Saltar ao contido

Imaxe e texto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.

Segundo o Dicionário de Comunicaçao de Rabaca e Barbosa, por imaxe entendemos a representación dun obxecto por medios visuais, gráficos, plásticos ou fotográficos (fotografía, deseño, escultura, televisión, cine etc.). Por texto entendemos, desde a perspectiva da glosemática, todo conxunto analizable de signos: un enunciado calquera, sexa falado ou escrito (o texto pode coincidir cun verso, unha frase, un fragmento dunha conversa ou coa lingua na súa totalidade).

Os soportes dos códigos comunicativos dos medios impresos e audiovisuais son polo tanto a imaxe e o texto, entendidos ámbolos dous nun sentido amplo, pois os medios impresos (revistas, xornais, publicidade impresa, separatas,...), fundamentalmente textuais, válense da imaxe, da fotografía, do esquema, do debuxo, como instrumentos para a suxestión da audiencia, como exemplificación ou como divertimento. Os medios audiovisuais, a súa vez, sérvense do texto (presentación de noticias en radio e televisión; diálogos, conversas, monólogos, entrevistas,... que ó cabo teñen unha representación textual) ben como soporte fundamental da comunicación (caso da radio, se ben a voz pode ir acompañada doutros fenómenos auditivos como a música) ou como elemento que se interrelaciona coa imaxe (televisión, cine, audiovisuais,...).

Véxase tamén

Outros artigos