Saltar ao contido

Alucinóxeno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.

Os alucinóxenos son un certo tipo de drogas que causan alteracións profundas na percepción da realidade do usuario. Baixo a súa influencia, as persoas ven imaxes, escoitan sons e senten sensacións moi distintas ás propias da vixilia. Algúns alucinóxenos tamén producen oscilacións emocionais rápidas e intensas.

Son fármacos que provocan estados alterados de conciencia que afectan á percepción (alucinación) e varían a noción da propia identidade. Os seus efectos son moi variables, dependendo tanto da dose como das expectativas do suxeito e o ambiente que o arrodea durante a experiencia. Cando, por unha razón ou outra, o balance da experiencia resulta desagradable para o suxeito acostuma falarse coloquialmente de "mala viaxe".


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.