernal,[5] portque, de feito, aínda que o seu organismo non consome alimento nin auga, o certo é que durante este tempo a súa temperatura corpórea non baixa moito, e as súas funcións fisiolóxicas, pese a reducírense, desenvólvense consonte á regra. As femias mesmo corren o risco de parir e ter que aleitar a prole. Mais a causa deste longo estado de torpor, as crías son de dimensións moi reducidas con respecto do tamaño da nai (até un 1/600 menores), aforrando así gastos elevados de enerxía, ora no parto, ora no aleitamento.
Alimentación
[editar | editar a fonte]Son omnívoros, aínda que algúns posúen unha dieta baseada só en carne, como ocorre co oso polar. Comen tamén liques, raíces e bagas. Son capaces de capturar peixes en cursos de auga. Cazan, especialmente, na tarde e na alba, salvo que haxa seres humanos na contorna.
Reprodución
[editar | editar a fonte]A época de reprodución dos osos é moi breve. Reprodúcense de maneira estacional, polo común logo do período de hibernación. As crías nacen desdentados, cegos e pelóns. O habitual son camadas de 1 a 3 crías, que permanecerán coa nai durante uns seis meses. Primeiro alimentados co leite materno; logo de tres meses comezarán a cazar en compaña da nai. Despois xa son xebrados, mais ficarán aínda nas mesmas paraxes durante tres anos. Ao cabo duns sete anos xa atinxen a madurez sexual.
Teñen unha esperanza de vida de entre 25 a 40 anos, segundo as especies.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Familia Ursidae
- Subfamilia Ailuropodinae
- Xénero Ailuropoda
- Ailuropoda melanoleuca – Oso panda ou panda xigante
- Xénero Ailuropoda
- Subfamilia Ursinae
- Subfamilia Tremarctinae
- Xénero Tremarctos
- Xénero Ursus
- Ursus americanus
- Ursus arctos – Oso pardo
- Ursus maritimus – Oso polar
- Ursus thibetanus - Oso tibetano
Relacións filoxenéticas
[editar | editar a fonte]Os úrsidos son unha familia de evolución tardía, e comparten cos cánidos un antepasado común. Comparten trazos cos prociónidos (mapaches), os otaríidos (leóns mariños) e os odobénidos (morsas).
O mapaches e os osos diverxeron hai ao redor de 30 Ma. Tremarctos ornatus (o oso de anteollos) separarouse dos outros osos hai uns 3 Ma. As seis especies distintas de osos apareceron hai uns 6 Ma. O rexistros fósiles e as análises de ADN permitiron demostrar que o oso polar e o oso pardo se separaron hai tan só uns 200 000 anos.
Unha clasificación controvertida
[editar | editar a fonte]Houbo numerosos debates sobre a posición filoxenética dos pandas (o maior e o menor) e os mapaches, desde situalos a todos na familia dos prociónidos, até situar o xénero Ailuropoda nunha familia propia, a dos ailuropódidos.[6] Porén, recentes análises xenéticas mostran que o panda xigante é un parente moi próximo dos osos, polo que a mairoía dos autores o sitúan dentro da familia dos úrsidos como único representante actual da subfamilia dos ailuropodinos,[7] mentres que a clasificación do panda menor (Ailurus fulgens) aínda se discute.
Distribución xeográfica
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ursidae Fischer de Waldheim, 1817 no SIIT.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para úrsidos.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para oso.
- ↑ "oso panda no dicionario da RAG.". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 09 de novembro de 2013.
- ↑ Díaz d'a Silva e Cartelle (2007), p. 90.
- ↑ Ailuropodoidae en The Free Dictyonary.
- ↑ Ailuropodinae Arquivado 10 de novembro de 2013 en Wayback Machine. en Paleobiology Database.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Oso |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Oso |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Díaz d'a Silva e Carrtelle, Y. (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96883-20-7.
- Kowalski, K. (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Mariland, USA: Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 0-8018-8221-4.