Saltar ao contido

Río Valira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 14 de marzo de 2024 ás 19:54 por Breobot (conversa | contribucións) (Reemplazos con Replacer: «cara o»)
Río Valira
PaísAndorra, España
NacementoEls Pessons
Lonxitude44 km
Conca591,6 km²
Caudal medio10,8 m³/s
DesembocaduraRío Segre (afl. Ebro)
O curso alto da conca do Valira en Andorra.
O río Valira en Encamp

O río Valira (dito la Valira ou el Valira, indistintamente en catalán) é un pequeno río pirinaico, de 44 km de lonxitude, afluente do río Segre pola dereita, que vertebra a maior parte da hidroloxía de Andorra, excepto a parte que drena o río Arièja (Ariège en francés).

Percorrido

O Valira nace no circo de Els Pessons, na parroquia de Encamp (Andorra). Logo dunha ampla curva cara ao norte e occidente, o río toma un sentido sur, dirixíndose a Andorra la Vella a capital do país, que atravesa. Pouco despois da localidade de Sant Julià de Lória, o Valira entra en Cataluña, pola provincia de Lleida, desembocando no río Segre algo máis ao sur de La Seu d'Urgell.

Afluentes

Un afluente no curso superior teñen tamén o nome de Valira, o Valira d'Ordino (dito tamén da Massana, do Nord ou ribera de Ordino) e o propio Valira é dito Valira d'Encamp (dito tamén de Orient, de Canillo ou de Soldeu). Ambos os dous únense en Escaldes-Engordany, recibindo o Valira d'Ordino pola beira dereita.

Un afluente, pola esquerda, do Valira, o río Runer, fai de fronteira entre Andorra e España.

Réxime hídrico

O réxime do Valira, un típico río curto de montaña, é de tipo nival.