Dativo
O caso dativo aplícase a substantivos e pronomes. Este caso marca normalmente o complemento indirecto, polo que serve para expresar a persoa ou cousa que recibe o dano ou proveito da acción verbal. Así que responde ás preguntas: «a quen?» ou «para quen?», formuladas ao verbo. Por exemplo: o neno escribe unha carta ao seu pai. Pero ademais existen outros usos como o de posesión, por exemplo en latín vulgar e, en menor medida, o latín clásico.
O seu nome vén do latín datiuus, do verbo dare, "dar".
O uso do dativo era común entre as primeiras linguas indoeuropeas e continúa usando en numerosas linguas como as eslavas, as bálticas e as xermánicas, entre outras. Ademais, hai linguas non indoeuropeas que tamén empregan este caso con formas similares. Por exemplo as linguas fino-húngaras, o navaho e o xaponés.
Algunhas das linguas enque se emprega ou se utilizou o dativo son:
- polaco por exemplo: "dobrej szafie" - "a bo armario".
- checo.
- feroés.
- alemán.
- grego clásico (e en ocasións grego moderno).
- húngaro.
- islandés.
- latín.
- letón.
- lituano.
- Inglés antigo.
- romanés.
- ruso.
- sánscrito.
- serbocroata.
- eslovaco.
- esloveno.
- yiddish.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Acusativo y dativo. Texto de María José Echarte Cossío. Publicado pola Revista Española de Lingüística.
- Tipología lingüística: Dativo y datividad. Artigo escrito por Karmele Rotaetxe Amusategui e publicado na Revista Española de Lingüística.