Dalai Lama
Dalai Lama,[1][2] é un monxe da escola Gelug ou "Sombreiro Amarelo" do budismo tibetano,[3] a máis nova das escolas do budismo tibetano[4] fundada por Je Tsongkhapa. O décimo cuarto e actual Dalai Lama é Tenzin Gyatso.
O Dalai Lama é considerado sucesor dunha liña de tulkus,[1] é dicir, encarnacións de Avalokiteśvara,[2] o Bodhisattva da Compaixón.[5] O nome é unha combinación da palabara mongol dalai que significa "océano" e a palabra tibetana བླ་མ་ (bla-ma) "mestre, mentor". A palabra tibetana "lama" correspóndese coa palabra sánscrita "gurú".[6]
Dende 1642 até a década de 1950 (agás dende 1705 a 1750), o Dalai Lamas ou o seu rexente dirixiu o Goberno Tibetano ou Ganden Phodrang que domina a meseta tibetana dende Lhasa con diversos graos de autonomía. Este goberno foi, polo xeral, suxeito de patronazgo e protección dos reis mongois dos khanatos de Khoshut e Dzungar (1642-1720) e dos emperadores manchús da Dinastía Qing (1720-1912).[7]
Os budistas tibetanos consideran que os Dalai Lama son emanacións do Buddha Avalokiteśvara, aínda que non é un mestre Buddha senón un Bodhisattva, é o patrón do Tíbet e crese que, tras a súa morte, a súa conciencia sutil tarda un intervalo de corenta e nove días, polo menos, para nacer de novo nun neno que xa desde o seu nacemento pode dar sinais do seu carácter especial. Avalokiteśvara é unha deidade importante para o budismo tibetano e é considerado nos ensinos vajrayāna como un buda. En cambio, para os ensinos mahāyāna é visto máis ben como un bodhisattva de elevado nivel.
Tras a morte do Dalai Lama, o Panchen Lama encárgase de recoñecer a súa reencarnación, ou tulku (normalmente un neno) por estes sinais, quen pasará a ser o novo Dalai Lama. Á súa vez, o Dalai Lama debe recoñecer á reencarnación do Panchen Lama tras a morte deste.
Lista de Dalai Lama
Ao longo da historia téñense recoñecido 14 reencarnacións do Dalai Lama:
Nome | Imaxe | Vida[8] | Recoñecido | Entronizamento | Tibetano/Wylie | Pinyin tibetano/Chinés | Escrituras alternativas | Lugar de nacemento[8] | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Gendun Drup | 1391–1474 | – | N/A[9] | དགེ་འདུན་འགྲུབ་ dge 'dun 'grub |
Gêdün Chub 根敦朱巴 |
Gedun Drub Gedün Drup |
Shabtod (U-tsang) | |
2 | Gendun Gyatso | 1475–1542 | – | N/A[9] | དགེ་འདུན་རྒྱ་མཚོ་ dge 'dun rgya mtsho |
Gêdün Gyaco 根敦嘉措 |
Gedün Gyatso Gendün Gyatso |
Tanag Segme (U-tsang) | |
3 | Sonam Gyatso | 1543–1588 | ? | 1578 | བསོད་ནམས་རྒྱ་མཚོ་ bsod nams rgya mtsho |
Soinam Gyaco 索南嘉措 |
Sönam Gyatso | Tolung (U-tsang) | |
4 | Yonten Gyatso | 1589–1617 | ? | 1603 | ཡོན་ཏན་རྒྱ་མཚོ་ yon tan rgya mtsho |
Yoindain Gyaco 雲丹嘉措 |
Yontan Gyatso, Yönden Gyatso | Mongolia | |
5 | Ngawang Lobsang Gyatso | 1617–1682 | 1618 | 1622 | བློ་བཟང་རྒྱ་མཚོ་ blo bzang rgya mtsho |
Lobsang Gyaco 羅桑嘉措 |
Lobzang Gyatso Lopsang Gyatso |
Chingwar Taktse (U-tsang) | |
6 | Tsangyang Gyatso | 1682–1706 | 1688 | 1697 | ཚངས་དབྱངས་རྒྱ་མཚོ་ tshang dbyangs rgya mtsho |
Cangyang Gyaco 倉央嘉措 |
Tsañyang Gyatso |
Mon Tawang, India | |
7 | Kelzang Gyatso | 1708–1757 | ? | 1720 | བསྐལ་བཟང་རྒྱ་མཚོ་ bskal bzang rgya mtsho |
Gaisang Gyaco 格桑嘉措 |
Kelsang Gyatso Kalsang Gyatso |
Lithang (Kham) | |
8 | Jamphel Gyatso | 1758–1804 | 1760 | 1762 | བྱམས་སྤེལ་རྒྱ་མཚོ་ byams spel rgya mtsho |
Qambê Gyaco 強白嘉措 |
Jampel Gyatso Jampal Gyatso |
Thobgyal (U-tsang) | |
9 | Lungtok Gyatso | 1805–1815 | 1807 | 1808 | ལུང་རྟོགས་རྒྱ་མཚོ་ lung rtogs rgya mtsho |
Lungdog Gyaco 隆朵嘉措 |
Lungtog Gyatso | Dan Chokhor (Kham) | |
10 | Tsultrim Gyatso | 1816–1837 | 1822 | 1822 | ཚུལ་ཁྲིམས་རྒྱ་མཚོ་ tshul khrim rgya mtsho |
Cüchim Gyaco 楚臣嘉措 |
Tshültrim Gyatso | Lithang (Kham) | |
11 | Khedrup Gyatso | 1838–1856 | 1841 | 1842 | མཁས་གྲུབ་རྒྱ་མཚོ་ mkhas grub rgya mtsho |
Kaichub Gyaco 凱珠嘉措 |
Kedrub Gyatso | Gathar (Kham) | |
12 | Trinley Gyatso | 1856–1875 | 1858 | 1860 | འཕྲིན་ལས་རྒྱ་མཚོ་ 'phrin las rgya mtsho |
Chinlai Gyaco 成烈嘉措 |
Trinle Gyatso | Lhoka (U-tsang) | |
13 | Thubten Gyatso | 1876–1933 | 1878 | 1879 | ཐུབ་བསྟན་རྒྱ་མཚོ་ thub bstan rgya mtsho |
Tubdain Gyaco 土登嘉措 |
Thubtan Gyatso Thupten Gyatso |
Dagpo Langdun (U-tsang) | |
14 | Tenzin Gyatso | nado en 1935 | 1937 | 1950 (actualmente no exilio) |
བསྟན་འཛིན་རྒྱ་མཚོ་ bstan 'dzin rgya mtsho |
Dainzin Gyaco 丹增嘉措 |
Tenzing Gyatso | Taktser, Kumbum (Amdo) |
Tamén houbo un Dalai Lama non recoñecido, Ngawang Yeshey Gyatso, declarado o 28 de xuño de 1707, cando contaba con 25 anos de idade, por Lha-bzang Khan como o "verdadeiro" 6º Dalai Lama – porén, nunca foi aceptado como tal pola maior parte da poboación.[10][11][12]
Futuro da posición
Tradicionalmente, o Dalai Lama foi o líder espiritual e temporal do Tíbet; Tenzin Gyatso, actualmente no exilio, tras a ocupación e anexión forzada por parte da China maoísta, abandonou a preeminencia política tradicional, e creou un Ministro presidente do Kashag (gabinete), elixido por sufraxio universal. Tamén indicou que a institución podería ser abolida no futuro e que o próximo Dalai Lama se podería atopar fóra do Tíbet ou ser unha muller[13]. O goberno chinés reclámase como o único autorizado para escoller o vindeiro Dalai Lama.[14]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Dictionary.com (ed.). "Define Dalai lama". Consultado o 12 de marzo de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 Oxford Dictionaries (ed.). "Definition of Dalai Lama in English". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2013. Consultado o 2 de maio de 2015.
- ↑ Dr Alexander Berzin (novembro de 2014). Berzin Archives, ed. "Special Features of the Gelug Tradition - para. on Administration". Consultado o 8 de maio de 2015.
- ↑ Schaik, Sam van. Tibet: A History. Yale University Press 2011, page 129, "Gelug: the newest of the schools of Tibetan Buddhism".
- ↑ Peter Popham (29 de xaneiro de 2015). Newsweek magazine, ed. "Relentless: The Dalai Lama's Heart of Steel".
- ↑ "lama" da Encyclopædia Britannica
- ↑ Smith, Warren W. Jr. (1997). HarperCollins, ed. Tibetan Nation: A History of Tibetan Nationalism and Sino-Tibetan Relations. Nova Deli. pp. 107–149. ISBN 0813331552.
- ↑ 8,0 8,1 "The Dalai Lamas - HH The 14th Dalai Lama of Tibet". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2014. Consultado o 23 de abril de 2014.
- ↑ 9,0 9,1 The title "Dalai Lama" was conferred posthumously to the 1st and 2nd Dalai Lamas.
- ↑ Stein (1972), p. 85.
- ↑ Chapman, F. Spencer. (1940). Lhasa: The Holy City, p. 127. Readers Union Ltd. London.
- ↑ Mullin 2001, p. 276
- ↑ "Next Dalai Lama May Be Female", artigo en Newser (en inglés).
- ↑ "Chinese Government: We Will Choose Next Dalai Lama" Arquivado 31 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. from Tricycle: The Buddhist Review (en inglés)
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Tibet.com Arquivado 06 de novembro de 2015 en Wayback Machine.: Goberno tibetano no Exilio, en inglés.
- Dalailama.com: Páxina oficial do Dalai Lama.