Saltar ao contido

República dos Calmucos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRepública dos Calmucos
Хальмг Таңһч (xal) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoKhalmg Tanghchin chastr Editar o valor en Wikidata

EpónimoPobo calmuco Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 46°34′N 45°19′L / 46.57, 45.32
EstadoRusia Editar o valor en Wikidata
CapitalElista Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación266.770 (2024) Editar o valor en Wikidata (3,56 hab./km²)
Lingua oficiallingua rusa
Lingua calmuca Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie75.000 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación16 de maio de 1992 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Presidente da República Editar o valor en WikidataBatu Khasikov (2019–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoPeople's Khural of Kalmykia (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2RU-KL Editar o valor en Wikidata
Identificador OKTMO85000000 Editar o valor en Wikidata
Identificador OKATO85 Editar o valor en Wikidata

A República dos Calmucos[1] (en ruso: Респу́блика Калмы́кия Respublika Kalmykiya; en calmuco, Hal'mg Tanghch) é unha república federal de Rusia. Segundo o censo de 2023, a súa poboación é de 264.200.[2]

É a única rexión de Europa onde o budismo é a relixión maioritaria.[3][4] É coñecida por ser o centro internacional do xadrez xa que o seu antigo Presidente, Kirsan Ilyumzhinov, é o xefe da "Federación Internacional de Xadrez" (FIDE).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A república está situada no sur da Rusia, ao norte do Cáucaso. O río Volga pasa polo leste da rexión. Outros ríos importantes son o Yegorlyk, o Kuma e mais o Manych. O lago máis grande é o Manych-Gudilo, aínda que tamén destacan o Sarpa e o Tsagan-Khak. O cume máis alto é o Shared, situado nos outeiros de Yergeni, con 221 metros de altura.[5][6] Trátase dunha área semidesértica.[2]

Entre os seus recursos naturais, atópanse o carbón, o gas natural e o petróleo.[2][7]

A temperatura media en xaneiro é de −2.7 °C, e a de xullo é duns 26.5 °C.[2] A precipitación anual media vai dos 170 mililitros no leste da república aos 400 no oeste.

Destaca a pequena vila de Utta, o lugar máis cálido de Rusia. No 12 de xullo do 2010, durante unha vaga de calor, bateuse o récord de temperatura máxima observada no país, 45.4 °C.[8]

A república conta cos saiga, un tipo de antílope que habita a rexión protexida da Reserva Natural das Terras Negras (ruso: Chórniye zemli Черные Земли).[9][10]

  1. "Entrada calmuco en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2017. Consultado o 27 de febreiro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Russia's federal constituent entities". Federation Council of the Federal Assembly of the Russian Federation (en inglés). Consultado o 2024-03-07. 
  3. Tom Parfitt (21 de setembro de 2006). "King of Kalmykia". The Guardian. Consultado o 28 de marzo de 2001. 
  4. Beyond, Russia (fev. 28, 2018). "Conheça a Calmúquia: único local da Europa em que o budismo é dominante". Russia Beyond BR (en portugués). Consultado o 2024-03-07. 
  5. "Kalmykiya - Autonomous Republic, Russia - Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2024-03-07. 
  6. "Republic of Kalmykia » Lakes" (en inglés). Consultado o 2024-03-07. 
  7. "Republic of Kalmykia » Mineral resources" (en inglés). Consultado o 2024-03-07. 
  8. "Paula dying; Zambia records its hottest temperature in history - Category 6™". Weather Underground. Consultado o 2024-03-07. 
  9. Williams, Laura (2004). "Saga of the Saiga". National Wildlife Federation (en inglés). Consultado o 07-03-2024. 
  10. "Importance of the Chernye Zemli State Reserve for the Conservation of the Northwest Pre-Caspian Saiga Population: History and Perspectives - Central Asian Mammals Initiative". www.cms.int. Consultado o 2024-03-07. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.