Gilded Age
Na historia dos Estados Unidos de América, a Idade dourada ("época de ouro", en inglés Gilded Age) é o período posterior á Guerra civil estadounidense e a Reconstrución, desde a década de 1870 até a década de 1890, na que o país experimentou unha expansión económica, industrial e demográfica sen precedentes. A Idade dourada se solapa coa Reconstrución (que rematou en 1877) e inclúe o Pánico de 1873. A época caracterizouse por un crecemento extraordinariamente rápido do ferrocarril, pequenas fábricas, bancos, almacéns, minas e outras empresas familiares, xunto cunha expansión espectacular nas terras de cultivo agrícola altamente fértiles do occidente. Tamén se produciu un gran incremento da diversidade étnica dos inmigrantes, atraídos polas promocións das navieiras e ferroviarias, que salientaron a posibilidade de atopar traballo e terras para cultivar. Nesta era, porén, tamén houbo unha grande desigualdade e pobreza extrema. A esta etapa séguelle a chamada Era Progresista (Progressive Era), que se estende aproximadamente até 1920.[1]
Desenvolvemento sociocultural
[editar | editar a fonte]A pesar da expansión económica e das innovacións tecnolóxicas que caracterizaron a Idade dourada, este período tamén foi marcado por profundas desigualdades sociais, corrupción política e explotación laboral.[2] As cidades norteamericanas medraron a un ritmo vertixinoso, dando lugar a novas formas de vida urbana e a aparición dos primeiros aparición de edificios de alturas considerables (os rañaceos propiamente xurdiron coa chegada aos Estados Unidos de Mies van der Rohe e profesores da Bauhaus fuxidos da Alemaña nazi)[3]. No entanto, xunto a estas transformacións chegaron os problemas dos barrios marxinais, a pobreza e a inseguridade laboral para moitos traballadores.[2] Pola súa banda, grandes magnates como Andrew Carnegie, John D. Rockefeller e J.P. Morgan amasaron enormes fortunas, contribuíndo ao nacemento do que se coñece como os "Baróns ladróns" (Robber Barons).[4][5] Esta concentración de riqueza e poder deu lugar a un movemento reformista que buscou abordar os abusos do capitalismo desenfreado e plantar as sementes para a posterior Era Progresista.
Os intelectuais e os xornalistas desempeñaron un papel crucial durante a Idade dourada, expondo as inxustizas sociais e impulsando a reforma. Xornalistas, a miúdo referidos como "muckrakers", como Upton Sinclair con "A selva" (The Jungle), revelaron as condicións de traballo inhumanas e a corrupción empresarial.[6] Ao mesmo tempo, o país experimentou un florecemento nas artes, literatura e entretemento, con figuras críticas como Mark Twain, que escribiu xunto con Charles Dudley en 1873 The Gilded Age: A Tale of Today ("A época dourada, un conto de hoxe", que satiriza a cobiza e a corrupción política na América posterior á guerra civil),[7] ou Scott Joplin definindo a cultura e a música popular da época.
Notas
- ↑ Stiglitz, Joseph E. (2013-04-08). The Price of Inequality: How Today's Divided Society Endangers Our Future (en inglés). W. W. Norton & Company. ISBN 978-0-393-34506-3.
- ↑ 2,0 2,1 Foner, Eric (1988). Reconstruction : America's unfinished revolution, 1863-1877. Nova York : Harper & Row. ISBN 978-0-06-015851-4.
- ↑ Hall, Peter (1998). Cities in Civilization: Culture, Innovation, and Urban Order (en inglés). Weidenfeld & Nicolson. ISBN 978-0-297-84219-4.
- ↑ Chernow, Ron (2007-12-18). Titan: The Life of John D. Rockefeller, Sr. (en inglés). Knopf Doubleday Publishing Group. ISBN 978-0-307-42977-3.
- ↑ Josephson, Matthew (1962). The Robber Barons: The Great American Capitalists, 1861-1901 (en inglés). Harcourt, Brace & World. ISBN 978-0-15-676790-3.
- ↑ Sinclair, Upton (1906). The Jungle (en inglés). Doubleday, Page & Company.
- ↑ Mark Twain, Charles Dudley Warner (1899). The Writings of Mark Twain (en English). American Pub. Co.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Estados Unidos de América |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gilded Age |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Chandler, Alfred D. "The Visible Hand: The Managerial Revolution in American Business". Harvard University Press, 1977.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- (en inglés)-Informació genèrica de la Gilded Age Arquivado en 2002-10-15 na Wayback Machine, no sitio web da Library of Congress, "America's Library".
- (en inglés)-WWW-VL: History: United States: The Gilded Age, 1876-1900 Arquivado 05 de novembro de 2013 en Wayback Machine. de Robert Spencer, University of Southern Maine. Unha vasta colección de materiais.
- (en inglés)-America's Wealth in the Gilded Age Arquivado 07 de maio de 2006 en Wayback Machine. Arquivado en 2006-05-07 na Wayback Machine.
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |