Saltar ao contido

Amnesia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.

A amnesia é a perda de memoria que pode ser total ou parcial, constante ou episódica, temporal ou permanente dependendo das causas.

Causas

Pode ser causada por diversas razóns, entre elas:

A amnesia en xeral só ocorre cando algunha desas posíbeis causas lesiona áreas como o hipocampo e as súas áreas adxacentes, no neocórtex ou no lobo temporal medial. Lesións en áreas distintas producen efectos distintos.[1]

Algúns analxésicos e benzodiazepínicos (remedios para a ansiedade) dificultan a formación de lembranzas mentres están activos, por iso os pacientes poden esquecer o período en que estiveron sedados.[2]

Clasificación

A amnesia pode ser clasificada en dous tipos, anterógrada e retrógrada.

Amnesia anterógrada

É a perda de memoria para eventos que ocorren posteriormente ao acontecemento da doenza, ou sexa, é a deficiencia en formar novas lembranzas, como ocorre no Alzheimer.

Amnesia retrógrada

Nestoutra forma de amnesia ocorre o inverso da amnesia anterógrada, porque a persoa consegue lembrar eventos posteriores ao trauma, mais non consegue lembrar de eventos anteriores á doenza ou trauma.

Tipos de amnesia

Preto do 40% das persoas con idade por enriba de 65 anos teñen algún tipo de problema de memoria, e a prevalencia aumenta rapidamente co aumento da idade.[3]

Existen varios tipos de amnesia. Algúns deles son:

Amnesia global transitoria

Nesa situcaión a amnesia dura algunhas horas, non superando un día, e a recuperación é completa. O individuo ten comportamento normal, porén non retén ningunha información durante o episodio, ou sexa, ten amnesia anterógrada completa, permanecendo unha lagoa na memoria desa persoa despois da recuperación. A causa dese problema non está aínda totalmente esclarecida, parecendo estar ligada á isquemia transitoria afectando as partes internas do lobo temporal. Esa patoloxía ten curso benigno, sendo excepcional un segundo episodio.

Amnesia psicoxénica

A amnesia psicoxénica é unha amnesia temporal que ocorre debido a traumas psicolóxicos e pode ser tanto anterógrada como retrógrada; a memoria case sempre volve días despois do comezo da amnesia, en raros casos, o paciente perde a memoria dalgúns "fragmentos" da súa vida permanentemente. Nalgúns casos, fotos e figuras ou até mesmo ilustracións poden axudar a que o paciente lembre certos feitos, ou até mesmo evitar a súa perda.

Síndrome de Korsakoff

A síndrome de Korsakoff é unha encefalopatía e é un tipo de amnesia grave, a principal causa é o alcoholismo, o que causa a falta de vitamina B1 (tiamina) no cerebro, e ese é o motivo polo cal ocorre a síndrome; os seus síntomas poden ser a incapacidade de reter novos acontecementos na memoria. Por exemplo, a persoa consegue facer exercicios que aprendera antes da doenza mais non conseguen aprender a facer ningún exercicio novo. Cando é causada polo alcoholismo, os seus sí­ntomas son basicamente neurolóxicos (movementos descoordenados, perda de sensación dos dedos das mans e dos pés).

Amnésia alcohólica

Nese tipo a persoa presenta amnesia sen a perda da conciencia. A persoa alcoholizada conversa e pode facer exercicios físicos normalmente, mais cando o efecto da bebida alcohólica pasar non se lembrará nada que ocorreu durante o momento en que esta persoa estaba alcoholizada. Ese tipo de amnesia ocorre principalmente en persoas que beben excesivamente bebidas alcoólicas ou en persoas que beben socialmente, ou non beben e beberon bebidas alcohólicas excesivamente, esa síndrome ten efecto maior cando a persoa alcoholizada ten moita fame/sede ou bebeu rápido demais.

Diagnóstico

O hipocampo é unha das áreas do cerebro máis importantes na formación de lembranzas de longo prazo.[4]

O diagnóstico vai investigar se a perda de memoria dun evento ten causas biolóxicas como lesións, dexeneracións ou toxinas cerebrais ou causas psicolóxicas como estrés, ansiedade e depresión.[5] En caso dun trastorno disociativo un gran número de lembranzas poden ser reprimidas, xeralmente ligadas a un evento traumático.

Para iso fanse:[5]

  • Análise detallada da historia médica e mental do paciente
  • Historial familiar detallado de condicións relacionadas coa memoria, como o mal de Alzheimer e trastornos do humor
  • Preguntas sobre a frecuencia de fallos de memoria, tipos de cousas esquecidas, repetindo as mesmas frases ou preguntas na mesma conversa para examinar inconsistencias.

É importante avaliar a capacidade de funcionar profesionalmente, academicamente, de xeito cotián e en emerxencia, pois pode ser preciso designar un coidador ou internar pacientes que perdesen moita capacidade funcional.[5]

No caso de que non haxa lesións aparentes pode facerse exames para investigar niveis de hormonas da tiroide, vitamina B12 ou do funcionamento endócrino xeral. En caso de sospeita de lesión pode facerse unha tomografía computadorizada ou un eletroencefalograma ou unha anxiografía cerebral para detectar derrames. Deben usarse probas psicolóxico para verificar o impacto do disturbio na memoria.[5]

Tratamento

O tratamento depende da causa e do tipo de amnesia, xeralmente sendo tratamentos que auxilien o paciente a lidar cos disturbios na memoria. A amnesia global transitoria pode ser só temporal, non habendo secuelas ou perda permanente de memoria, mais outros tipos de amnesia (causadas por graves traumas cerebrais etc.), poden ser permanentes.

O acompañamento psicolóxico é importante para tratar causas psicoxénicas como trastorno disociativo, abuso de drogas e psicoses.

Notas

  1. Squire LR, Stark CE, Clark RE. The medial temporal lobe. Annu Rev Neurosci. 2004;27:279-306.
  2. Bulach R, Myles PS, Russnak M. Double-blind randomized controlled trial to determine extent of amnesia with midazolam given immediately before general anaesthesia. Br J Anaesth. 2005 Mar;94(3):300–5. Epub 2004 Nov 26. PMID 15567810
  3. What Is Amnesia
  4. Hipocampo
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Diagnosis of amnesia". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2021. Consultado o 11 de xullo de 2021. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Dr. Nelson Venturella Aspesi (2001). Artigo sobre Amnesia na páxina ABC da Saúde

Ligazóns externas