Hussein I de Xordania
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Hussein bin Talal (en árabe, حسين بن طلال), nado en Amán o 14 de novembro de 1935, finado o 7 de febreiro de 1999 , coñecido como Hussein I de Xordania ou Hussein de Xordania, foi o rei de Xordania desde o 11 de agosto de 1952 até a súa morte. Sucedeu ao seu pai o rei Talal aos 17 anos.
Hussein foi educado no Victoria College en Alexandría. Procedía da Harrow School en Inglaterra, onde fixo amizade co seu curmán Faisal II de Iraq. Posteriormente segue estudando na Real Academia Militar de Sandhurst.
Coroación
Sucedeu ao se avó o 11 de agosto de 1952, pola renuncia do seu pai, Talal ibn Abd Allah. O rei tiña 17 anos no momento da súa sucesión, non era maior de idade, e polo tanto, formou un Consello de Administración Fiduciaria no trono, e foi coroado o 2 de maio de 1953.
Vida persoal
Casou catro veces e con cada unha das súas mulleres tivo fillos:
- Dina bint 'Abdu'l-Hamid (Dina), Xerifa da Meca, (1955-1957), nada no Cairo, Exipto en 1929. Dina graduouse na Universidade de Cambridge e foi a primeira profesora de literatura inglesa na Universidade do Cairo. O matrimonio só tivo unha filla, Alia (1956). Casou novamente en 1970 co Tenente Coronel Asad Sulayman Abd al-Qadir (Salah Ta'amari), nado en Belén en 1942.
- Antoinette (Tony) Avril Gardiner (1961-1970), era inglesa (nada en Chelmondiston en 1941), e tras o seu matrimonio adoptou o nome de Muna al-Hussein (Desxeo de Hussein). Tiveron catro fillos: Abdalá (nado en 1962 e actual monarca), Faisal (1963) e as xemelgas Zein e Aisha (1968).
- Alia Baha ed Din Toukan (Alia), (1972-1977), nada no Cairo, Exipto en 1948. Tiveron tres fillos: dous biolóxicos, Haya (1973) e Alí (1974) e unha filla adoptiva, Abir (que naceu en 1972 e foi adoptada en 1975). Este matrimonio tivo un tráxico final, pois en 1977, Alia faleceu nun accidente de helicóptero en Amán.
- Elizabeth (Lisa) Najeeb Halaby (1978-1999) era unha norteamericana, nada en Washington en 1951. Licenciada en Arquitectura, con ascendencia siria (por parte de pai) e sueca (por parte de nai). Ao casar co monarca, Lisa adoptou o nome de Noor al-Hussein (Luz de Hussein). O matrimonio, que duraría até a morte do rei, tivo catro fillos: Hamzah (1980), Hashim (1981), Imán (1983) e Rayah (1986).
Liña do tempo
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hussein I de Jordania |
- Ancestry of Antoinette Avril Gardiner (1941)
- Obituary, NY Times, febreiro 8, 1999 Death of a King; Cautious King Took Risks In Straddling Two Worlds
- A Living Tribute to the Legacy of King Hussein I - official Royal Jordanian memorial website
Predecesor: Talal I |
Rei de Xordania 1952 - 1999 |
Sucesor: Abdullah II |