Areas betuminosas do Athabasca
As areas bituminosas de Athabasca son un inmenso depósito de areas e arxilas impregnadas de betún, unha forma semisólida de cru máis pesado e de menor valor comercial.
Situación
[editar | editar a fonte]Situado no nordeste da provincia de Alberta, principalmente na rexión de Fort McMurray,[1] é o segundo xacemento de areais bituminosas máis grande do mundo, só superado polo cinto petrolífero do Orinoco en Venezuela. O nome do depósito fai referencia ao río Athabasca, que atravesa a rexión. O betún alí atopado xa era empregado polos pobos autóctonos cree e dené para impermeabilizar as súas canoas.
Xeoloxía
[editar | editar a fonte]O volume calculado de petróleo contido nestas areas, extraídas por grandes escavadoras, é da orde de 1,7 billóns de barrís (270 mil millóns de metros cúbicos). A presenza de hidrocarburos na zona explícase pola migración a través de profundas fallas xeolóxicas que chegan ao interior da terra (manto ). Os hidrocarburos aloxáronse en depósitos areosos situados a poucas profundidades (ou incluso semi-expostos), onde se producían unha intensa reelaboración por bacterias, nun ambiente máis oxidante, que facía que o aceite orixinal fose máis pesado e concentrado en metais como níquel, vanadio, cobalto, cromo, arsénico, cadmio, etc. [2]
Explotación
[editar | editar a fonte]A explotación comercial das areas petrolíferas no lugar comezou en 1967, cando a compañía Great Canadian Oil Sands (filial canadense da Sun Oil Company, con sede nos Estados Unidos, agora independente e rebautizada como Suncor Energy ) construíu a súa primeira mina. [3]
Compañías petroleiras no sitio
[editar | editar a fonte]- Suncor
- Syncrude
- Shell Canada
- MEG Energy
- CNRL
- Imperial Oil
- SinoCanada Petroleum Corp., filial da Sinopec
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "PressReader.com - Digital Newspaper & Magazine Subscriptions". www.pressreader.com. Consultado o 2022-07-04.
- ↑ "Alberta's Oil Sands 2006" (PDF). 2007. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 2008-02-27. Consultado o 17 de fevereiro de 2008.
- ↑ "Areia betuminosa - A chaga negra do Canadá". Planeta (en portugués). 2010-05-01. Consultado o 2022-07-04.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Areas betuminosas do Athabasca |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Alberta’s Oil Sands: Key Issues and Impacts Arquivado 06 de maio de 2021 en Wayback Machine.
- OnEarth Magazine » Canada's Highway to HellArquivado 12 de xullo de 2010 en Wayback Machine.
- Mud, Sweat and Tears—The Guardian, 2007
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |