Saltar ao contido

Novelda

Modelo:Xeografía políticaNovelda
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°23′10″N 0°45′55″O / 38.386111111111, -0.76527777777778
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaProvincia de Alacant
Comarca da Comunidade ValencianaVinalopó Mitjà Editar o valor en Wikidata
CapitalNovelda (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación25.771 (2023) Editar o valor en Wikidata (340,44 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie75,7 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude241 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataFrancisco Martínez (en) Traducir (2019–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal03660 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE03093 Editar o valor en Wikidata
Código ARGOS de concellos03093 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webnovelda.es Editar o valor en Wikidata

Novelda é un concello do País Valenciano situado no interior da provincia de Alacant, na comarca do Vinalopó Mitjà. Coñecida pola súa produción de uva e o comercio de especias e mármore, a localidade ten 27.008 habitantes (INE 2008).

Castelo de Mola

Xeografía

[editar | editar a fonte]

No cerro da Mola levántase o castelo que foi a orixe de Novelda, situado no corredor de ligazón que atravesa as serras subbéticas valencianas, polo que o río discorre no seu tramo medio.

O clima de Novelda é mediterráneo seco, pero as súas temperaturas ao longo de todo o ano son constantes e agradábeis. En inverno fai relativo frío, sendo a temperatura media 8 °C, pero no verán a calor tamén se mantén con temperaturas medias de 24 °C. O núcleo principal está á dereita do río Vinalopó, que atravesa o termo municipal. Ten unha extensión de 75,7 km². Atópase a 241 metros de altura e a 24 km de Alacant.

Economía

[editar | editar a fonte]

A agricultura noveldense xira en torno ao monocultivo da uva de mesa dentro das súas dúas variedades principais: Aledo e Ideal. A actividade industrial máis importante é a fabricación e elaboración de mármore e de pedra natural. Outra actividade industrial representada no municipio é a agroalimentaria, especializada no envasado e comercialización de especias, condimentos e infusións.

Entre o 18 e o 25 de xullo teñen lugar as festas de Mouros e Cristiáns e Patronais. O 22 de xullo celébrase a festividade de Santa María Madalena, patroa da cidade. O 21 e o 23 teñen lugar os desfiles de Mouros e Cristiáns.

Outra festa propia da cidade é a "procesión das 40 horas" que se celebra todos os martes de Entroido. Neste acto sácase a Sacra Forma polas rúas do centro da cidade. Chama a atención que nun día pagán como o Entroido se celebre un acto relixioso. A orixe veu por unha peste que azoutou á cidade e, desde entón, foille concedida á cidade este privilexio papal para liquidar a pena.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Novelda ten 27.008 habitantes (INE 2008), un 7,9% dos cales é da inmigración (principalmente suramericanos).[1]

Evolución demográfica de Novelda[2]
1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2006 2007 2008
7.927 9.648 11.388 12.045 11.994 9.508 10.349 10.598 12.911 17.344 20.776 21.928 24.111 26.335 26.525 27.008
  1. Fonte: Explotación estatística do censo segundo o Instituto Nacional de Estadística. Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades). Arquivado 12 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine.
  2. Fonte: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842 Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Series de poboación dos municipios dende 1996. Arquivado 18 de abril de 2010 en Wayback Machine.