Circuíto urbano de Bakú
Circuíto urbano de Bakú | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Inauguración | 2016 |
Outros nomes | |
Carreiras | F1, GP2 |
Localización | Bakú, Acerbaixán |
Capacidade | 18.500[1][2] espectadores |
Lonxitude | 6´003 km |
Curvas | 20 |
Volta rápida (2019) | 1:43.009 |
Piloto récord | Charles Leclerc |
Escudería récord | Ferrari |
Coordenadas | |
Vista do Circuíto | |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
O Circuíto urbano de Bakú[3] (azarí: Bakı Şəhər Halqası) é un circuíto de carreira en Bakú, Acerbaixán que se construíu preto do Baku Boulevard.[4] Foi a sede do Gran Premio de Europa de Bakú de 2016.
Historia
Desenvolvemento
En decembro de 2013, o Presidente e CEO da Fórmula 1 Bernie Ecclestone suxeriu que a carreira se disputaría en 2016 pero máis tarde dixo que debido a que os organizadores do Gran Premio de Corea estaban incumprindo o contrato, se trasladaba a 2015.[5][6][7] pero, en xullo de 2014 anunciouse que o debut da carreira se atrasaría ata 2016.[8]
Deseño
Os seis quilómetros do circuíto, que se corre en sentido anti horario foi deseñado polo arquitecto de circuítos Hermann Tilke.[9]
O trazado ten como característica principal unha recta final de 2.200 metros, na que os monoprazas alcanzarán unha velocidade de 340 quilómetros por hora, a máis alta en circuítos urbanos da historia.
A pista urbana comeza xunto a Praza Azadliq facendo un bucle con catro curvas de 90 grados, ao redor da Casa de Goberno antes de dirixirse cara ao oeste ata a Torre Maiden, segue cunha subida á parte vella da cidade polo seu recinto amurallado con varias curvas estreitas, e culmina nunha baixada cara ao paseo marítimo xunto ao Mar Caspio que leva á rapidísima recta de meta de 2.200 metros ao longo de Avenida Neftchilar para volver de novo á liña de saída.[8][10]
Prevese[cando?] que o circuíto sexa o circuíto urbano máis rápido do mundo[11] e o segundo circuíto máis longo do calendario actual da F1 detrás do circuíto de Spa-Francorchamps en Bélxica, que actualmente é o circuíto máis longo do calendario. As simulacións iniciais estimaron os tempos de volta en 1 minuto 57 segundos durante a carreira de Fórmula Un.[12][13]
Características
- Capacidade espectadores: 18.500
- Lonxitude do circuíto: 6,006 quilómetros.
- Distancia da carreira de Fórmula 1: 51 voltas = 306´153 quilómetros. 20 curvas en total (12 esquerda, 8 dereita).
- Recta máis longa: 2,1 km
- Configuración aerodinámica: / . Velocidade máxima estimada 378 km/h con DRS, km/h sen DRS
- Zonas DRS: dúas, entrando nas curvas 1 e 3
- Aceleración a fondo: 56% do tempo de volta.
- Tempo de freado: % do tempo da volta.
- Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
- Consumo de combustible: 2´1 kg por volta.
- Cambio de marchas por volta: 62 / 3.162 por carreira
- Número de zonas de freado:
- Desgaste dos freos: medio
- Desgaste dos pneumáticos:
- Distancia dos Boxes:
- Perda de tempo nunha parada en boxes:
- Tempo total necesario para a parada en boxes: segundos (media)
- Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): segundos.
- Marca volta: 1:43.009 Charles Leclerc, Ferrari, 2019
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto urbano de Bakú
Nº | Ano | Piloto | Construtor | Motor | Pneu. | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2016 | Nico Rosberg | Mercedes | Mercedes | P | 1:32:52,366 h | 6,003 km | 51 | 197,721 km/h | 19. xuño | Europa |
2 | 2017 | Daniel Ricciardo | Red Bull | Renault (TAG Heuer) | P | 2:03:55,573 h | 6,003 km | 51 | 148,176 km/h | 25. xuño | Acerbaixán |
3 | 2018 | Lewis Hamilton | Mercedes | Mercedes | P | 1:43:44,291 h | 6,003 km | 51 | 177,012 km/h | 29. abril | |
4 | 2019 | Valtteri Bottas | Mercedes | Mercedes | P | 1:31:52,942 h | 6,003 km | 51 | 199,853 km/h | 28. abril | |
- | 2020 | cancelada debido á Pandemia de COVID-19[14] | |||||||||
5 | 2021 | Sergio Pérez | Red Bull | Honda | P | 2:13:36.410 h | 6,003 km | 51 | 137,907 km/h | 6. xuño | |
6 | 2022 | Max Verstappen | Red Bull | RBPT | P | 1:34:05.941 h | 6,003 km | 51 | 195,293 km/h | 12. xuño | |
7 | 2023 | Sergio Pérez | Red Bull | Honda RBPT | P | 1:32:42.436 h | 6,003 km | 51 | 198´074 km/h | 30. abril | |
8 | 2024 | Oscar Piastri | McLaren | Mercedes | P | h | 6,003 km | 51 | km/h | 15. setembro |
Véxase tamén
Notas
- ↑ Rencken, Dieter; Barretto, Lawrence. "Baku F1 organisers close to submitting track layout to FIA". autosport.com. Consultado o 17 de xuño de 2016.
- ↑ "On F1 ticket sale Azerbaijan earned only 2% of racing costs in Baku center". abc.az. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 17 de xuño de 2016.
- ↑ Orujova, Nigar (30 de outubro de 2015). "Baku City Circuit unveils logo". Azernews. Consultado o 7 de novembro de 2015.
- ↑ www.auto123.com (ed.). "F1: Bernie Ecclestone confirms Azerbaijan to replace axed Korea". Consultado o 9 de maio de 2014.
- ↑ Prince, Max. "Korea out, Azerbaijan in for 2015 Formula 1 calendar". www.roadandtrack.com. Consultado o 9 de maio de 2014.
- ↑ Smith, Luke. "Azerbaijan set to welcome Formula 1 in 2015; Korea scrapped". motorsportstalk.nbcsports.com. NBC. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2014. Consultado o 8 de maio de 2014.
- ↑ Sylt, Christian. "Exclusive: Korean GP dropped to make way for race in Azerbaijan". www.independent.co.uk. The Independent. Consultado o 8 de maio de 2014.
- ↑ 8,0 8,1 "Formula 1 – Azerbaijan Grand Prix debut delayed until 2016". uk.eurosport.yahoo.com. Reuters. Consultado o 25 de xullo de 2014.
- ↑ "Azerbaijan layout unveiled for Baku European Grand Prix in 2016". formula1.com (Formula One Administration). 8 de outubro de 2014. Consultado o 9 de outubro de 2014.
- ↑ Азад Рагимов рассказал о примерной трассе бакинского этапа Формулы-1 [Azad Ragimov told about approximate track of Baku Formula 1 race] (en Russian). Consultado o 25 de xullo de 2014.
- ↑ "Baku will be the world's fastest street track — Tilke". autosport.com (Haymarket Publications). 24 de marzo de 2016. Consultado o 25 de marzo de 2016.
- ↑ Collantine, Keith. "Baku: Slow lap, high top speed – and very narrow". f1fanatic.co.uk. Consultado o 14 de xuño de 2016.
- ↑ "Baku will be 'world's fastest' street circuit". formula1.com. Consultado o 14 de xuño de 2016.
- ↑ https://www.motorsport-total.com/formel-1/news/formel-1-2020-baku-singapur-und-suzuka-offiziell-abgesagt-20061203
Ligazóns externas
- Páxina oficial (en inglés) (en azarí) (en ruso)