Saltar ao contido

Arquíloco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 29 de maio de 2024 ás 12:08 por Estevoaei (conversa | contribucións) (+ referencia para o nome)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:BiografíaArquíloco

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Ἀρχίλοχος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento688 a. C. Editar o valor en Wikidata
Paros, Grecia Editar o valor en Wikidata
Mortec. 645 a. C. Editar o valor en Wikidata (42/43 anos)
Naxos, Grecia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, epigramatista, escritor, poeta elexíaco Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século VII a. C. Editar o valor en Wikidata)
Xénero artísticoPoesía iámbica Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiTelesicle Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1302018 Musicbrainz: e3adf59d-b068-4e9e-aa62-4876ca8c26c6 Discogs: 706028 Editar o valor en Wikidata

Arquíloco[1] (Ἀρχίλοχος en grego antigo), nado en Paros no 712 a.C. e finado no mesmo lugar no 664 a.C.[2], foi un poeta lírico grego. A súa vida desenvolveuse ao longo da primeira metade do século VII a.C.. Os seus escritos consérvanse de forma fragmentada, e non existe consenso respecto das datas exactas nas que viviu e a autoría dalgunhas das obras que se lle atribúen.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi fillo dun nobre chamado Telesicles e dunha escrava chamada Enipo. Poeta e mercenario. Naceu en Paros, unha pequena illa xonia do mar Exeo, famosa polo seu mármore, e onde o culto a Deméter, relacionado coa poesía iámbica, era moi importante. Arquíloco, ademais de cantar ao deus Dioniso, está ligado á introdución do seu culto na súa illa. Participou na colonización de Tasos, en busca de territorio agrícola, unha localización moi próxima ás minas auríferas do litoral de Tracia. Arquíloco preséntase como poeta soldado, alguén que vivía da guerra mentres cultivaba a poesía.

Son un servidor do soberano Enialio
coñecedor do amable don das Musas.
Da miña lanza depende o pan que como, da miña lanza
o viño de Ismaro. Apoiado na miña lanza bebo.

Pasou a súa vida entre as loitas políticas e as rivalidades de Paros. Segundo Critias por ese motivo arruinouse economicamente, contraeu numerosas inimizades, e empobrecido marchou a Tasos. Terminou os seus días durante a defensa de Paros na guerra contra Naxos, illa próxima.

Trala súa morte gozou en Paros de gran popularidade e erixiron no seu honor un monumento funerario (ou unha especie de templo, o Archilocheion) no que se atopou unha longa inscrición pertencente ao século -IV na que, a modo de conto popular, se explica a iniciación do poeta nos ritos dionisíacos, e a profecía que presenciou o seu pai anunciando a posterior fama do seu fillo.

Fíxose famoso na Antigüidade e pasou á posteridade como personaxe polémico a través de Plutarco. As súas obras foron igualmente polémicas, tanto polos seus ataques virulentos contra variados personaxes e a súa habilidade para crearse inimizades, como por contradicir con algúns dos seus versos os valores bélicos da época. Nietzsche cítao como o primeiro artista "subxectivo", cuxos versos, segundo este filósofo, non outorgan coñecemento, polo cal podería ser "o auténtico non artista" [3].

Un saio ostenta hoxe o brillante escudo
que abandonei a pesar meu xunto a un florecido arbusto.
Pero salvei a vida. Que me interesa ese escudo?
Peor para el. Hei conseguir un mellor[4].

Prometido con Neobula, o pai daquela, Licambes, outorgou á súa filla a alguén que supoñía un mellor partido, ao que Arquíloco respondeu con composicións ofensivas que se recollen no chamado Papiro de Colonia, no que acusaba a Neobula de ser unha muller sen moral e relataba con detalles un encontro sexual coa súa irmá máis nova. Os versos resultarían tan ferintes que, segundo a lenda, levaron ao suicidio a Licambes e ás súas fillas.

  1. "Arquíloco de Paros". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 197. 
  2. Unha biografía de Arquíloco. (en castelán)
  3. "O Nacemento da Traxedia" Cap. 5)
  4. Na táctica hoplítica o escudo servía para protexer o flanco do compañeiro máis próximo e, por honor, non debía perderse.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Lesky, Albin (2009). Historia de la literatura griega I (1ª ed.). Madrid: Gredos. ISBN 978-84-249-0178-3. 
  • García Gual, Carlos (2004). "Arquíloco de Paros". Antología de la poesía lírica griega. Madrid: Alianza. ISBN 84-206-7228-9. 
  • Adrados, Francisco R.: Líricos griegos elegiacos y yambógrafos arcaicos. Edición bilingüe. Alma Máter. (en castelán)
  • Bonifaz Nuño, Rubén: Antología de la lírica griega. Edición bilingüe. UNAM. México. 1988. (en castelán)
  • Ferraté, Joan: Líricos griegos. El Acantilado. Barcelona. (en castelán)
  • García Gual, Carlos: Antología de la poesía lírica griega. Alianza Editorial. Madrid. (en castelán)
  • Rodríguez Tobal, Juan Manuel: El ala y la cigarra. Fragmentos de la poesía arcaica griega no épica. Edición bilingüe. Hiperión. Madrid. 2005. (en castelán)
  • Suárez de la Torre, Emilio: Antología de la lírica griega arcaica. Cátedra. Madrid. (en castelán)
  • Suárez de la Torre, Emilio: Yambógrafos griegos. Gredos. Madrid. (en castelán)

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Textos de Arquíloco: