Saltar ao contido

Lev Iashin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLev Iashin

(1966) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Лев Иванович Яшин Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de outubro de 1929 Editar o valor en Wikidata
Moscova (Unión Soviética) Editar o valor en Wikidata
Morte20 de marzo de 1990 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Moscova (Unión Soviética) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de estómago Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaVagankovo Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo ruso Editar o valor en Wikidata
EducaciónRussian State University of Physical Education, Sport, Youth and Tourism (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura189 cm Editar o valor en Wikidata
Peso82 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, xogador de hóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1949 Editar o valor en Wikidata - 1971 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética (1959–) Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaUnión Soviética Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol
hóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
HC Dynamo Moscova
1950–1970 FC Dinamo Moscova 326(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1954–1970   Selección de fútbol da Unión Soviética 78(0)
Participou en
1970Mundial de Fútbol México 1970
xullo de 1966Mundial de Fútbol Inglaterra 1966
xuño de 1964Eurocopa de Fútbol España 1964
1962Mundial de Fútbol Chile 1962
xullo de 1960Eurocopa de Fútbol Francia 1960
xuño de 1958Mundial de Fútbol Suecia 1958
1956Xogos Olímpicos de 1956 Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Яшин Лев Иванович)
Enciclopedia soviética armenia
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
FIFA: 174638 UEFA: 35559 WikiTree: Yashin-2 Find a Grave: 30946638 Editar o valor en Wikidata

Lev Ivanovich Iashin (en ruso: Лев Иванович Яшин), nado o 22 de outubro de 1929 e finado o 20 de marzo de 1990, foi un porteiro soviético de fútbol, considerado por moitos o mellor porteiro da historia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Moscova (URSS) o 22 de outubro de 1929, toda a súa carreira transcorreu no Dinamo de Moscova, chegando a xogar 22 temporadas, entre os anos 1948 e 1970. Así mesmo foi titular indiscutible na selección nacional da Unión Soviética entre os anos 1954 e 1967 xogando 78 encontros.

Comezou sendo porteiro de hóckey sobre xeo no equipo da fábrica de ferramentas na que traballaba, pero aos 17 anos debeu substituír o porteiro do equipo de fútbol, dando alí os seus primeiros pasos neste deporte. En 1949 ingresou no Dínamo de Moscova equipo fundado no exército soviético, club no que desenvolveu toda a súa carreira, gañando cinco Ligas rusas e tres Copas.

Nos seus inicios no Dinamo estaba como terceiro porteiro, polo que ante a falta de oportunidades xogaba tamén no equipo de hóckey sobre xeo do Dinamo, co que gañou a Copa da URSS de 1953.

Entre o seu palmarés destacan os títulos de liga co Dínamo nos anos 1954, 1955, 1957, 1959 e 1963, e de copa en 1953, 1967 e 1970. A nivel internacional, logrou coa URSS a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1956 e a Eurocopa de 1960.

Retirouse no ano 1971, nun partido entre o Dínamo de Moscova e un equipo de estrelas europeas.

Durante a súa carreira foi quen de deter 150 penaltis, e a súa porta permaneceu 270 partidos a cero.

Morreu en marzo de 1990, á idade de 60 anos.

Trátase do porteiro por excelencia. Foi coñecido como a "araña negra" pola súa indumentaria e pola súa calidade. Excepcional en tódalas facetas do xogo, cuns asombrosos reflexos, magnífica colocación e poderosas saídas. Iashin é o único porteiro que gañou un Balón de Ouro (1963).

Club País Ano
FC Dinamo Moscova Unión Soviética 19491971

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]