Zoelas
Os zoelas[1] eran unha antiga tribo celta de Gallaecia, un pobo ástur que viviu no norte do actual Portugal, na rexión de Tras os Montes, e na fronteira con Zamora, configurando un dos populi de maior extensión territorial coñecidos da Península Ibérica.[2] O seu territorio sitúase entre as montañas de Serra da Nogueira e as montañas de Mogadouro.[3] A súa principal cidade chamábase Curunda, nome que se repite na onomástica da provincia de Zamora, en Villalazán, Curundae Balaesi.[4]
Os zoelas tamén son mencionados en altares atopares en Braganza, concretamente no castro de Avelãs. Este pobo deixou estelas funerarias decoradas con símbolos circulares, simbolizando o sol e con deseños animais como o porco e o cervo. Os zoelas son de orixe descoñecida. Moitos autores considéranos unha das etnias máis antigas da Península Ibérica.
O liño cultivado polos zoelas, foi nomeado por Plinio e chegou a ter sona en Roma.
Táboa de Astorga
[editar | editar a fonte]No Museo de Berlín consérvase a chamada Táboa de Astorga ou Táboa dos zoelas. A táboa recolle un pacto de hospitalidade de data non precisada e as súas posteriores renovacións nos anos 27 e 152 entre dous grupos tribais dos zoelas, os desoncos e os tridiavos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de Zoelas no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ (en castelán) LA ORGANIZACIÓN SOCIO-POLÍTICA DE LOS POPULI DEL NOROESTE DE LA PENÍNSULA IBÉRICA - Marco V. García Quintela Arquivado 08 de abril de 2010 en Wayback Machine.
- ↑ Mountain, Harry (1998). The Celtic Encyclopedia, Vol. 1. Universal-Publisher. p. 1361. ISBN 9781581128895.
- ↑ Alberro (1999), p. 60: "Zoelae".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alberro, Manuel (1999). "Los pueblos celtas del Noroeste de la Península Ibérica" (PDF). Anuario brigantino (Betanzos: Concello de Betanzos) (22): 49–70. ISSN 1130-7625.