María Pujalte
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de decembro de 1966 (57 anos) A Coruña (España) |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema, actriz de teatro |
María Pujalte Vidal, nada na Coruña o 22 de decembro de 1966, é unha actriz galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou cunha bolsa de estudos da Deputación da Coruña un curso de interpretación na Scuola dell'Attore Cómico en Reggio Emilia de Italia e outro en Madrid.
Realizou tamén estudos de canto, interpretación e expresión corporal.
Pertenceu ó Centro Dramático Galego (CDG) e ós grupos teatrais Moucho Clerc e Compañía de Marías, do que é cofundadora xunto coa súa amiga, a tamén actriz galega María Bouzas.
Ademais de como actriz, tamén traballou como presentadora de televisión. En 2003 conduciu a gala dos Premios Max de teatro, celebrada en Vigo xunto coas tamén actrices galegas María Bouzas e Berta Ojea e o actor Serxio Pazos.
A pesar da súa extensa filmografía, o papel que a fixo popular para o gran público foi o de Mamen na serie de televisión Periodistas, e máis tarde o de Mónica en Siete Vidas.
Actriz comprometida, María Pujalte participou en manifestacións contra a guerra de Iraq e formou parte ó igual que moitos outros actores galegos da plataforma Nunca Máis contra o desastre do Prestige.
En 2005 participou no acto de celebración da toma de posesión do presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, coa lectura de varios poemas. O mesmo ano foi pregoeira das festas de María Pita da súa cidade natal, A Coruña.
En 2009 regresa á televisión para protagonizar a serie de misterio en ton de comedia emitida en TVE 1 chamada Los misterios de Laura.[1]
En 2019 é unha das protagonistas da coprodución televisiva (TVE e Movistar+) Merlí: Sapere aude[2], continuación da serie Merlí (TV3) , as dúas emitidas, ademais, en Netflix. A actriz coruñesa encarna a personaxe da profesora de Ética -na facultade de Filosofía- María Bolaño.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Cinema
[editar | editar a fonte]Televisión
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Canle | Notas |
---|---|---|---|---|
1995 | Farmacia de guardia | Clienta | Antena 3 | 1 episodio |
1997 | Los negocios de mamá | Lucrecia | La 1 | 1 episodio |
1998 - 2001 | Periodistas | Mamem Tébar | Telecinco | 102 episodios |
2004 - 2006 | 7 vidas | Mónica Olmedo | 35 episodios | |
2008 | Martes de carnaval | La daifa | La 1 | 1 episodio |
2009; 2011; 2014 | Los misterios de Laura | Laura Lebrel del Bosque | 32 episodios | |
2011 | Los Quién | Susana Zunzunegui Santamaría | Antena 3 | 13 episodios |
2016 | Web Therapy | Valeria Collado | #0 | 1 episodio |
2019 | Vota Juan | Macarena Lombardo | TNT España | 8 episodios |
2019; 2021 - presente | Toy Boy | Carmen de Andrés | Antena 3 | 19 episodios |
2019 - 2021 | Merlí: Sapere aude | María Bolaño | Movistar+ | 16 episodios |
2020 | Vamos Juan | Macarena Lombardo | TNT España | 7 episodios |
2021 | 3 caminos | Madre Clara | Prime Video | 1 episodio |
2021 - presente | Venga Juan | Macarena Lombardo | HBO España | 7 episodios |
2022 | Los misterios de Laura | Laura Lebrel del Bosque | La 1 | Telefilme |
Teatro
[editar | editar a fonte]- O Mozo que chegou de lonxe (1989). Dirixida por Mario Gas.
- O Códice Clandestino (1989), de Quico Cadaval. Dirixida por Xan Cejudo (1989).
- Yerma (1990) de Federico García Lorca. Dirixida por Xosé M. Blanco.
- O Roixinol de Bretaña (1991) de Quico Cadaval. Dirixida por Xan Cejudo (1991).
- Finisterra Broadway amén y squasch (1993)
- Martes de Carnaval (1995)de Ramón María de Valle-Inclán. Dirixida por Mario Gas.
- Caníbales (1996). Dirixida por José Luis Sainz.
- El Hombre Elefante. Dirixida por Mariano Barroso.
- Confesiones de mujeres de 30 años (2002-2004). Dirixida por Lia Jelin.
- Dónde pongo la cabeza (2006), de Yolanda García Serrano. Dirixida por Tamzin Towsend.
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- Nomeada ao Premio Compostela de Teatro á Mellor interpretación feminina.
- Gañadora do Premio Compostela de Teatro á Mellor interpretación feminina polo espectáculo de cabaré Fisterra Broadway.
- Nomeada ao Premio Goya á Mellor Actriz Revelación por Entre rojas.
- Gañadora do Premio da Unión de Actores á Mellor Interpretación Revelación por Entre rojas.
- Mención Especial no Festival de Cine Español de Málaga por Completo confort, A mí quién me manda meterme en esto e Interferencias.
- Gañadora do Premio 'Galego/a del mes' por El Correo Gallego en setembro.
- Nomeada ao Premio da Unión de Actores á Mellor Actriz Secundaria por Periodistas.
- Gañadora do Premio da Unión de Actores á Mellor Actriz Secundaria por Periodistas.
- Nomeada á Concha de Prata á Mellor actriz no Festival Internacional de Cine de San Sebastián por En la ciudad.
- Nomeada ao Premio Goya á Mellor interpretación feminina secundaria por O lapis do carpinteiro.
- Nomeada ao Premio da Unión de Actores á Mellor Actriz Secundaria por En la ciudad.
- Nomeada ao Premio do Círculo de Escritores Cinematográficos á Mellor actriz secundaria por En la ciudad.
- Gañadora do Premio Mestre Mateo á Mellor interpretación feminina secundaria por O lapis do carpinteiro.
- Gañadora do Premio Gayo á Mellor actriz secundaria por En la ciudad.
- Gañadora do Premio 'Ola de Ouro' no Festival de Cine Feminino de Burdeos á Mellor interpretación feminina por En la ciudad.
- Nomeada á Bíznaga de Plata á Mellor actriz en el Festival de Cine Español de Málaga por Cosas que hacen que la vida valga la pena.
- Nomeada á Bíznaga de Prata á Mellor actriz no Festival de Cine Español de Málaga por Semen, una historia de amor.
- Nomeada ao Premio da Unión de Actores á Mellor Actriz Secundaria por Siete Vidas.
- Gañadora na XVI Edición dos Premios Teatro de Rojas 2007 de Toledo á Mellor interpretación feminina por El método Grönholm
- Nomeada ao Premio Max de Teatro á Mellor actriz secundaria por Las cuñadas.
- Gañadora da Mención especial nos I Premios del Público TV por "Los misterios de Laura".[3]
- Nomeada aos Premios CineyMás de TV 2008/09 como Mellor actriz española por "Los misterios de Laura"[4]
- Gañadora do Premio Bodegas Casado Morales al Mejor joven del año[5]
- Nomeada aos Premios Zapping como Mellor actriz por "Los misterios de Laura"[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Los misterios de Laura
- ↑ "María Pujalte, profesora de filosofía en la nueva «Merlí»". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-12-05. Consultado o 2019-12-08.
- ↑ Lista de candidatos a los Premios del Público TV
- ↑ "Candidaturas ós Premios CineyMás de TV 2008/09" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de decembro de 2009. Consultado o 19 de setembro de 2009.
- ↑ "María Pujalte premiada por Bodegas Casado Morales". Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2009. Consultado o 14 de novembro de 2009.
- ↑ Candidaturas ós Premios Zapping 2009