Thomas Newcomen
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de febreiro de 1663 Dartmouth, Reino Unido (pt) |
Morte | 5 de agosto de 1729 (66 anos) Londres, Reino Unido |
Lugar de sepultura | Bunhill Fields (pt) |
Relixión | Baptismo |
Actividade | |
Ocupación | inventor, ironmonger (en) , mecánico |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography The Nuttall Encyclopædia >>>:Newcomen, Thomas Encyclopædia Britannica |
Thomas Newcomen , nado en Dartmouth (Devon) o 12 de febreiro de 1663 e finado o 5 de agosto de 1729, foi un ferreiro e inventor inglés. É citado con frecuencia como o "pai da revolución industrial" como o seu primeiro innovador e empresario.[1]
En 1712, co seu socio Thomas Savery, construíu unha máquina de vapor atmosférica empregada para bombear auga fóra das minas de carbón e estaño existentes na zona nativa de Newcomen, no suroeste de Inglaterra, particularmente en Cornualla. Outras máquinas foron instaladas por Newcomen en Inglaterra, o que levou á construción de máis de cen antes de que a patente expirase en 1733. O deseño foi mellorado máis tarde por James Watt.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Thomas Savery inventara e patentara en 1698 unha bomba de vapor para a drenaxe das minas. Porén, esta bomba presentaba numerosos problemas, xa que traballaba con altas presións, o que con certa frecuencia provocaba accidentes graves. Ante os problemas e dificultades que tiña o sistema, Newcomen, que traballara para Savery, pensou que podía utilizarse a forza do vapor para mover a distancia unha bomba impelente colocada no interior do pozo de drenaxe da mina. A máquina de Newcomen consistía nun balancín, cun dos extremos unido a unha barra ríxida contrapesada que descendía polo pozo de drenaxa ata a bomba mecánica colocada no seu interior. A máquina de Newcomen e as melloras introducidas por Smeaton constituíron o primeiro gran paso da revolución industrial.
Pouco se coñece da vida posterior de Newcomen. A partir de 1715 os asuntos relacionados co motor eran levados por unha compañía, Proprietors of the Invention for Raising Water by Fire. O seu secretario e tesoureiro era John Meres, empregado da Society of Apothecaries de Londres. A sociedade formou unha compañía que tiña o monopolio do abastecemento de menciñas á armada achegando un vínculo próximo con Savery, do que foi testemuña do testamento. O comité da compañía incluía tamén a Edward Wallin, baptista de ascendencia sueca, e o pastor dunha igrexa de Maze Pond, Southwark.
Newcomen faleceu na casa de Wallin en 1729 e foi enterrado en Bunhill Fields, nos arredores da cidade de Londres. O lugar exacto da súa tumba é descoñecido.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Thomas Newcomen" (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Thomas Newcomen |
A Galipedia ten un portal sobre: Reino Unido |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Jenkins, Rhys (1936). Savery, Newcomen and the Early History of the Steam Engine in The Collected Papers of Rhys Jenkins. Cambridge: Newcomen Society. pp. 48–93.
- Rolt, Lionel Thomas Caswell (1963). Thomas Newcomen. The Prehistory of the Steam Engine (1 ed.). Dawlish: David & Charles. p. 158.
- Preston, Eric (2012). Thomas Newcomen of Dartmouth and the Engine that Changed the World. Dartmouth: Dartmouth and Kingswear Society and Dartmouth History Research Group. p. 60. ISBN 1-899011-27-7.
- Rolt, Lionel Thomas Caswell; Allen, John S. (1977). The Steam Engines of Thomas Newcomen (2 ed.). Hartington: Moorland Publishing Company. p. 160. ISBN 0-903485-42-7.
- Kanefsky, John; Robey, John (1980). "Steam Engines in 18th-Century Britain: A Quantitative Assessment". Technology and Culture (Baltimore: The Johns Hopkins University Press) 21 (2): 161–186. JSTOR 3103337. doi:10.2307/3103337.
- Musson, A. E.; Robinson, Eric (1969). Science and Technology in the Industrial Revolution. Manchester: Manchester University Press. pp. 393 (Chpt. XII). ISBN 0-7190-0370-9.
- Lee, Sidney, ed. (1903). Dictionary of National Biography: Index and Epitome. Smith, Elder & Co.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Newcomen, Thomas". Dictionary of National Biography (en inglés). Londres: Smith, Elder & Co. 1885–1900. OCLC 2763972..