Mergo cristado
Mergo cristado | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho (diante) e femia (detrás). | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Distribución do mergo cristado
Área de cría. Área de ocupación permanente. Área de invernada. Área de migración.
|
O mergo cristado[2][3] (Mergus serrator)[4] é unha especie de ave anseriforme da familia Anatidae propia de Eurasia e Norteamérica.
Descrición
[editar | editar a fonte]Os adultos de mergo cristado miden de 52 a 58 cm de longo, cunha envergadura alar de 67 a 82 cm. Teñen un penacho de plumas bicudas e un peteiro longo e estreito vermello, coas beiras con dentes de serra. Os machos adultos teñen a cabeza negra con irisacións verdes, o pescozo branco e o dorso negro; mentres que o seu peito é castaño avermellado con pintas, teñen o ventre branco e os flancos cincentos. As ás son anegradas na súa maior parte, coas plumas secundarias brancas. As femias adultas teñen a cabeza e o pescozo de cor castaña avermellada e o resto do corpo agrisado, agás o ventre e as plumas secundarias das ás, que son brancos. Os xuvenís son similares ás femias, pero teñen a mancha branca das ás de menor tamaño.
Taxonomía e etimoloxía
[editar | editar a fonte]A especie describiuna cientificamente Carl von Linné en 1758 na décima edición da súa obra Systema naturae, co seu nome científico actual, Mergus serrator.[5] A pesar da súa ampla distribución é unha especie monotípica, é dicir, non se recoñecen subespecies diferenciadas.[6]
A etimoloxía do xénero, Mergus, procede do verbo latino mergere que significa 'mergullarse'.[7] O seu nome específico, serrator, tamén procede do latín e significa 'serrador',[8] polo seu peteiro con dentes de serra.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]É unha ave de distribución holártica, que cría no norte de Eurasia e Norteamérica. Trala época de cría migra ao sur cara ás zonas costeiras temperadas do Atlántico e Pacífico de ambos os continentes. Tamén é invernante en Europa central e Mediterráneo. En América baixa ata o sur de Florida, En Asia ata o sur da China e en Europa chega ata o norte da Península Ibérica (en Galicia é un invernante regular) e Grecia. En Islandia, as illas británicas, o sur de Escandinavia e as costas meridionais de Alasca está presente todo o ano.
Comportamento
[editar | editar a fonte]Son mergulladores e comen peixes pequenos principalmente, mais tamén insectos acuáticos, crustáceos e ras.
É un voador potente que en voo horizontal alcanza os 129 km/h.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Texto en Avibase. Consultado o 26 de febreiro de 2015.
- ↑ Caroli Linnæi. Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classses, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis Editio decima reformata 1758, Holmiæ, Impensis direct. Laurentii Salvii (Salvius publ.) p. 129.
- ↑ Frank Gill y David Donsker. Screamers, ducks, geese & swans. IOC World Bird List versión 5.1.
- ↑ Mergus Arquivado 17 de agosto de 2019 en Wayback Machine. en Myetymology.
- ↑ Leslie Day. Field Guide to the Natural World of New York City. JHU Press, 2013 ISBN 1421411490
- ↑ Mergus serrator en Speed of animals.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Mergo cristado |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mergo cristado |