Saltar ao contido

Zoelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa das tribos ástures.

Os zoelas[1] eran unha antiga tribo celta de Gallaecia, un pobo ástur que viviu no norte do actual Portugal, na rexión de Tras os Montes, e na fronteira con Zamora, configurando un dos populi de maior extensión territorial coñecidos da Península Ibérica.[2] O seu territorio sitúase entre as montañas de Serra da Nogueira e as montañas de Mogadouro.[3] A súa principal cidade chamábase Curunda, nome que se repite na onomástica da provincia de Zamora, en Villalazán, Curundae Balaesi.[4]

Os zoelas tamén son mencionados en altares atopares en Braganza, concretamente no castro de Avelãs. Este pobo deixou estelas funerarias decoradas con símbolos circulares, simbolizando o sol e con deseños animais como o porco e o cervo. Os zoelas son de orixe descoñecida. Moitos autores considéranos unha das etnias máis antigas da Península Ibérica.

O liño cultivado polos zoelas, foi nomeado por Plinio e chegou a ter sona en Roma.

Táboa de Astorga

[editar | editar a fonte]
Táboa dos zoelas ou Táboa de Astorga é un texto xurídico realizado sobre unha placa de bronce (32x24 cm) de forma cuadrangular e coroada por un frontón triangular en cuxo interior aparece a data consular. Atópase no Staatliche Museen de Berlín.

No Museo de Berlín consérvase a chamada Táboa de Astorga ou Táboa dos zoelas. A táboa recolle un pacto de hospitalidade de data non precisada e as súas posteriores renovacións nos anos 27 e 152 entre dous grupos tribais dos zoelas, os desoncos e os tridiavos.

  1. Definición de Zoelas no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. (en castelán) LA ORGANIZACIÓN SOCIO-POLÍTICA DE LOS POPULI DEL NOROESTE DE LA PENÍNSULA IBÉRICA - Marco V. García Quintela Arquivado 08 de abril de 2010 en Wayback Machine.
  3. Mountain, Harry (1998). The Celtic Encyclopedia, Vol. 1. Universal-Publisher. p. 1361. ISBN 9781581128895. 
  4. Alberro (1999), p. 60: "Zoelae".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]