Lev Iashin
Lev Ivanovich Iashin (en ruso: Лев Иванович Яшин), nado o 22 de outubro de 1929 e finado o 20 de marzo de 1990, foi un porteiro soviético de fútbol, considerado por moitos o mellor porteiro da historia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Moscova (URSS) o 22 de outubro de 1929, toda a súa carreira transcorreu no Dinamo de Moscova, chegando a xogar 22 temporadas, entre os anos 1948 e 1970. Así mesmo foi titular indiscutible na selección nacional da Unión Soviética entre os anos 1954 e 1967 xogando 78 encontros.
Comezou sendo porteiro de hóckey sobre xeo no equipo da fábrica de ferramentas na que traballaba, pero aos 17 anos debeu substituír o porteiro do equipo de fútbol, dando alí os seus primeiros pasos neste deporte. En 1949 ingresou no Dínamo de Moscova equipo fundado no exército soviético, club no que desenvolveu toda a súa carreira, gañando cinco Ligas rusas e tres Copas.
Nos seus inicios no Dinamo estaba como terceiro porteiro, polo que ante a falta de oportunidades xogaba tamén no equipo de hóckey sobre xeo do Dinamo, co que gañou a Copa da URSS de 1953.
Entre o seu palmarés destacan os títulos de liga co Dínamo nos anos 1954, 1955, 1957, 1959 e 1963, e de copa en 1953, 1967 e 1970. A nivel internacional, logrou coa URSS a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1956 e a Eurocopa de 1960.
Retirouse no ano 1971, nun partido entre o Dínamo de Moscova e un equipo de estrelas europeas.
Durante a súa carreira foi quen de deter 150 penaltis, e a súa porta permaneceu 270 partidos a cero.
Morreu en marzo de 1990, á idade de 60 anos.
Trátase do porteiro por excelencia. Foi coñecido como a "araña negra" pola súa indumentaria e pola súa calidade. Excepcional en tódalas facetas do xogo, cuns asombrosos reflexos, magnífica colocación e poderosas saídas. Iashin é o único porteiro que gañou un Balón de Ouro (1963).
Clubs
[editar | editar a fonte]Club | País | Ano |
---|---|---|
FC Dinamo Moscova | Unión Soviética | 1949−1971 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Futbolistas olímpicos da Unión Soviética
- Futbolistas de Rusia
- Gardametas de fútbol
- Xogadores do FC Dinamo Moscova
- Xogadores da selección de fútbol da Unión Soviética
- Balón de Ouro
- Nados en Moscova
- Nados en 1929
- Finados en 1990
- Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 1960
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1958
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1962
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1966
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1970
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1956
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1956
- Medallistas olímpicos en fútbol
- Medallistas olímpicos de ouro pola Unión Soviética
- Futbolistas gañadores da Eurocopa
- Xogadores de hóckey sobre xeo da Unión Soviética
- Finados por cancro
- Heroes do Traballo Socialista