Borneo
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Arquipélago Malaio | ||||
Situado na entidade xeográfica | Sueste asiático | ||||
Localización | |||||
Continente | Asia | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico, Mar de Sulu, Mar da China Meridional, Mar de Xava, Mar de Célebes e Estreito de Macasar | ||||
Características | |||||
Altitude | 4.095 m 113 m | ||||
Dimensións | 1.026 () × 1.366 () km | ||||
Perímetro | 4.971 km | ||||
Punto máis alto | Monte Kinabalu (pt) (4.095 m ) | ||||
Atravesa | Indonesia, Malaisia e Brunei | ||||
Superficie | 748.168 km² | ||||
Borneo é unha illa (a terceira por tamaño do mundo, con 743.330 km² ) ao sueste de Asia. Atópase ao norte de Xava, ao oeste de Sulawesi, e ao leste de Sumatra.
A illa está dividida politicamente entre tres países: Brunei e Malaisia no norte, e Indonesia ao sur. Aproximadamente o 73% da illa é o territorio indonesio de Kalimantan. No norte, os estados malaisianos de Sabah e Sarawak, representan ao redor do 26% da illa. Ademais, o territorio federal de Malaisia de Labuan está situado nunha pequena illa fronte á costa de Borneo. O sultanato independente de Brunei, situado na costa norte, comprende ao redor de 1% da superficie terrestre de Borneo. Borneo é o fogar dunha das máis antigas selvas do mundo.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Borneo está rodeado polo Mar da China Meridional polo norte e noroeste, o Mar de Sulu polo nordés, o Mar de Célebes e o estreito de Makassar ao leste, e o Mar de Xava e o Estreito de Karimata no sur. É a illa máis grande do arquipélago malaio, cunha superficie de converter 743.330 km². Ao oeste de Borneo están a Península de Malaca e Sumatra. Ao sur atópase Xava. Ao leste atópase Sulawesi, e ao nordés, as Filipinas.
O punto máis alto de Borneo é o Monte Kinabalu en Sabah, Malaisia, cunha elevación de 4.095 m. por encima do nivel do mar[1]. É o terceiro pico máis alto do sueste de Asia, polo que fai de Borneo a terceira illa máis alta do mundo.
O río máis grande do sistema é o Kapuas en West Kalimantan. Cunha lonxitude de 1.143 km., que é o río máis longo de Indonesia. O río máis longo de Malaisia, o Rajang, atópase en Sarawak e ten 562´5 km. de longo. Outros ríos importantes son o Barito en Kalimantan do Sur con 880 km. de longo e o Mahakam en Kalimantan do Leste con 980 km. de longo.
Borneo ten importantes sistemas de covas. Clearwater Cave, por exemplo, ten un dos ríos subterráneos máis longos do mundo. Deer Cave (cova do cervo) é o fogar de máis de tres millóns de morcegos, con guano acumulado de máis de 100 m. de alto.[2]
Antes de que o nivel do mar subira ao final da última Idade do xeo, Borneo formaba parte do continente asiático, formando, con Xava e Sumatra, as rexións montañosas da península que se estendía ao leste de Indochina. O Mar da China Meridional e Golfo de Tailandia mergulla agora as antigas zonas baixas da península. As augas máis profundas que separan Borneo da veciña Sulawesi impediron unha conexión terrestre coa illa, creando a brecha entre as rexións biolóxicas de Asia e Australia - Nova Guinea, coñecida como Liña de Wallace.
Biodiversidade
[editar | editar a fonte]Atopáronse polo menos 52 especies novas de animais e plantas nos últimos anos nos bosques de Borneo, sendo o número total de novas especies identificadas na illa máis de 400 desde 1994, segundo un informe do Fondo Mundial para a Natureza (WWF).
Estes descubrimentos recentes inclúen 30 especies de peixes únicos, dúas especies de ra árbore, 16 especies de xenxibre, tres especies de árbores e unha especie de planta con follas longas, segundo informou o martes o Foro Mundial para a Natureza.
Estes descubrimentos reafirman a posición de Borneo como un dos centros máis importantes de biodiversidade no mundo-, dixo o Coordinador Internacional do Programa do Corazón de Borneo do Fondo Mundial para a Natureza.
Os descubrimentos tamén inclúen seis peixes siameses loitadores (típicos dos acuarios), un dos cales ten unha cor azul-verdoso iridescente; así como un peixe gato de dentes protuberantes e un ventre adhesivo co que, literalmente, pégase ás rocas, e unha ra arbórea de ollos verdes asombrosamente brillantes.
En canto ás plantas, os novos xenxibres descubertos elevan a máis do dobre as especies dese vexetal coñecidas ata agora e atopáronse tres novas especies de árbores do xénero beilschmiedia.
Os científicos atoparon un peixe miniatura o segundo vertebrado máis pequeno do mundo, que mide menos de 1 centímetro de longo e vive nos pantanos de auga turba acídica da illa, segundo sinala o informe.
A gran parte desas novas especies descubríronse no 'Corazón de Borneo', unha rexión montañosa de 220.000 quilómetros cadrados cuberta de bosque húmidos ecuatoriais, situada no centro da illa.
É unha das rexións do mundo que máis auga gastan polo que fixeron un plan hidrolóxico nacional, sendo o seu maior investidor un habitante da zona.
Historia
[editar | editar a fonte]Historia antiga
[editar | editar a fonte]Segundo os antigos manuscritos chineses, indios e xavaneses, as cidades costeiras do oeste de Borneo convertéronse en portos comerciais no primeiro milenio.[3] Nos manuscritos chineses, o ouro, alcanfor, conchas de tartaruga, xade, cornos de rinoceronte, cristas de grou, cera, lakawood (a raíz de madeira dura e perfumada da grosa liana, parviflora Dalbergia ), sangue de drago (resina de drago), ratán, niños de andoriña e varias especias describíronse como os elementos máis valiosos de Borneo.[4] Os indios chamaron a Borneo Suvarnabhumi (a terra de ouro) e tamén Karpuradvipa (Illa Alcanfor). Os xavaneses chamaron a Borneo Puradvipa, ou Illa Diamond. Achados arqueolóxicos no delta do río Sarawak revelan que a área era un centro comercial próspero entre a India e a China desde o 500 ata ao redor do 1300 dC.
Unha das primeiras evidencias da influencia hindú no sueste de Asia foron os piares de pedra que levan inscricións no alfabeto Pallava, que se atoparon en Kutai ao longo da río Mahakam en Kalimantan Oriental, que datan de ao redor da segunda metade dos anos 300 dC.[5]
No século XIV, Borneo estaba baixo o control do reino Majapahit orixe da actual Indonesia.[6] Os musulmáns entraron na illa e converteu a moitos dos pobos indíxenas ao islam.
Durante a década de 1450, 'Shari'ful Hashem Syed Abu Bakr', un árabe nado en Johor, chegou a Sulu desde Malaca. En 1457, fundou o Sultanato de Sulu. Chamouse a si mesmo como "Paduka Maulana Mahasari Sharif Sultan Hashem Abu Bakr". O Sultanato de Brunei, durante a súa época de ouro do século XV ao século XVII, gobernaba unha gran parte do norte de Borneo. En 1703 (outras fontes din 1658), o Sultanato de Sulu recibiu a parte oriental de Borneo do Norte do Sultán de Brunei, como pago de que Sulu enviara axuda contra unha rebelión en Brunei.
Historia contemporánea
[editar | editar a fonte]Control holandés e británico
[editar | editar a fonte]O Sultanato de Brunei concedeu unha gran parte das terras de Sarawak en 1842 ao aventureiro Inglés James Brooke, como recompensa pola súa axuda para sufocar unha rebelión local. Brooke estableceu o Reino de Sarawak e foi recoñecido como o raxá logo de pagar unha cota para o Sultanato. Estableceu unha monarquía, e a dinastía Brooke (a través do seu sobriño e sobriño neto) reinando Sarawak durante 100 anos, os líderes eran coñecidos como os Raxás brancos.[7]
No século XIX, os gobernos británicos e holandeses asinaron o Tratado anglo-holandés de 1824 para intercambiar os portos comerciais baixo o seu control e facer valer as súas esferas de influencia. Isto resultou de forma indirecta no establecemento dunha zona controlada polos británicos no norte de Borneo e outra controlada polos Países Baixos no sur. Os malaios e os piratas dayak aproveitábanse da navegación marítima nas augas entre Singapur e Hong Kong desde o seu refuxio en Borneo.[8]
A Compañía Privilexiada de Borneo do Norte controlou o territorio do norte de Borneo (actual Sabah) de 1882 a 1941.[9]
Segunda guerra mundial
[editar | editar a fonte]Durante a segunda guerra mundial, as forzas xaponesas lograron o control e ocuparon Borneo (1941-1945). Decimaron moitas poboacións locais e mataron os intelectuais malaios. O Sultan Muhammad Ibrahim Shafi ud-din II de Sambas en Kalimantan foi executado en 1944. O sultanato foi suspendido e substituído por un consello xaponés a partir de entón[10]. Durante a ocupación xaponesa, os Dayak desempeñaron o papel da guerrilla na guerra contra as forzas de ocupación, sobre todo na División Kapit. Reviviron temporalmente a 'redución de cabezas' cos xaponeses cara ao final da guerra.[11] A Unidade Especial Z aliada prestou asistencia aos mesmos. Logo da caída de Singapur, os xaponeses enviaron varios miles de prisioneiros de guerra británicos e australianos aos campamentos en Borneo. Nun dos peores sitios, ao redor de Sandakan en Borneo, só seis duns 2.500 prisioneiros sobreviviron.[12] En 1945 a illa foi liberada polos aliados dos xaponeses..
Segunda metade do s. XX
[editar | editar a fonte]Borneo foi o principal campo de batalla da confrontación entre Indonesia e Malaisia entre 1962 e 1969. O Exército británico despregouse contra os indonesios e as revoltas comunistas para lograr o control de toda a zona. Antes da formación da Federación de Malaisia, Filipinas afirmou que o estado malaisiano de Sabah estaba dentro do seu territorio. Para facelo baseáronse na historia do contrato de arrendamento do Sultanato de Sulu á British North Borneo Company.
Seculo XXI
[editar | editar a fonte]Debido aos problemas que tivo que afrontar a cidade de Iacarta, na illa de Xava, como graves inundacións, crecemento urbano excesivo e afundimento paulatino, en 2019 anunciouse a creación dunha nova sede de Goberno, na illa de Borneo, que se comezou a construír no verán de 2022. A cidade de Nusantara é a futura capital de Indonesia, e chámase como a rexión tradicional de Nusantara.[13][14].[15]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "An Awesome Island". Borneo: Island in the Clouds. PBS. Consultado o 11 de novembro de 2012.
- ↑ BBC-TV: "Borneo", Planet Earth
- ↑ Derek Heng Thiam Soon (June 2001). "The Trade in Lakawood Products Between South China and the Malay World from the Twelfth to Fifteenth Centuries AD". Journal of Southeast Asian Studies 32 (2): 133–149. doi:10.1017/S0022463401000066.
- ↑ Jan O. M. Broek (1962). "Place Names in 16th and 17th Century Borneo". Imago Mundi 16: 129–148. JSTOR 1150309. doi:10.1080/03085696208592208.
- ↑ (Chapter 15) The Earliest Indic State: Kutai. The Austronesians: Historical and Comparative Perspectives (E Press, The Australian National University). 2006. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2013. Consultado o 1 October 2009.
- ↑ "1350-1400 - Majapahit Empire". Military. GlobalSecurity.org. Consultado o 20 April 2013.
- ↑ "Part 2 - The Brooke Era". The Borneo Project. Earth Island Institute. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2013. Consultado o 11 de novembro de 2012.
- ↑ "Wanderings Among South Sea Savages And in Borneo and the Philippines by H. Wilfrid Walker".
- ↑ "British North Borneo Papers". School of Oriental and African Studies. Archives hub. Consultado o 20 de abril de 2013.
- ↑ http://www.eurasia1945.com/acontecimientos/crimenes/genocidio-en-indonesia/
- ↑ "'Guests' can succeed where occupiers fail", New York Times, 9 de novembro de 2007.
- ↑ Japanese Prisoners of War. Philip Towle, Margaret Kosuge, Yōichi Kibata (2000). Continuum International Publishing Group. pp.47–48. ISBN 1-85285-192-9.
- ↑ "Nusantara Becomes The Name Of The New Capital City, This Is What It Means" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Nusantara is the name of indonesia's new capital" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Indonesia's new capital isn't ready yet. The president is celebrating Independence Day there anyway". AP News (en inglés). 2024-08-17. Consultado o 2024-08-19.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Borneo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Environmental Profile of Borneo – Background on Borneo, including natural and social history, deforestation statistics, and conservation news.