Saltar ao contido

Philip Roth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Modelo:BiografíaPhilip Roth

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Philip Milton Roth Editar o valor en Wikidata
19 de marzo de 1933 Editar o valor en Wikidata
Newark, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte22 de maio de 2018 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBard College Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaNewark
Warren (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo e ateísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Chicago (1956–)
Universidade de Chicago - literatura inglesa (–1955)
Universidade Bucknell (pt) Traducir - literatura inglesa (1952–1954)
Universidade Rutgers (pt) Traducir (1951–1952)
Weequahic High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBelas letras Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónnovelista, profesor universitario, escritor, escritor de ciencia ficción, guionista, ensaísta, poeta Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1950 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorUniversidade de Princeton
Hunter College (en) Traducir
Universidade de Pensilvania
Universidade de Iowa Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata
Influencias
Familia
CónxuxeClaire Bloom (1990–1994), divorcio Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Medvik >>>:Roth, Philip, 1933-2018,
Records of persons of interest (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0744980 Allocine: 85049 Allmovie: p314411 TV.com: people/philip-roth-i IBDB: 8157
BNE: XX1099522 Dialnet: 1259590 Musicbrainz: 79cb3e3b-961c-43da-917b-2dae9df9a880 Songkick: 373711 Discogs: 582462 WikiTree: Roth-5178 Find a Grave: 189965414 Editar o valor en Wikidata


Philip Milton Roth, nado en Newark (Nova Jersey) o 19 de marzo de 1933 e finado en Nova York o 22 de maio de 2018, foi un escritor estadounidense de orixe xudía, coñecido sobre todo polas súas novelas, aínda que tamén escribiu contos e ensaios. Entre as súas obras máis coñecidas atópanse Goodbye, Columbus, Portnoy's Complaint (1969) e a súa «triloxía americana», publicada na década 1990, e composta polas novelas Pastoral americana (1997), gañadora do Pulitzer, I Married a Communist (1998) e The Human Stain (2000).

Moitas das súas obras reflicten os problemas de asimilación e identidade dos xudeus dos Estados Unidos, o que o liga con outros autores estadounidenses como o premio Nobel Saul Bellow ou Bernard Malamud, que tamén tratan nas súas obras as experiencias dos xudeus norteamericanos.

Unha gran parte da obra de Roth explora a natureza do desexo sexual e a autocomprensión. A súa ficción caracterízase polo monólogo íntimo, pronunciado cun sentido do humor rebelde e a enerxía histérica asociada ás veces co heroe e o narrador de Portnoy's Complaint (1969), a novela que lle deu a fama.

Traxectoria

Roth creceu no barrio de Weequahic, en Newark, como o segundo fillo dunha familia xudeu-estadounidense que acababa de emigrar desde a rexión de Galicia. Despois de graduarse no ensino medio superior aos dezaseis anos, Roth foi á universidade de Bucknell, onde obtivo o grao BA en lingua inglesa. Comezou o doutoramento en Filosofía, que non chegou a rematar, e fixo un posgraduado na Universidade de Chicago, obtendo un mestrado en literatura inglesa para logo traballar brevemente como instrutor no programa de escritura da universidade. Comezou despois a dar clases de escritura creativa na Universidade de Iowa e en Princeton. Posteriormente continuou a exercer de profesor na Universidade de Pensilvania, onde deu clases de literatura comparada ata retirarse definitivamente da docencia en 1992.

Durante a súa estadía en Chicago Roth coñeceu o novelista Saul Bellow e a Margaret Martinson, que se convertería na súa primeira esposa. Aínda que se separaron en 1963 e ela faleceu nun accidente automobilístico cinco anos despois, o seu matrimonio disfuncional deixou unha forte pegada na súa escritura. Martinson foi a inspiración para a personaxe feminina en varias das súas novelas, incluíndo Maureen Tarnopol en My Life As a Man e moi probablemente Mary Jane Reed en Portnoy's Complaint.

Entre a fin dos seus estudos e a publicación da súa primeira novela en 1959, Roth serviu dous anos no exército e escribiu contos e críticas para varias revistas, mesmo recensións cinematográficas para The New Republic. O seu primeiro libro, Goodbye, Columbus, que contén cinco relatos e unha novela breve, gañou o prestixioso National Book Award en 1960. Despois publicou dúas novelas longas pouco lidas e non foi ata a publicación da súa terceira novela, Portnoy's Complaint, en 1969, cando atopou o éxito, tanto de vendas como de crítica.

Durante a década de 1970, Roth experimentou con varios estilos, desde a sátira política ata a fantasía kafkiana. Contra o final da década, Roth crear un alter ego chamado Nathan Zuckerman, que foi o protagonista de varias novelas autorreferenciais aparecidas entre 1979 e 1986.

En 1990 casou coa actriz inglesa Claire Bloom; separáronse catro anos máis tarde e en 1996 ela publicou unhas memorias dos anos de matrimonio, pouco amables para Roth, tituladas Leaving a Doll's House.

Un dos períodos máis frutíferos na carreira literaria de Roth comezou con Operation Shylock (1993) e seguiu con Sabbath's Theater (1995), onde presentou o seu protagonista máis decadente na figura dun vello monicrequeiro. Esta personaxe está en total contraste coa súa novela American Pastoral, que se centra na vida dun atleta e da traxedia que lle supera cando a súa filla se converte nunha terrorista. En I Married a Communist (1998) a trama ten lugar na era de McCarthy; en The Human Stain examina a situación política estadounidense da década e The Dying Animal (2001) é unha novela curta que explora achegamentos coa dicotomía do eros e o thanatos.

Roth publicou dous libros autobiográficos, The Facts (1988), onde narra as súas lembranzas desde a infancia ata que se converte nun reputado novelista e Patrimony: A True Story (1991), no que conta a morte do seu pai a causa dun tumor cerebral. Este libro gañou o National Book Critics Circle Award.

Philip Roth é probablemente o autor máis premiado da súa xeración. Dúas das súas novelas gañaron o National Book Award e outras dúas foron finalistas. A mesma situación dáse co galardón do National Book Critics Circle. Tamén gañou dous premios do PEN Club e un premio Pulitzer pola súa novela American Pastoral en 1997. No 2001 The Human Stain obtivo o premio británico WH Smith Literary como libro do ano. O crítico Harold Bloom opinou en 2003 que Roth era un dos catro escritores estadounidenses vivos máis importantes en activo, xunto con Thomas Pynchon, Don DeLillo e Cormac McCarthy.[1] The Plot Against America (2004) gañou o Sidewise para historia alternativa, ademais do premio da Sociedade Estadounidense de Historiadores e outro WH Smith Literary Award. En outubro de 2005 colocáronse placas na súa honra na súa cidade local e en maio de 2006 recibiu o Premio Nabokov do PEN Club.

O ano 2012 recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Letras. Antes da cerimonia de entrega, a que non asistiu por mor dunha recente operación de columna,[2] Roth declarou á revista francesa Les Inrockuptibles que deixaba de escribir e que Nemesis sería o seu "último libro".[3] Lori Glazer, vicepresidenta de Hougton Mifflin, a editorial que publica as obras de Roth, confirmou o 9 de novembro a decisión do autor[4]

Influencia e importancia

A carreira literaria de Roth nos Estados Unidos é tan influente e prolífica que existe unha revista semestral chamada Philip Roth Studies[5] auspiciada por Purdue University Press e pola Philip Roth Society (que non está afiliado de modo ningúan con Roth ou os seus editores).

A principios de 2006, Sam Tanenhaus, director de The New York Times Book Review enviou unha breve carta na que pedía a un cento de escritores, críticos, editores e outros estudosos da literatura que identificasen a mellor obra de ficción estadounidense publicada nos últimos vinte e cinco anos. Dos vinte e dous libros citados polos participantes[6] seis eran de Roth: American Pastoral, The Counterlife, Operation Shylock, Sabbath’s Theater, The Human Stain e The Plot Against America. Os resultados[7] publicáronse o 21 de maio dese ano e no ensaio que os acompañaba o crítico A.O. Scott, dicía: "Se buscásemos o mellor escritor dos últimos vinte e cinco anos, gañaría el".[8]

Obra

Novelas

Zuckerman

  • My Life As a Man (1974)
  • The Ghost Writer (novela)|The Ghost Writer (1979)
  • Zuckerman Unbound (1981)
  • The Anatomy Lesson (1983)
  • The Prague Orgy (1985)
  • The Counterlife (1986)
  • Pastoral americana (1997), traducido ao galego por Fernando Moreiras e publicada en 2013 polo selo Faktoría K, pertencente a Kalandraka[9].
  • I Married a Communist (1998)
  • The Human Stain (2000)
  • Exit Ghost (2007)

Kepesh

  • The Breast (1972)
  • The Professor of Desire (1977)
  • The Dying Animal (2001)

Outras

  • Goodbye, Columbus (1959)
  • Letting Go (1962)
  • When She Was Good (1967)
  • Portnoy's Complaint (1969)
  • Our Gang (novela)|Our Gang (1971)
  • The Great American Novel (1973)
  • Deception: A Novel (1990)
  • Operation Shylock (1993)
  • Sabbath's Theater (1995)
  • The Plot Against America (2004)
  • Everyman (2009)
  • Indignation (novela)|Indignation (2008)
  • The Humbling (2009)
  • Nemesis (novela)|Nemesis (2010)

Non ficción

  • The Facts: A Novelist's Autobiography (1988)
  • Patrimony: A True Story (1991)

Notas

  1. Bloom, Harold (24 de setembro de 2003). The Boston Globe, ed. "Dumbing down American readers" (en inglés). Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  2. Fundación Príncipe de Asturias (ed.). "Mensaxe de Roth en agradecemento polo premio e no que se escusa por non poder ir recibilo". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2013. Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  3. Les Inrockuptibles, ed. (7 de outubro de 2012). "Philip Roth: “Némésis sera mon dernier livre”" (en francés). Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  4. Doley, David (9 de novembro de 2012). Salon, ed. "Philip Roth: “I’m done”" (en inglés). Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  5. Páxina da revista
  6. The New York Times, ed. (21 de maio de 2006). "The Judges" (en inglés). Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  7. The New York Times, ed. (21 de maio de 2006). "What Is the Best Work of American Fiction of the Last 25 Years?" (en inglés). Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  8. Scott, A.O. (21 de maio de 2006). The New York Times, ed. "In Search of the Best" (en inglés). Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  9. Ficha da obra Arquivado 24 de maio de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas