Canoa (deporte)
A canoa[1] é un deporte ou actividade recreativa que implica vogar unha canoa cun só remo. Nalgunhas partes de Europa, a canoa como deporte refírese ao piragüismo e ao kayak ao mesmo tempo, cunha canoa denominada Canoa aberta. Algunhas persoas lles chaman "Canoas canadenses" mais Canadá non foi o único país que inventou "A Canoa".
Un modo antigo de transporte, a canoa moderna foi estabelecida no século XIX. En 1924, asociacións de canoa desde Austria, Alemaña, Dinamarca e Suecia fundaron a Internationalen Representation for Kanusport, precursora da Internacional Canoe Federation. A canoa pasou a ser parte dos Xogos Olímpicos no verán de 1936.[2][3] A forma principal de deporte competitivo era canoa sprint. Entre outras están canoa polo, canoa en augas bravas, canoa maratón, ICF canoa maratón, e playboating. Unha forma de actividade recreativa de canoa é canoa cámping.
Existen diversas asociacions de canoa en América, Canadá, Reino Unido, Escocia, e Gales.
Tipos de canoas
[editar | editar a fonte]Hai diferentes tipos de canoas:[4]
- Canoas recreativas: estas son as máis amplamente utilizadas debido ao seu peso lixeiro e á súa durabilidade. Están normalmente feitas de aluminio ou plástico. Poden atoparse na maioría de tendas deportivas, e é posible alugalas nalgúns ríos e lagos públicos.
- Canoas intermedias ou avanzadas: estas son versións melloradas das canoas recreativas, ofrecendo máis comodidade e velocidade. Estas son deseñadas para entusiastas da canoa, quen a miúdo as utiliza para a pesca ou a vista de paxaros.
- Canoas de augas bravas: estas son usadas para as augas bravas e o remo polo río abaixo. Ofrecen moita seguridade e están dotadas de bolsas flotantes para evitar que a canoa se afunda se se vai á auga accidentalmente. Teñen lados máis altos, os cales axudan a evitar que a auga se introduza á canoa. É máis fácil de virar bruscamente debido ao seu fondo plano.
- Canoas de carreira: estes son estritamente para profesionais e actividades deportivas. Poden estar feitas de Kevlar, plástico ou diferentes materiais que fan estas canoas ultra-lixeiras e fortes. Teñen un deseño diferente das outras canoas, con vigas máis estreitas e pechadas para un mellor seguimento. Estas son clasificadas en dous grupos: canoas flatwater e canoas de carreira en augas bravas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Canoa.
- ↑ "Rio 2016 Olympics: Know your sport — Canoeing". indianexpress.com. Consultado o 10 August 2016.
- ↑ "Canoe/Kayak Sprint Equipment and History". Olympic.org. International Olympic Committee. Consultado o 28 May 2016.
- ↑ "The Different Types of Canoes". paddling.about.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2016. Consultado o 10 August 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Canoa |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Canoa |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Wacław Korycki: KAJAKI złote, srebrne, brązowe. Warszawa: Sport i Turystyka, 1978, (en polaco).
- Jacek Starzyński: Jakim kajakiem. Polski Związek Kajakowy, 1998. ISBN 8390912414, (en polaco).
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Salto de trampolín
- Remo (deporte)
- Natación
- Wáter-polo
- Esquí (deporte)
- Fútbol
- Xogos Olímpicos de Inverno