Saltar ao contido

Ofeq

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ofeq 3.

Ofeq foi unha serie de satélites artificiais para demostracións tecnolóxicas e de recoñecemento de Israel.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Os satélites Ofeq son satélites de demostración tecnolóxica e de recoñecemento de Israel. Os dous primeiros foron os primeiros satéites enviados ao espazo por Israel como satélites de proba. As seguintes unidades adicáronse a recoñecemento óptico e electrónico.[1]

Ofeq 1 e 2

[editar | editar a fonte]

Ofeq 1, denominado orixinalmente Oz 1, foi lanzado o 19 de setembro de 1988 desde a base Palmachim da Forza Aérea en Israel e converteu ao país na oitava nación en lograr poñer un satélite en órbita polos seus propios medios. O satélite estabilizábase mediante xiro e tiña forma de prisma octogonal irregular alimentado por células solares que recubrían a súa superficie. Debido a restriccións xeográficas o satélite foi enviado a unha órbita retrógrada. Reentrou na atmosfera terrestre o 14 de xaneiro de 1989. Ofeq 2 era similar a Ofeq 1 e foi lanzado o 3 de abril de 1990, reentrando na atmosfera o 9 de xullo de 1990. Ambos satélites tiñan unha masa de cerca de 160 kg e foron lanzados con foguetes nativos Shavit.[2]

Ofeq 3 e 4

[editar | editar a fonte]

Ofeq 3 e 4 formaron a primeira xeración de satélites espía israelís. Foron lanzados respectivamente o 5 de abril de 1995 e o 23 de xaneiro de 1998, con este último non chegando a órbita por problemas no seu foguete. Foron deseñados para obter información dos países veciños de Israel e ao igual que Ofeq 1 e 2 foron lanzados a órbitas retrógradas. A súa masa rondaba os 190 kg.[3]

Ofeq 5, 6, 7 e 9

[editar | editar a fonte]

Ofeq 5, 6, 7 e 9 formaron a segunda xeración de satélites espía de Israel. Eran versións melloradas dos Ofeq 3 e 4 e tamén estaban adicados a recompilar información da contorna de Israel. Foron lanzados entre 2002 e 2010, con Ofeq 6 non chegando a órbita por problemas co seu lanzador Shavit.[4]

Ofeq 8 e 10

[editar | editar a fonte]

Ofeq 8 e 10, tamén denominados TECSAR 1 e TECSAR 2, foron os primeiros satélites de recoñecemento israelís en usar radar de apertura sintética. Ofeq 8 foi lanzado o 21 de xaneiro de 2008 a bordo dun foguete indio PSLV-CA e Ofeq 9 foi enviado ao espazo o 9 de abril de 2014 a bordo dun Shavit 2.[5]

Ofeq 11 e 16

[editar | editar a fonte]

Ofeq 11 e 16 son unha serie mellorada de satélites de recoñecemento óptico israelís baseados no bus OPSAT-3000, derivado dos satélites TECSAR (Ofeq 8 e 10). Ofeq 11 foi posto en órbita o 13 de setembro de 2016 mentres que Ofeq 16 o foi o 6 de xullo de 2020. Ambos usaron foguetes Shavit 2.[6]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1][2][3][4][5][6] Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6] Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6] Notas[1][2][3][4][5][6]
Ofeq 1 19 de setembro de 1988 Shavit Éxito
Ofeq 2 3 de abril de 1990 Shavit Éxito
Ofeq 3 5 de abril de 1995 Shavit Éxito
Ofeq 4 23 de xaneiro de 1998 Shavit Fallo
Ofeq 5 28 de maio de 2002 Shavit 1 Éxito
Ofeq 6 6 de setembro de 2004 Shavit 1 Fallo
Ofeq 7 10 de xuño de 2007 Shavit 2 Éxito
Ofeq 8 21 de xaneiro de 2008 PSLV-CA Éxito
Ofeq 9 22 de xuño de 2010 Shavit 2 Éxito
Ofeq 10 9 de abril de 2014 Shavit 2 Éxito
Ofeq 11 13 de setembro de 2016 Shavit 2 Éxito
Ofeq 16 6 de xullo de 2020 Shavit 2 Éxito
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Mark Wade (2020). "Ofeq" (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Ofeq 1, 2 (Oz 1, 2)" (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Ofeq 3, 4" (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Ofeq 5, 6, 7, 9" (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Ofeq 8, 10 (TECSAR 1, 2 / TechSAR 1, 2)" (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Ofeq 11" (en inglés). Consultado o 15 de novembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]