Saltar ao contido

ISP

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os ISP (Internet Service Provider), ou "fornecedores de servizos de Internet", son as empresas dedicadas a conectar os usuarios a Internet, e dar outras prestacións relacionadas coa rede (venda de dominios web etc.)

Existen numerosas empresas ISP, e conviven seguindo unha xerarquía.

Evidentemente, o grao de implantación no terreo é quen marca o tipo de ISP (local, rexional ou nacional). Por exemplo, empresas como Jazztel ou Retevisión teñen unha cobertura (rede) propia no ámbito nacional (en España), mentres que existen outras como Nora cunha rede no ámbito local (neste caso en León). Estas pequenas empresas non poden acceder fóra da cidade coa súa propia rede, polo que deberán "alugar" liñas a ISP maiores para poder ofrecer o acceso á rede ós seus clientes. En cambio, o intercambio de tramas entre ISP de maior ámbito (nacionais) farase mediante acordos comerciais de igual a igual (peering).

Evolución da rede en España

[editar | editar a fonte]

Debido ó problema das diferentes coberturas dos ISP e á necesidade de ter que intercambiar a información entre elas, ás veces o percorrido dos datos era innecesariamente longo. Un exemplo moi claro é o seguinte:

Como pode ollarse na imaxe, o percorrido que as tramas de información teñen que seguir é absurdo. Isto débese a que o intercambio entre ISP locais é imposible e por iso, aínda que os dous usuarios estean na mesma cidade, o fluxo de datos ten que pasar por ISP estranxeiros, ata chegar a un punto onde poida realizarse un intercambio entre diferentes redes. Estes puntos chámanse NAP (Puntos de Acceso Neutro).

A solución, en certa parte, do problema, chegou en xaneiro de 1997 coa creación do espanix, o punto de acceso neutro español. Alí, os ISP nacionais conectan os seus equipos a un backbone (rede principal), permitíndolles ós seus usuarios ter unha conexión directa cos demais ISP operativos en España e reducindo así, os tempos de demora.

Ademais do espanix, existe outro NAP no territorio nacional. Este sitúase en Cataluña, é un punto neutro rexional e chámase Catnix. Fora das nosas fronteiras, o NAP máis salientable é, evidentemente, o europeo (euro-ix). Consta de catro puntos físicos comunicados entre eles con redes especiais dedicadas e de enormes anchos de banda.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]