Longa Marcha 1
Longa Marcha 1 / Chang Zheng-1 (CZ-1) | |
---|---|
Función | Lanzador espacial lixeiro |
fabricante | CALT |
país de orixe | República Popular da China |
Tamaño | |
altura | 29,4 m |
diámetro | 2,25 m |
masa | 81.310 kg |
Carga LEO | |
masa | 300 kg |
Carga GEO | |
masa | 250 kg |
foguetes derivados | |
Familia | Longa Marcha |
Lanzamento históricos | |
Estado | Retirado |
Sitios | Centro de lanzamento de Jiuquan, Centro de lanzamento de Tai Yuan |
Total de lanzamentos | 3 (CZ-1), 3 (CZ-1D) |
exitosos | 3 (CZ-1), 3 (CZ-1D) |
fallos | 0 |
Voo inaugural | 16 de novembro de 1969 |
Último voo | 3 de marzo de 1971 |
Primeira etapa – CZ-1-1 | |
altura | 17,84 m |
diámetro | 2,25 m |
masa baleiro | 4100 kg |
masa cheo | 64.100 kg |
impulsado por | 4 YF-2A |
potencia máxima | 1224,575 kN |
Impulso específico | 268 s (241 s a nivel do mar) |
propelente | Ácido nítrico/UDMH |
Segunda etapa – CZ-1-2 (só Longa Marcha 1) | |
altura | 5,35 m |
diámetro | 2,25 m |
masa baleiro | 2700 kg |
masa cheo | 15.000 kg |
impulsado por | 1 YF-2A |
potencia máxima | 306,143 kN |
Impulso específico | 275 s (200 s a nivel do mar) |
propelente | Ácido nítrico/UDMH |
Segunda etapa – CZ-1D-2 (só Longa Marcha 1D) | |
altura | 5,35 m |
diámetro | 2,25 m |
masa baleiro | 2650 kg |
masa cheo | 14.850 kg |
impulsado por | 1 YF-3 |
potencia máxima | 294 kN |
Impulso específico | 287 s (260 s a nivel do mar) |
propelente | Tetróxido de nitróxeno/UDMH |
Terceira etapa – CZ-1-3 (só Longa Marcha 1) | |
altura | 3,95 m |
diámetro | 0,77 m |
masa baleiro | 250 kg |
masa cheo | 2050 kg |
impulsado por | 1 GF-02 |
potencia máxima | 180,991 kN |
Impulso específico | 254 s |
propelente | Propelente sólido |
Terceira etapa – CZ-1D-3 (só Longa Marcha 1D) | |
altura | 2,20 m |
diámetro | 2,05 m |
masa baleiro | 150 kg |
masa cheo | 875 kg |
impulsado por | 1 |
potencia máxima | 19,6 kN |
Impulso específico | 291 s (200 s a nivel do mar) |
propelente | Propelente sólido |
[ editar datos en Wikidata ] |
Longa Marcha 1 (Chang Zheng 1 en pinyin, abreviadamente CZ-1) foi o nome do primeiro modelo da familia de foguetes Longa Marcha.
Características
[editar | editar a fonte]O Longa Marcha 1 foi o primeiro lanzador orbital chinés. Comezouse a desenvolver na segunda metade de 1965 coa finalidade de lanzar o primeiro satélite artificial chinés, o Dong Fang Hong 1, tamén coñecido como DFH-1.
As dúas primeiras etapas estaban baseadas no mísil DF-3 e a terceira era unha etapa de propelente sólido desenvolvida a propósito para o lanzador espacial. O desenvolvemento desta terceira etapa foi un logro tecnolóxico chinés da época. Tiña un diámetro de 770 mm, unha lonxitude duns 4 metros e usaba 1,8 toneladas de propelente. Acendíase 200 segundos despois de voar en solitario tras a separación coa segunda etapa mentres un mecanismo o facía xirar a 180 revolucións por minuto sobre si mesma para estabilizarse. Entre maio de 1969 e xaneiro de 1970 fixéronse catro probas exitosas de encendido estático baixo diferentes condicións e unha proba en voo mediante un DF-3 modificado.
O 24 de abril de 1970 o primeiro Longa Marcha 1 puxo en órbita o DFH-1 ao primeiro intento, facendo da China o quinto país capaz de chegar á órbita polos seus propios medios despois da Unión Soviética, os Estados Unidos, Francia e o Xapón. Menos dun ano despois outro Longa Marcha 1 puxo en órbita o satélite científico SJ-1.
Versións
[editar | editar a fonte]Longa Marcha 1D
[editar | editar a fonte]A partir do Longa Marcha 1 creouse unha versión, denominada Longa Marcha 1D, simplemente usando unha nova segunda etapa alimentada con tetróxido de nitróxeno en lugar de ácido nítrico como no orixinal e unha terceira etapa modificada. O Longa Marcha 1D foi utilizado para probar vehículos de reentrada atmosférica mediante tres lanzamentos suborbitais. Nunca foi usado para lanzamentos orbitais.
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Longa Marcha 1
[editar | editar a fonte]Voo | Data | Rampla de lanzamento | Carga | Resultado | Notas |
---|---|---|---|---|---|
1 | 10 de xaneiro de 1970 | Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/5020 | N/A | Éxito | Voo de probas, suborbital. |
2 | 24 de abril de 1970 | Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/5020 | DFH-1 | Éxito | Primeiro voo orbital. |
3 | 3 de marzo de 1971 | Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/5020 | SJ-1 | Éxito | Último voo dun Longa Marcha 1 |
Longa Marcha 1D
[editar | editar a fonte]Voo | Data | Rampla de lanzamento | Carga | Resultado | Notas |
---|---|---|---|---|---|
4 | 1 de xuño de 1995 | Centro de lanzamento de Tai Yuan | Vehículo de reentrada atmosférica | Éxito | Voo de proba suborbital. |
5 | 1 de novembro de 1997 | Centro de lanzamento de Tai Yuan | Vehículo de reentrada atmosférica | Éxito | Voo de proba suborbital. |
6 | 3 de xaneiro de 2002 | Centro de lanzamento de Tai Yuan | Vehículo de reentrada atmosférica | Fallo | Voo de proba suborbital. |
Notas
[editar | editar a fonte]- Mark Wade (2011). "Chang Zheng 1" (en inglés). Consultado o 20 de maio de 2012.
- Mark Wade (2011). "Chang Zheng 1D" (en inglés). Consultado o 21 de maio de 2012.
- Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "CZ-1 (Chang Zheng-1)" (en inglés). Consultado o 21 de maio de 2012.